HISTORIA DA LINGUA E LITERATURA GALEGAS
NACEMENTO
O documento literario máis antigo dos coñecidos na actualidade é a cantiga
satirica "Ora faz ost'o senhor de Navarra" de Joam Soares de Pavia, escrita
contra o ano 1200. Dos comezos do século XIII datan os primeiros documentos non
literarios en galego, a Noticia de Torto (1211) e o Testamento de Afonso II de
Portugal (1214), mostras da prosa tabeliónica medieval.
Galicia constitúe xa desde o século VlII unha unidade política cos reinos de
Asturias e León; isto non impide que chege a acadar unha certa autonomía que lle
permitiu conformarse como reino independente en determinados momentos dos
séculos X, XI e XII.
Neste contexto o galego é a língua exclusiva no uso oral, cunha competencia
minguante do latín na escrita. Ha se-la presión deste monolingüismo oral o que
leve no século XIII a unha situación de cooficialidade entre o galego e o latín
nos documentos notariais, bandos, preitos, etc., aínda que o latín segue a
posuí-lo status de língua universal de cultura.
Esta
é a etapa de maior esplendor da literatura galega. O galego convértese na língua
por excelencia da lírica en case toda a Península. Propiamente debemos falar de
lírica galego-portuguesa, posto que ata mediados do século XIV as dúas línguas
forman un tronco común.
O galego atinxe agora o rango de língua internacional, xa que está presente
tanto na obra de literatos de diversos países (galegos, portugueses, casteláns,
occitanos, sicilianos, etc.), coma en diferentes cortes reais e señoriais
(Santiago, Toledo, Coímbra, Lisboa...).
As Cantigas de Santa María, composicións feitas en loanza da Virxe, son a mostra
da vertente relixiosa desta lírica galego-portuguesa e constitúen o corpus de
poesía mariana medieval máis relevante de toda a Península. Foron compostas na
corte de Afonso X o Sabio, quen se encargou da dirección e, en ocasións, da
propia elaboración. Exemplifican o prestixio acadado polo idioma galego como
língua literaria a finais do século XIII.
En comparanza coa lírica, a prosa literaria medieval en galego é escasa e
tardía. Cómpre ter en conta que os centros culturais da época eran os mosteiros
e escolas monacais, nos que imperaba o uso do latín eclesiástico. Aínda así, a
partir de finais do XIII, e máis significativamente nos séculos XIV-XV, os temas
de maior difusión na Europa medieval recóllense en língua galega. Mostra disto
son os relatos do ciclo bretón en torno á figura do rei Artur; os textos
referentes á historia e destrucción de Troia, como a Historia Troiana e a
Crónica Troiana; e os Miragres de Santiago, conxunto de relatos que contan desde
a destrucción de Xecusalén ata a milagrosa intervención do Apóstolo en
diferentes situacións. Nesta época inclúense algúns textos dentro da producción
de prosa galega que son traduccións ou translacións doutras línguas con
elaboración propia: Crónica Xeral Galega, General Estoria, Crónica Galega de
1404 e Crónica de Santa María de Iria.
Desde
o século IX a língua falada no extremo noroccidental da Península estaba tan
diferenciada do latín, que podemos considera-la existencia de dúas línguas:
latín e galego.
Sen embargo non aparecerán textos escritos en galego ata finais do século Xll, xa que o latin continuaba a se-la língua de cultura dos documentos legais, da liturxia e do ensino, non só na Gallaecia, senón en toda a Europa medieval.
OS SÉCULOS ESCUROS
Ó final desta etapa medieval (s. XIV-XV), a máis gloriosa das nosas letras, o idioma e a literatura galega entran nun período de decadencia.
Diversos foron os factores que provocaron este progresivo declive;entre eles
cabe salientar: o asentamento no noso país dunha nobreza estranxeira,
Intransixente coa cultura e coa língua de Galicia, que vén substituír a unha
nobreza galega derrotada tras apoia-los perdedores nas loitas dinásticas pola
coroa de Castela, Pedro I e máis tarde(1475-1479) Xoana a Beltranexa; a ausencia
dunha burquesía capaz de defende-los seus intereses e os do país; a diminución
da poLoación; a perda de autonomía da Igrexa galega, etc.
