Habitat Grup Baix Emporda

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Breve historia da cidade de Ourense

Nun val formado polas augas do Río Miño, os romanos atoparon o lugar ideal para asenta-la capital das terras do ouro… e daquela cidade, chamada "Auria" xurdiu a actual cidade de Ourense, capital da provincia do mesmo nome.

Escudo de OurenseHai dúas hipóteses sobre o emprazamento orixinal de Ourense nos tempos romanos: unha é a zona termal das Burgas e outra a ladeira ó pé do cerro de Montealegre . Tampouco se sabe cal foi a razón de que Ourense nacera: se do río, da Ponte, das Burgas, ou do ouro, o quizais, dos catro elementos. Porque o romano buscou e atopou nestas terras, construíu a vella ponte para cruza-lo gran río, e gozou da auga cálida que se obtiña nas súas fontes... 

E aquí nace Auria, a cidade de ouro, capital das terras do ouro, na marxe esquerda do Miño, ó redor das Burgas...

O seu nome pode vir do "Warm See" (Lago quente) dos xermánicos, do "Or Ens" (Auga quente) (Auga quente) dos celtas; ou do romano "Auria" (Cidade de ouro, ou lugar luminoso e brillante).

Ourense foi importante para os romanos polo seu río, a súa ponte e as súas fontes. E estes foron os núcleos ou orixes da primeira cidade. 

O seu río, O Miño, é enriquecido polo Sil,  os irregulares caudais do Loña e o Barbaña.

Cidade de Ourense Aproximadamente no ano 100 da nosa era, quizais en tempos de Traxano, ergueuse a súa ponte romana. Foi reconstruída en 1228 polo bispo don Lorenzo para o paso dos peregrinos a Compostela, e reparada posteriormente en numerosas ocasións. Mide 370 metros de longo, 5 de ancho, e o seu arco central , hoxe de 37 metros de alto, e que  foi o de maior luz de todo o imperio romano. Tivo castelo, cadeas, ramplas curvas de acceso... E é hoxe unha das grandes xoias de Ourense...

No século IV, Ourense convertérase na cidade episcopal e ó longo dos séculos desempeñou unha importante función como sede da monarquía sueva, despois, no período medieval foi época dunha actividade monástica intensa, comezando a florece-la función comercial, de tal xeito que ó redor do século XIII a cidade era xa un centro de intercambio importante, reconstruíndose o entramado viario e a ponte, esta vez como camiño secundario cara a Santiago e, sobre todo, baixo o pontificado de san Lourenzo, reinou a prosperidade.

Ata o século XVIII a cidade debateuse entre preitos señoriais. Nese momento existía un importante comercio do viño e do aceite. Foi en realidade no século XIX, cando se reactivou o papel da cidade, sendo o factor máis importante deste auxe o novo trazado da rede de comunicacións, moi especialmente a raíz da chegada do ferrocarril . Cando en marzo de 1881 a locomotora Miño chegou a Ourense, estaba anunciada a creación dunha cidade moderna que cruzaba o río para expandirse de forma definitiva...

No século XX rematouse a construcción do trazado ferroviario Ourense-Zamora e unha nova ponte, provocando un gran crecemento da cidade.

Unha estrofa popular di:

Termas en Ourense

Tres cousas hai en Ourense
que non as hai en España:
O Santo Cristo, e Ponte,
e a Burga fervendo a auga.

 

 

Mónica Beatriz Suárez Groba

Bibliografía consultada:    "conociendo a galicia", xosé maría manteiga.