Habitat Grup Baix Emporda

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

O Santuario da Virxe da Barca

Escudo de Muxía

O concello de Muxía está situado no noroeste da provincia da CORUÑA, estando integrado na Comarca de Fisterra situada na rexión denominada "Costa da Morte".

onta cunha extensión de 121 Km2 e cunha poboación de 6.200 habitantes distribuída nun total de 14 parroquias: Bardulllas, Buiturón, Caberta, Coucieiro, Frixe, Leis, Moraime, Morquintián, Muxía, Nemiña, A O, Ozón, Touriñán e Vilastose. Os seus límites son: ó norte, a ría de Muxía-Camariñas; ó sur o río Castro; ó leste os concellos de Dumbría e Vimianzo e ó oeste o Océano Atlántico. 

O SANTUARIO DA VIRXE DA BARCA


Vila de MuxíaA Virxe da Barca ou Nosa Señora da Barca, como se coñece popularmente, ten o seu santuario na punta de Muxía, na parroquia do mesmo nome deste concello. A súa romaría celébrase o domingo seguinte ó 8 de setembro, cunha segunda celebración o día de San Miguel (29 de setembro).

Conta a lenda que cando Santiago predicaba o evanxeo por aquelas terras, nun momento de soidade e desacougo polo pouco éxito da súa predicación, recibiu a visita da Virxe nunha barca de pedra remada por anxos, que lle infundiu folgos ó apóstolo para continua-lo seu labor evanxelizador. 

Como proba da súa desaparición, a barca da Virxe quedou plasmada nas rochas. Posteriormente a imaxe da Virxe foi descuberta debaixo do temón da barca e trasladada á igrexa parroquial, pero, inexplicablemente, volveu aparecer no seu sitio orixinal. 

Ante este milagroso feito, os habitantes de Muxía decidiron construír un santuario para honra-la Virxe.

A Virxe da Barca non é coñecida por curar nin protexer contra ningún mal en especial. Pódese dicir que ten prestixio e popularidade porque concede todo aquel favor que se lle pida con fe. Neste santuario encóntranse as dúas famosas pedras de culto no pasado pagán e que posteriormente fora cristianizado: as chamadas pedra de Abalar e a pedra dos Cadrís. Estes son os vestixios da barca de pedra na que fixo a súa aparición a Virxe. Tamén se atopa outra pedra: a pedra dos Namorados.

Este culto ás pedras, moi frecuente en Galicia, probablemente teña a súa orixe na época prehistórica e parece ser que foron os monxes de Muxía os encargados da súa cristianización.

Pedra dos CadrisA Pedra dos Cadrís:   é de visita obrigada para todos aqueles que padezan problemas reumáticos. Forma parte do conxunto pétreo do santuario da Virxe da Barca e está moi preto da Pedra de Abalar. A tradición atribúelle o poder de cura-la reuma e as dores de cadrís, pasando por baixo dela nove veces. Na lenda mariano-xacobea sería a vela da barca na que chegou a Virxe. Preto dela está a 'Pedra do Timón', o que sería o timón desa barca.

A Pedra de Abalar : Trátase da pedra máis famosa de toda Galicia e a máis cantada no noso folclore (e non só por galegos: o mesmo García Lorca tamén a eloxiou). Mide case 9 metros de longo e uns 30 cms. de grosor, aínda que tronzou e foi desprazada por unha tormenta no ano 1978. 

Ó moverse produce un son misterioso. A tradición atribúelle múltiples e variados poderes: "só soa se os que a intentan mover están libres de pecado"... e o feito que produza un son é proba da inocencia diante dunha acusación, a virxindade ou a fidelidade. Cando produce un son ela soa é para avisar dun naufraxio ou para previr dunha desgracia. A lenda mariano-xacobea fala dunha barca de pedra e o seu casco sería esta rocha. 

A Pedra dos Namorados: das pedras da Barca que enlazan coa tradición popular é a única que non o fai tamén coa lenda mariana.  Está moi preto da 'Pedra dos Cadrís', ten unha forma de asentadoiro cun grande respaldo onde as parellas prométense amor e fidelidade. O nome ten a súa lóxica: é bastante frecuente o vento do nordeste por esta zona e esta pedra abriga o asentadoiro dándolle intimidade e protección.


A ROMARÍA DA BARCA


A Romaría da Barca de Muxía é unha antiga celebración de culto (a súa antigüidade vai parella á data da fundación da Santuario da Barcaprimeira capela cara o século XI ou XII) que segue aínda nos nosos días congregando a unha cantidade moi grande de fregueses vidos de tódalas partes de Galicia e incluso de fóra que acoden ó Santuario da Barca a abala-la Pedra de Abalar e pasar por debaixo da Pedra dos Cadrís, das que se pensa, teñen propiedades curativas e que chaman á solidariedade da xente.

A Romaría da Barca celébrase o segundo domingo de Setembro, agás cando este segundo domingo é o día oito, que entón pasa ó seguinte, isto é, ó quince; por iso existe o seguinte dito: "a romaría da Barca non baixa do nove nin sobe do quince" (referíndose ó domingo da Barca).

Son sonadas as romarías, principalmente a da Barca, declarada de interese turístico, que se celebra na honra da Virxe da Barca o segundo venres, sábado, domingo e luns do mes de setembro, e xunta a milleiros de persoas que veñen tanto guiados pola súa fe. O punto culminante da romaría é a procesión do domingo, que percorre varias rúas, camiño da igrexa de Santa María, onde se acolle á Virxe ata o día seguinte, xunto co constante e variado desfile de romeiros. 

Esta romaría constitúe unha das festas máis grandes de Galicia.

 

 

Mónica Beatriz Suárez Groba

- Bibliografía consultada:    "Lendas de Galicia e outros temas narrativos", Chao Espina; "Conociendo a Galicia", Xosé María Manteiga.

 

 

VER MÁIS TEMAS DA NOSA CULTURA: ENTRA AQUÍ