Estes feitos e a crecente política centralista e intervencionista de Castela,
afianzan gravemente o proceso desgaleguizador nas clases altas da sociedade e
impiden a consolidación do galego como língua literaria. Neste sistema
centralizador aparece, xunto ó concepto de "Estado nacional", a necesidade de
uniformización lingüística como factor de cohosión da nova estructura política.
Neste contexto político, a língua galega, durante o longo penodo de tres séculos
—XVI, XVII e XV111, denominados
SÉCULOS ESCUROS— estivo ausente dos usos escritos. En contraste con esta
situación, outras variedades europeas, entre elas o castelán e o portugués,
entran nun proceso de fixación e codificación, que lles confire a categoria de
línguas de cultura. A pesar deste progresivo desprestixio, o galego segue a
se-la vía normal de comunicación de case a totalidade da poboación.
O exclusivo uso oral carrexou a dialectalización e a fragmentación do idioma e,
xa que logo, a súa consideración como língua aliteraria, incapacitada para a
ciencia e a cultura.
A nosa literatura queda así á marxe do Renacemento e do Barroco, coincidindo
esta etapa escura das nosas letras co Século de Ouro da literatura castelá. Así
e todo posuímos algunhas cartas, documentos e escasas mostras literarias que nos
dan unha mostra da língua da época. Paralelamente a este baleiro de literatura
erudita, pervive a vea da lírica popular en forma de cantigas de berce, de cego,
entroidos, adiviñas, lendas, romances, contos, farsas, etc. Moitos deles
chegaron ata hoxe por transmisión oral.
DOS PRECURSORES Ó REXURDIMENTO
No século XVIII, xorden as voces de denuncia dos chamados "ilustrados", que
demostran a súa inquedanza polo subdesenvolvemento de Galicia e ofrecen
propostas renovadoras da vida económica, social e cultural. Créanse organismos
como as Sociedades Económicas de Amigos do País e a Academia de Agricultura do
Reino de Galicia.
Entre este minoritario grupo de intelectuais, despunta con forza a figura do
Padre Frei Martín Sarmiento, personaxe polifacético (naturalista, linguista,
bibliófilo...) que defendeu o uso do galego no ensino, na Administración e na
Igrexa, isto é, a súa normalización como língua propia dos galegos.
Participan
tamén o Padre Feixoo, primeiro en rexeita-la condición de "dialecto" para o
galego, e o Padre Sobreira, continuador do labor lexicográfico de Sarmiento. A
súa obra constituíu a primeira chamada de atención cara a unha problemática
lingüística que se ha manifestar en toda a súa extensión na segunda metade do
XIX. "Rexurdimento" é o nome con que se coñece o movemento de rexeneración da
nosa cultura que tivo lugar ó longo do século XIX. Este termo expresa
nitidamente o que foi unha traxectoria de recuperación non só literaria, senón
tamén cultural, política e histórica.
Participan tamén o Padre Feixoo, primeiro en rexeita-la condición de "dialecto"
para o galego, e o Padre Sobreira, continuador do labor lexicográfico de
Sarmiento. A súa obra constituíu a primeira chamada de atención cara a unha
problemática lingüística que se ha manifestar en toda a súa extensión na segunda
metade do XIX. "Rexurdimento" é o nome con que se coñece o movemento de
rexeneración da nosa cultura que tivo lugar ó longo do século XIX. Este termo
expresa nitidamente o que foi unha traxectoria de recuperación non só literaria,
senón tamén cultural, política e histórica.
A raíz da invasión francesa (1809) e dos enfrontamentos entre absolutistas e
liberais, xorden os primeiros textos escritos en galego, impresos en follas
soltas ou en xornais, con fins propagandísticas. Uns chaman o campesiñado á
defensa do país, e outros defenden as ideas liberais.
