Habitat Grup Baix Emporda

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Ramón Cabanillas

"Galicia Nai"

 Nai e neno na Galicia

 

Galicia encadeada con ferros de Castela,

por fillos treizoeiros e por caciques lobos,
no teu ceo azuado, hai unha nova estrela,

ardente e sanguiñenta, agoira os tempos novos.
Irmáns, erguede o berro, de amor e santidade,
Galicia e liberdade, do traballo e do chan.
Son verbas de Dios mesmo, do Dios Todopotente,
co suor da túa frente, gañarás o teu pan!.

 


Nai galega, que diches o sangue xenerosa,

para calmar a sede rabiosa da impiedade,
nos agros de Sobredo, froreceu unha rosa,

ardente e sanguiñenta, agoira a liberdade.
Son verbas de Dios mesmo, do Dios Todopotente,
co suor da túa frente, gañarás o teu pan.
Irmáns, erguede o berro, e o legón aferrade,
Galicia e liberdade, do traballo e do chan!.