Habitat Grup Baix Emporda

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

O carballo: unha árbore emblemática de Galicia

Carballo en As Neves de Grixoa, Ourense. Foto: Juan Rúa

Carballo en As Neves de Grixoa; Ourense

Fotografía propiedade de Juan Rúa

 

O carballo é común en toda Galicia.

unha especie en regresión pola influencia humán, xa que foi e inda é sustituida polo piñeiro e o eucalipto de máis rápido crecemento. 

As beiras dalgúns ríos inda quedan algunhas carballeiras fermosas. Estos árbores xa están nunha terceira liña do río.

Carballo. Foto: Juan Rúa

 

 

Fotografía propiedade de Juan Rúa

 

 

A súa altura é moi variable, algúns son baixos e outros pasan dos 40 metros.

A súa vida pode alcanzar os 1000 anos.

 

 

 

 

Ficha do carballo

Ficha extraída do libro Guía das árbores de Galicia

de Henrique Niño Ricoi

e Carlos Silvar de Editorial Bahía.

 

O carballo é común en toda Galicia. É unha especie en regresión debido á  influencia humán, xa que foi e inda é substituida polo piñeiro e o eucalipto de máis rápido crecemento.

Pódese atopar por tódolos lugares, o seu tronco dereito, a cortiza grisácea, as follas caedizas, simples alternas e membranosas; as flores  e o seu froito é un aquenio ovoide - oblongo.

Chámase landra e mide entre 1-2 cms. Preséntase sobre un pedúnculo máis ou menos longo (4-8 cm) e cunha cúpula escamosa. Florece en abril mayo e da fruto no outono.

carballo

 

Fotografías propiedade de Juan Rúa  

 

 

A súa madeira é dura é de moi boa calidade e de dificil putrefacción, mesmo na auga, polo que foi usada para a construcción naval, doelas dos bocois, etc.

Tamén se utiliza en carpintería e abanistería. En tempos para a fabricación das travesas do ferrocarril ( hoxe son de cemento armado).

Nas casas metíanse para trabes, puntós e taboas para o piso. A súa leña ten un alto poder calorífico (carbón). 

A cortiza contén taninos de utilidade para curtir peles e posúe propiedades astrinxentes. 

Hórreo e carballos

 

 

Hórreo con carballos detras,

en As Neves de Grixoa, 

concello de San Amaro, Ourense

 

   

carballo

Fotografías propiedade de Juan Rúa

Queremos agradecer a Juan Rúa por enviarnos estas fermosas fotografías para ser publicadas en Galicia espallada.

 

 

 

 

 

 

unha árbore; foto: Juan Rúa

 

 

 

Recomendamos que visitedes o seu sitio web onde atoparedes imaxes marabillosas de Galicia: 

 

Fotos bonitas de Galicia ( GALICIAS.COM )

 

 

Fonte información textos: 

web "A vida nos ríos galegos"  de Secundino Lorenzo Fernández, da que tamén reomendamos a súa visita.