Ó longo do século, trala caída doabsolutismo e o inicio da monarquía
constitucional, nacen diversos movementos galeguistas baseados na defensa da
singularidade e da personalidade diferenciada deGalicia.
O primeiro deles, aparecido contra os anos 40, foi o Provincialismo, que
denunciaba a marxinación social do país e procuraba a valoración social da súa
arte, dos costumes e da historia. Os provincialistas víronse apartados da
política despois do seu apoio ó fracasado levantamento militar de Solís,que tivo
como consecuencia o fusilamento dos Mártires de Carral, e refuxiáronse no mundo
da cultura e da literatura.
A segunda xeración galeguista, o Rexionalismo, compaxinou cultura e política,
facendo da língua a súa preocupación primordial.
A gaita gallega (1853), de Xoán Manuel Pintos, constitúe o primeiro libro da
literatura galega contemporánea.
En 1861 celébranse na Coruña os primeiros Xogos Frorais. As composicións
premiadas, xunto con mostras da poesía contemporánea, recóllense un ano máis
tarde no Álbum de la Caridad, primeira antoloxía do Rexurdimento galego.
A
publicación en 1863 de Cantares gallegos, primeira obra escrita integramente en
galego por Rosalía de Castro, inaugura o Rexurdimento pleno.
Ó longo desta etapa publícanse na nosa língua tanto poesía como prosa, aínda que
o ano máis fructífero para a literatura galega foi sen dúbida 1880. Nesta data
saen á luz composicións dos autores de máis sona do momento: Follas novas de
Rosalía de Castro, Aires da miña terra de Curros Enríquez, e Saudades gallegas
de Lamas Carvajal. Seis anos despois aparece Queixumes dos pinos de Eduardo
Pondal.
Entre todos estes escritores, Rosalía de Castro transcende coa calidade da súa
obra as nosas fronteiras para se incorporar á historia da literatura universal.
Os seus versos teñen sido obxecto de múltiples estudios e traduccións a diversas
línguas.
Os lindes da nosa literatura vanse ampliando de vagar desde a lírica ata a
narrativa, o ensaio e a prosa didáctica.
A
consolidación da prosa galega non se produce ata o século XX, mais a finais do
XIX hai xa precedentes salientables, como Maxina ou a filla espúrea, (1880) de
Marcial Valladares, primeira novela galega contemporánea. Obra de grandesona
entre as clases populares foi O catecismo do labrego de Lamas Carvajal, obra de
crítica social en clave de humor, que coñeceu trece edicións en vida do autor.
Tal vez o mellor prosista da época foi Antonio López Ferreiro, autor de tres
importantes novelas: A tecedoira de Bonaval, O Castelo de Pambre e O niño de
Pombas.
O xénero teatral foi o menos cultivado. Desde a publicación de A casamenteira en
1812 ata a década dos oitenta non houbo actividade editorial relacionada co
teatro.
A presencia da língua galega nos xornais contribúe grandemente a prestixia-lo
idioma. No ano 1876 edítase, promovido por Valentín Lamas Carvajal, o pioneiro
dos xornais integramente en galego, O tio Marcos da Portela.
O éxito deste xornal, con marcado carácter anticaciquil, resultou espectacular.
Entre os anos 1886 e 1888 vaise consolidando o xornalismo en Galicia, coa
aparición de novas iniciativas monolingues: O Galiciano, en Pontevedra; en Lugo,
A Monteira; e As Burgas, en Ourense.
Os autores do Rexurdimento descoñecen a existencia da rica tradición lírica
medieval galega. Escriben co convencemento de que son os iniciadores do cultivo
literario do idioma. Carecen, polo tanto, dunha normativa idiomática o que os
obriga a partir dos usos orais.
Nas últimas décadas do XIX nacen as primeiras gramáticas e diccionarios da
língua galega, esenciais para a súa normalización: Compendio de gramática
gallega-castellana, de Francisco Mirás (1864); e Gramática Gallega, de Saco e
Arce, o primeiro estubio serio do idioma galego.
