Lendas galegas
A sección de Manuel Rivas Álvarez
Do mesmo modo que Castroforte del Baralla, pobo imaxinario onde acontecía a historia da novela de Torrente Ballester La saga/fuga de JB, Galicia ten una doble existencia cultural.
Por unha banda, é a comunidade autónoma española na que menos se lé (segundo o baremo da UNESCO, o noso país sería culturalmente tercermundista) pese a producir un número elevadísimo de escritores de primeiro nivel (de Castelao a Curros Enríquez; de Rosalía a Suso de Toro; de Ánxel Fole a Álvaro Cunqueiro) incluíndo ó Nobel Camilo José Cela.
Do outro lado, temos a parte "inexistente", a non palpable, a que, como o pobo de Torrente, non aparece nin nos mapas da súa propia rexión: é o mundo da tradición oral.
Ata hai ben poucos anos, Galicia era un país fundamentalmente agrícola, analfabeto e, sobre todo, tecnolóxicamente atrasado. Neste mundo casi medieval, tódo-los coñecementos, noticias, ensinanzas e historias transmitíanse oralmente. Tanto é así que ata onte mesmo, nas lareiras todavía podían escoitarse historias de meigas e lobishomes, cantigas, lendas de mouros e xigantes... e, como non, da Santa Compaña.
Agora todo esto estase a perder a causa das novas tecnoloxías, da morte dos nosos maiores e, sobre todo, da indeferencia dos máis novos.
LENDAS GALEGAS