Reparación inversores tensión energia solar Valencia

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

?memoria de Manuela Via? (1929-2013)

O DEMO NAS CRENZAS GALEGAS



O demo baixo os seus inn?eros nomes vulgares coma: cachano, demachi?, democho, dem?caro, demoncre, demonche, demontre, dem?aro, demo?, demoro, denllo, de?, diabo, diabro, pecado, perello, perete, rabudo, sucio e outros, ?o ente misterioso que inspirou a m?s curiosa serie de frases, feitos, modismos e ditos ?literatura popular de Galicia, conformando un copioso folclore. 

Cont?anse del moitas consellas para pinta-los seus enganos e trasnadas e o mal pagamento que lle daba ? que del se fiaban. Na cultura galega abundan os contos nos que ga? a alma dun avarento ou dun cobizoso que xoga ? cartas; nos que fai apostas e g?aas, levando ?inferno ? que apostaron consigo; nos que compra rapaces pequenos ? pais; nos que se disfraza para se ofrecer de padri? dun neno ; nos que axuda a algu? a sa? dun apuro; e nos que d?consellos e ensina artima?s. 

carballeiraDe moitas cousas enxe?sas e invenci?s novas que non estaban ?achego de todos, dic?se vulgarmente que eran "cousas do demo". E do mesmo xeito que levaba a culpabilidade de todo canto malo nos fac?n e fac?mos. Pola contra, en todo o que el executaba, adoitaba deixar sempre o seu rabo f?a, segundo a crenza xeral; por iso moitas das s?s picard?s eran descubertas, de al?ven a frase : "o demo fainas e o demo desc?reas". 

Para as xentes sinxelas o demo era o que transportaba polos aires bruxos e bruxas, lev?doos, sentados en vasoiras, ?aquelarre, xuntoiro que el presid? en forma de macho cabr?, e onde todos en rolda o bicaban nas n?egas.

Alg?s escritores consideraban o dia? coma sin?imo de demo, pero non era as? exactamente, porque as xentes do rural t?ano m?s ben por un esp?ito familiar semellante ?trasno co que adoitaba confundirse. Mentres o demo representaba a perversidade no seu significado m?s aveso e aborrecible, o dia? era o ente xoguet?, prototipo da viveza, que coas s?s burlas inofensivas acadou no pobo galego certa simp?ica familiaridade, sen d?ida porque os seus entretementos e as s?s chacotas se axeitaban moi ben ?noso car?ter, dado ?mofa. A mesma habelencia que o dia? empregaba para realiza-las trasnadas, sen deixarse ver nin sorprender, era un motivo m?s que fac? medra-la simpat? e a popularidade por el entre o vulgo galego. Tal crenza est?expresada neste refr?: "Deus ?bo mais o dia? non ?mao".

Era tan grande o poder atribu?o ?demo na crenza vulgar que chegaba a meterse no corpo dalgunhas mozas, tomando ent? o nome de sucio ou zucio porque cando as posesas ca?n en "trance" ou "pasamento", botaban pola boca moreas de pelos entre frases malfaladas. Esta andr?ena provocou que moitas das que se cr?n v?timas do histerismo que padec?n, chamado en galego, "ramo cativo", acudisen a determinados santuarios para quita-lo demo do corpo durante a misa e en medio de convulsi?s e de palabras mal soantes, impropias do sagrado lugar.

T?ose tam? por certo entre campesi?s supersticiosos o chamado "pauto co demo", que era asinado con sangue e, mediante o que, chocando un ovo de galo negro, se obti? un demo pequeno que se met? nun agulleiro xunto cun pouco de mercurio e unhas limaduras de ferro. Este agulleiro era logo un seguro talism? para que o pequeno demo invisible fixese todo o que se lle mandase, por moi imposible que fose. Deste xeito, da persoa que descubr? o que estaba moi oculto, ou da que fac? adivi?ci?s sorprendentes ou realizaba cousas marabillosas que non todos pod?n acadar, adoit?ase dicir: "seica ten pauto co demo".

Abundaban os amuletos entre as nosas xentes campesi?s coma preservativos de maleficios. Dos derivados das plantas e froitos p?ense citar o allo, a cebola, o codeso, a pataca, o mesmo que ramas de loureiro e de oliveira. Hab? ademais a vasoira, as figas, os escritos e os evanxeos; as?mesmo, as pedras bezoares, de ara, do raio e outras; o aceite das mi?cas, o anelo da gran besta e o anelo do alicorno, a ?bore do Santo Eutelo, os cornos da vacaloura e os osos de defunto, a casta? de Indias, a bulsa dos adob?s (bolsi? que adoitan levar as xentes supersticiosas e que conti? un cacho de pedra de ara, un dente de allo, un anaco de pezu? de cabalo e outras cousas ?xeito, era considerado amuleto eficaz contra dos meigallos, tam? adoitaban pendurala ?colo dos rapaces para preservalos do mal de ollo), a camisa da c?rega e outros moitos ? que no pa? se atribu?n virtudes e propiedades marabillosas.

Os conxuros ou esconxuros consist?n en f?mulas e ritos misteriosos, acompa?dos de oraci?s especiais e adoitaban practicarse a altas horas da noite, co gallo de que os oficiantes non fosen turbados por ningu?, cousa que se consideraba esencial para que resultasen eficaces; fac?nse en determinadas igrexas, illadas de toda vivenda.

A existencia do esconxuro respond? en grande parte ?antiga crenza de que o demo se infiltraba no corpo dunha persoa, producindo nela os fen?enos do "ramo cativo". Hab? o chamado "esconxuro deprecativo" e tam? o "imperativo" , podendo ser tam? conxurados indirectamente os animais da casa, e a?da as cousas, coma o sal, as nubes, os tronos, etc. 

Nalgunhas das nosas parroquias, o mesmo d? que un neno era bautizado, os padri?s rogaban ?cura que lle esconxurase as lombrigas, e se o rogo non era atendido v?n onde lles petaba. En Sober (Monforte), cando unha persoa era picada ou mordida por un animal que se pensaba era pezo?nto, fac?n varias cruces encol da ferida e tam? recitaban este ensalmo supersticioso:

Se es cobra, ponte en roda;
se es sapo, anda arrastro;
se es salam?tiga, vaite ?barranca;
e se es ara?, vaite ?baba.

Queimaban logo unhas p?as de allo e coa cinza cubr?n a ferida, procurando que esta permanecese cuberta deste xeito d?s ou tres horas alomenos.



M?ica Beatriz Su?ez Groba


FONTES CONSULTADAS: "BREVIARIO ENCICLOP?ICO". ELADIO RODR?UEZ G?ZALEZ

 

 

LER M?S: ARQUIVOS DA NOSA CULTURA