Unha das últimas manifestacións do Rexurdimento, xa no século XX, foi a
constitución da Real Academia Galega (1905).
Chegada a fin do século XIX constátase unha recuperación do galego como idioma literario, cultural e histórico; asemade faise patente un descenso no nivel de uso oral. A língua galega non vive aínda ucha situación normalizada e iso provoca un retroceso en medios sociais (clases altas e medias) e en ámbitos xeográficos concretos (urbanos).
O
contexto socio-político contrasta coa prolífica actividade cultural. A sociedade
galega dos comezos do XX seguía a se caracterizar pola concentración do poder
económico en sectores minoritarios, por un sistema agrícola aínda feudal e por
unha crecente emigración que ía baleirando o país.
Aparecen asociacións agrarias que canalizan as protestas sociais e acadan gran
resonancia no campesiñado, como foi o caso da "Liga Agraria de Acción Gallega".
A toma de consciencia dos campesiños, fomentada polo seu acceso á propiedade da
terra, unida á evolución do galeguismo cara ó nacionalismo, provoca un salto
cualitativo na utilización da língua.
O nacionalismo está tan vencellado ó idioma, como esencia de identidade
colectiva, que as primeiras manifestacións do movemento as constitúen
precisamente as Irmandades da Fala. Creadas para a defensa, dignificación e
cultivo do idioma, a primeira das Irmandades fúndase na Coruña en 1916.Séguena
outras repartidas polas principais cidades e vilas de Galicia (Ferrol, Ourense,
Betanzos, Santiago..). Para difundiren o seu ideario editaron unha publicación
periódica totalmente en galego: A Nosa Terra.
Os seus membros máis salientables foron os irmáns Vilar Ponte, Losada Diéguez,
Vicente Rísco, Ramón Cabanillas, etc.
En
1918 celebran a "I Asamblea Nazonalista Galega" que tivo como conclusións a
reivindicación da autonomia integral, a oficialización da língua e o pedimento
de inclusión de Galicia na Sociedade de Nacións de Xenebra.No século XVIII,
xorden as voces de denuncia dos chamados "ilustrados", que demostran a súa
inquedanza polo subdesenvolvemento de Galicia e ofrecen propostas renovadoras da
vida económica, social e cultural. Créanse organismos como as Sociedades
Económicas de Amigos do País e a Academia de Agricultura do Reino de Galicia.
Entre este minoritario grupo de intelectuais, despunta con forza a figura do
Padre Frei Martín Sarmiento, personaxe polifacético (naturalista, linguista,
bibliófilo...) que defendeu o uso do galego no ensino, na Administración e na
Igrexa, isto é, a súa normalización como língua propia dos galegos. O contexto
socio-político contrasta coa prolífica actividade cultural. A sociedade galega
dos comezos do XX seguía a se caracterizar pola concentración do poder económico
en sectores minoritarios, por un sistema agrícola aínda feudal e por unha
crecente emigración que ía baleirando o país.
Aparecen asociacións agrarias que canalizan as protestas sociais e acadan gran
resonancia no campesiñado, como foi o caso da "Liga Agraria de Acción Gallega".
As Irmandades promoveron a elaboración de diccionarios e gramáticas,de estubios
linguísticos e reivindicaron a presencia do galego na Administración e no
ensino. Déronlle pulo á actividade editorial nas principais cidades galegas:
Céltiga en Ferrol, Lar na Coruña,Alborada en Pontevedra, e moitas outras,ademais
de frecuentes seccións en galego na prensa en castelán. Neste contexto aparece a
revista Nós, da man de V. Risco, Otero Pedrayo e Florentino Cuevillas, que
conforman o coñecido "Grupo Nós". A eles lígase a figura de Afonso Daniel
Rodríguez Castelao.
Os membros de "Nós", cunha ampla formación intelectual, marcan como finalidade a
eliminación do lastre folclorista da cultura galega, mediante a súa
actualización, normalización e universalización. A revista contaba coa
colaboración de autores estranxeiros (portugueses, irlandeses, cataláns,
franceses...), que a poñían en contacto coas correntes europeas, ademais de
traduccións variadas e artigos, tanto de carácter científico (arqueoloxía,
etnografía, antropoloxía, socioloxía...) coma literarios.
