Habitat Grup Baix Emporda

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

O navío Santa Liberdade

O día que o comandante da Sexta Flota Norteamericán
se cadrou para escoitar o himno galego

Afiche do filme Santa Liberdade, de Margarita Ledo AndiónMargarita Ledo Andión súmase a Xan Pérez Leira na construción documental da historia que se estudará no futuro, engadindo a súa película Santa Liberdade á lista de documentais que rescatan figuras e epopeias do fociño da censura.

Perfectamente agachado ata agora, este feito histórico dende que se produciu no ano 1961 é pouco lembrado, a pesar de ser unha epopeia de liberdade..

Como David contra Goliat un grupo de galegos e portugueses, coa intención de facer coñecer o mundo que os Aliados "esqueceron" as dictaduras ibéricas ( Franco foi aliado de Hitler ) tomaron o navío Santa María que facía o traxecto de Galicia a Venezuela.

Con armas prestadas e cuns poucos cartos para conseguir algunhas pasaxes ( outros entraron de polisóns ) o grupo entre o que se contaba o celanovés Xosé Velo tomou o buque e renomeouno Santa Liberdade, en protesta polas ditaduras de Franco en España e Salazar en Portugal.

Este feito tivo en vilo a opinión mundial poñendo en un brete ao mesmo Kennedy, que mandou a Sexta Flota Nortemericana a interceptar o barco. Cos seus canóns desenfundados pronto tiveron que decatarse que nada tiñan que temer e o comandante americano rematou cadrado quince minutos facendo a veña mentres escoitaba os himnos galego, portugués e ata o da República.

A aventura remata co asilo político en Brasil, na cidade de Recife.

Tres membros do comando do DRIL ( Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación ) reencóntranse para contarnos como foi o caso.

Quen queira entender o tempo que vivimos, como Occidente mutou da democracia ao fascismo sendo cómplice de Franco, ten que ter en conta este feito histórico e esta película, que como Xosé Velo e os seus compañeros logrou bulrar a censura da súa época.

Esceas do filme Santa Liberdade