Reparación inversores tensión energia solar Valencia

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

?memoria de Manuela Via? (1929-2013)

ORACI? ?NOSO SE?R SANTIAGO 



por Florentino L?ez Cuevillas , Prosas gallegas, Galaxia.


Santiago Ap?tol


Se?r Santiago, que de tan lonxe vi?ches predicar na nosa patria as verdades do Evanxeo, e que a?da despois de morto quixeches que o teu corpo pasase o mar para descansar eternamente na terra galega. Ti que chamaches unha estrela para que brillase sobre os nosos agros no miragre do teu sepulcro; ti que desde a t? igrexa fixeches peregrina-las xentes de toda Europa para que vi?sen adorar en Galicia as t?s reliquias; ti que tantas probas nos tes dado da t? predilecci? e do teu amor. ?Por que nos esqueces? 

Arredor da t? sepultura formouse a nosa lingua, ?p?do teu templo naceu a nosa arte, para ti cantaron os nosos trobeiros. Galicia enteira ten algo teu, e en ti inspirou as s?s obras. ?Consentir?, Se?r, que Galicia desapareza, que Galicia morra? 

Mira ?teu redor, os vellos costumes abandonados, mortas as antigas liberdades, despreciado o vello idioma en que che falaron tantas xeraci?s, o idioma santo de Xelm?ez; mira a nosa terra presa de homes que vi?ron de f?a a roubala, a magoala; mira o noso chan empobrecido; mira a triste miseria dos seus fillos, a s? sede de xusticia e a s? fame de pan, e ten piedade da s? dor, da s? pobreza e da s? ignorancia. 

E xa que amaches a Galicia cando era Galicia, acorre ? que queremos resucitala e volvela outra vez ?esplendor e riqueza de que ?merecente. D?o-lo teu esp?ito de ap?tolo para que vaiamos por vilas e lugares a espalia-las novas verdades, que non son m?s que as antigas verdades; e as?que chegue a hora da loita e da batalla, empr?tanos, Se?r, a forza do teu brazo, que soubo al?en Clavixo fender testas de infieis, para que poidamos con ela vence-los nosos aldraxadores, os nosos opresores, os ladr?s de todo o que nos pertenc?. 

Ac?lenos na t? gracia, Se?r Santiago; grava a t? cruz nos nosos peitos, e fai brillar por riba das nosas testas, ben acesa e ben brillante, a t? estrela milagreira. 


   Volver a:   Compostela e o Cami? de Santiago