A obra literaria destes intelectuais, que recuperan campos como o ensaio,
outórgalle á prosa galega un grao de desenvolvemento pleno e integra a nosa
cultura no contexto europeo: Arredor de si, Devalar ou Os camiños da vida, de
Ramón Otero Pedrayo e Os europeos en Abrantes e O porco de pé, de Vicente Risco,
son títulos que forneceron a nosa literatura de novas técnicas de creación que
se estaban a desenvolver na literatura europea incorporándolle temáticas
universalistas, lendarias e exóticas, urbanas e pensamentos filosóficos.
A feble tradición do xénero dramático recibiu un pulo coa creación, desde as
Irmandades, do Conservatorio Nacional de Arte Galega, en 1919, que logo pasa a
ser Escola Dramática Galega.
Os movementos europeos de vangarda inflúen de maneira importante na producción
poética galega. Os autores da chamada "Xeración do 25", (Manuel Antonio, Amado
Carballo, Bouza Brey) demostraron unha grande vontade de orixinalidade creativa,
que pasa polo enfrontamento aberto coas formas tradicionais de poesía.
Merece mención á parte a figura polifacética de Castelao, clásico da literatura
galega en tódolos xéneros que cultivou: novela, teatro, narrativa breve e ensaio
político (Sempre en Galiza, obra mestra do pensamento nacionalista galego) e
outros titulos que reflicten conxuntamente a súa capacidade como debuxante e
literato. A figura de Castelao entraña unha grande significación política
plasmada na súa obra ensaística e na súa participació nactiva e directa na
política do país (foi deputado da República nas filas do Partido Galeguista).
En
1931 créase o Partido Galeguista,que consegue a aprobación do Estatuto de
Autonomía de Galicia, no que a língua galega adquire por vez primeira o
recoñecemento de "idioma oficial de Galicia". Este logro importantisimo non
chegou a ter aplicación na práctica por mor do estoupido da Guerra Civil (1936),
que supuxo o principio da máis crúa etapa para as línguas minorizadas do Estado
español.
DA POSGUERRA ÓS ANOS SETENTA
O remate da Guerra Civil e o inicio do franquismo provocou a desaparición da
língua galega da escena pública, do ensino e das actividades socioeconómicas.
Aqueles que tiveron como única vía o exilio (Castelao, E. Blanco Amor, Luís
Seoane, Rafael Dieste...) foron quen de manteren viva a chama da cultura, do
idioma e da identidade de Galicia. O desenvolvemento cultural galego ten agora o
seu escenario na Arxentina, Venezuela, México e Cuba, entre outros países.
A situación social do galego viuse agravada coa obrigatoriedade da
escolarización no nivel básico e, posteriormente, coa popularización dos medios
de comunicación, que tiñan o castelán como único vehículo de expresión.
O contexto adverso non logrou apaga-lo espírito do galeguismo, que, timidamente,
comeza a se manifestar no ámbito cultural. Pasos decisivos foron a colección de
poesía Benito Soto, a editorial Bibliófilos Galegos e o suplemento semanal
bilingue do xornal santiagués La Noche.
A peza clave en que se asenta esta recuperación dos usos escritos é a creación
da Editorial Galaxia en 1950. Os seus principais promotores, Otero Pedrayo,
Ramón Piñeiro, F. Fernández del Riego e outros, evidenciaron de novo a validez
do idioma galego para calquera xénero ou temática. Galaxia convértese no eixo de
diversas publicacións periódicas: Revista de Economía de Galicia, a revista de
cultura e arte Atlántida, e a de pensamento Grial.
A partir de 1960 vaise producir un conxunto de cambios no eido económico e
social que se acompañan dunha leve atenuación da censura.
Exemplos deste aperturismo foron a posibilidade de editar publicacións antes
prohibidas, a instauración da celebración por parte da Real Academia Galega do
Día das Letras Galegas (1963), a ampliación do mundo editorial coa creación de
Edicións do Castro, as novas asociacións culturais en defensa do galego: O
Facho, O Gaio, a Asociación Cultural de Vigo…
A Universidade galega non queda á marxe destas inquietudes e toma parte activa
na revitalización da nosa cultura coa creación en 1965 da Cátedra de Língua e
Literatura Galegas baixo a dirección de Carballo Calero. Seis anos despois nace
o Instituto da Língua Galega, que vén desenvolvendo unha importante obra
investigadora desde a súa fundación ata os nosos días.
Nos anos cincuenta a producción literaria galega retoma o seu camiño de forma
máis sólida. Unha vez máis foi a lírica a encargada de inicia-lo renacer
literario. Longa noite de pedra, de Celso Emilio Ferreiro, publicado en 1962
representa a liña social e cívica caracterizadora da poesía dos anos sesenta.
Lueiro Rey, Bernardino Graña e Manuel María, son algúns dos autores desta lírica
que tenta conxuga-lo discurso político co literario.
A narrativa galega sofre un baleiro desde 1936 ata 1951, ano en que Carballo
Calero publica a súa primeira novela, A xente da Barreira.
Entre os anos 1950 e 1963 grandes autores como Álvaro Cunqueiro, Blanco Amor e
Ánxel Fole, desde as súas peculiares formas de narrar, crean unha obra de
recoñecida altura universal.
Na década dos sesenta Gonzalo Mourullo, Méndez Ferrín e Carlos Casares, entre
outros, fanse eco das innovacións da literatura europea, e constitúen o que se
deu en chamar "Nova Narrativa", movemento renovador e revitalizador da nosa
prosa.
O momento actual
A restauración da democracia abre novos horizontes para a literatura galega, que
chegará a se-lo ámbito sociocultural máis normalizado. Por primeira vez en
moitos anos voces femininas como as de Pilar Pallarés ou Luz Pozo Garza, á beira
de novos enfoques, coma os do grupo Rompente o culturalismo de Rodríguez
Baixeras, dan paso a unha nova e forte producción poética.
A narrativa, un dos xéneros deficitarios en canto á producción literaria nos
comezos do século XX, comeza un período de grande producción, de máis ampla
trascendencia social e, sen dúbida, de maior proxección estatal e internacional.
Autores como Alfredo Conde, Carlos Casares, Suso de Toro ou Manolo Rivas
convértense en éxitos de venda e as súas obras son traducidas a outros
idiomas... Paralelamente, afiánzanse novos xéneros e posibilidades narrativas
coa consolidación da chamada novela negra, narrativa erótica, westerns,
thriller, etc... ademais de consolida-lo xénero chamado novela histórica que,
desde os comezos do século XX, dera exemplos moi escasos.
Contra fins dos sesenta e comezos do setenta a producción dramática galega
experimentou fondas transformacións que obrigan á convivencia dun teatro
ruralista con tendencias xa marcadas desde a inmediata posguerra por autores
como Álvaro Cunqueiro ou Carballo Calero. Será a partir dos setenta, como
dixemos anteriormente, cando emerxe a xeración nucleada ó redor da Mostra de
Teatro de Ribadavia (Vidal Bolaño, Euloxio Ruibal, Manuel Lourenzo) á que hai
que sumarlle a achega de novos autores como Xavier Lama, Xesús Pisón ou Candido
Pazó nos comezos dos anos 90.
O xénero ensaístico, que botara a andar coas obras de Vicente Risco ou Ramón
Piñeiro consolidouse arredor dos anos setenta, gracias ó cal na actualidade
contamos con traballos que abranguen un amplo abano temático: política,
economía, teoloxía, arte, música, filosofía, língua, literatura, historia...
Non debe quedar á marxe da historia da literatura galega aquela producción
destinada ós máis novos. Cada ano son máis os libros de literatura infantil
editados e traducidos, e máis tamén os premios que reciben os nosos escritores a
nivel estatal e internacional. Entre todos eles, detacamos a Fina Casalderrey,
Agustín Fernández Paz, Antón Cortizas, Marilar Aleixandre ou Xabier P. Docampo.
Ó prestixio do noso idioma contribúen outro serie de factores como, por
(exemplo, a traducción para o galego de obras de dimensión universal, proceso
principiado nos comezos deste século polos membros da Xeración Nós e por figuras
sobranceiras como Aquilino Iglesia Alvariño durante a posguerra. Ás traduccións
realizadas nos anos setenta por X. M. Beiras ou X.L. Franco Grande, debemos
incorporar aqueloutras que, gracias ás axudas concedidas polo Goberno galego, se
realizan de textos clásicos e modernos do máis escollido da literatura mundial.
Pódese ler en galego a Biblia, Homero, Catulo, Cicerón, Dante, Petrarca,
Shakespeare, Cervantes, Goethe, Conan Doyle, Verne, Camus, Sartre, Joyce,
Sallinger, e un longo etcétera.
Co réxime democrático Galicia convértese en Comunidade Autónoma, tendo como
línguas oficiais o galego e o castelán. Paralelamente á instauración dunha
lexislación reguladora dos usos do idioma, cumpría a elaboración dunha língua
estándar. O Instituto da Língua Galega, creado en 1971, e a Real Academia Galega
propoñen en 1982 as Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, que
acadan o carácter de oficiais coa promulgación da Lei de Normalización
Lingüística no ano 1983, e que foron ampliadas, con mínimas variacións, no ano
1995.
A Real Academia Galega, única entidade rectora en cuestións lingüísticas,
renovou e diversificou as súas áreas de estudio, fóra de cuestións puramente
normativizadoras. Dentro desta ampliación dos seus ámbitos, a Academia funda o
Seminario de Sociolingüística, entidade encargada da elaboración do Mapa
Sociolingüístico de Galicia (MSG), en colaboración coa Consellería de Educación
e Ordenación Universitaria. O MSG é un traballo moi preciso e sen dúbida de
vital importancia para termos un coñecemento fiable da situación que atravesa a
língua.
Pola súa banda, o Instituto da Língua Galega (ILG), que ten asinados convenios
de colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria desde o
ano 1983, completa progresivamente os diferentes volumes de que consta o Atlas
Lingüístico Galego (ALGA), o máis completo e moderno estudio de dialectoloxía de
toda Europa. Alén disto o ILG encárgase de elaborar ferramentas informáticas,
vocabularios temáticos, estudios dialectolóxicos, de grande importancia para o
futuro da nosa língua.
A constitución do Centro para a Investigación en Humanidades "Ramón Piñeiro" en
1993 supón un fito importante nesta evolución progresiva nos estudios sobre a
nosa língua. Este organismo, dependente do Goberno galego, realiza proxectos de
moi diverso tipo como diccionarios de fraseoloxía ou de literatura, vocabularios
temáticos de diferente tipo, edicións facsimilares ou un sintetizador de voz.
Alén disto, o Ramón Piñeiro puxo en marcha o proxecto Termigal, centrado na
elaboración de traballos terminolóxicos nos campos científico e técnico.
A fixación oficial dos topónimos galegos que, segundo se dispón no artigo 10.1
da Lei de Normalización Lingüística terán "como única forma oficial a galega", é
un dos grandes avances deste período. A elaboración do Nomenclator, documento
que recolle os tóponimos oficiais de Galicia, supuxo un arduo esforzo de
investigación debido á cantidade inxente de pequenos lugares espallados pola
nosa xeografía.
Ás portas do século XXI a nosa língua segue a se manter viva, protexida pola
lexislación vixente e cun elevado número de falantes. Só resta, pois, facermos
camiño tomando como exemplo o teimudo labor daquelas persoas que, dentro e fóra
de Galicia, nunca deixaron de fomenta-la contribución cultural do pobo galego ó
mundo.
FONTE DE INFORMACIÓN: www.dialetrasgalegas.com
VOLTAR A: 17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS