Habitat Grup Baix Emporda

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

HISTORIA DA BANDA UNIÓN DE GULÁNS

En 1870, en Guláns (ver datos e ubicación), aldea da vila de Ponteareas, provincia de Pontevedra, nace a banda de múica "UNION DE GULÁNS", unha das máis antigas de Galicia.

O seu fundador e primeiro director foi D. José Carracedo Dominguez. Por tradición familiar o seu fillo Constante e despois o seu neto José, sucedéono coma directores, mantendo así viva esta agrupació musical ata o ano 1947.

 

Banda de Guláns

Da escola de música da "UNION DE GULÁNS" así como da participación na banda, xurdiron recoñecidos músicos, tanto a nivel instrumentista como directores e compositores.

A xeito de exemplo podemos citar a D. Rogelio Groba Groba, director da "UNION DE GULANS" de 1947 a 1952 e posteriormente director da Banda de Música Municipal de A Coruña durante máis de vinte anos, sendo o mesmo tempo director do Conservatorio de Música da mesma cidade, consagrándose neste período como compositor de renome internacional.

Igualmente importantes despóis de 1952 e ata 1959, foron as participacións na banda como directores de D. Miguel Groba Groba e D. Indalecio Fernández Groba. 0 primeiro é actualmente director do Coro e Orquesta de Cámara da Comunidade de Madrid e profesor do Real Conservatorio de Música desa cidade. 0 segundo foi director de Banda de Música da cidade de Lugo, sendo actualmente e sucedendo a D. Rogelio Groba, director da Banda de Música Municipal de A Coruña.

A esta serie de directores gulanseses seguéronlle a partires de 1959 os foráneos D. Antonio Baquero, D. Francisco Rodríguez, D. José Fariñas e D. Rogelio Loureda, para en 1968 facerse cargo da batuta novamente outro discipulo da banda e gulansés: D. José Carracedo Pousada (bisneto do fundador), sendo baixo a súa dirección a "UNION DE GULÁNS" galardonada no concurso de bandas populares da cidade de Ourense en 1971 .  

 Banda de Guláns dirixida por Miguel Groba Groba

Fotografía da Banda sendo director da mesma  Miguel Groba Groba.

 

 

En 1972 e por mor do traslado de D. José Carracedo o Real Conservatorio de Música de Madrid, sucédeo no cargo novamente outro foráneo: D. Javier Basoco, seguido de D. Plácido Lorenzo, D. José Aradas, D. Alfonso Méndez, D. José Guillén e D. José Oro-Val, ata fináis de 1982.

No ano 1982 asume a dirección da banda outro xove do lugar, D. José Fernández Prego, que coma tódolos gulanseses anteriores é froito da formación musical que a agrupación mantén regularmente dende fai máis de cen anos.

E así, chega a banda a fináis do 1991 no que de novo é necesario recurir a outro foráneo, neste caso o recoñecido músico ourensán D. Hipólito Fernández Fernández, persoa que polos seus coñecementos, sensibilidade e entusiasmo constante conseguiu imprimir á "UNION DE GULÁNS" unha nova dinámica, elevando o nivel artístico-musical da mesma a tal punto, que quizais nestes intres, sexa o mellor de toda a súa historia.

Durante estes últimos anos ven alternando a batuta con D. Hipólito Fernández Fernández, a xove promesa Srta. Alicia Porto, gulansesa e que como todos os seus conveciños que pasaron pola banda, xurde ela tamén da escola continua que a "UNION DE GULÁNS" desenvolve.

A "UNION DE GULÁNS", está constituida por 50 compoñentes na súa grande maioría xoves que ademáis de participar na escola da banda, estudian cursos profesionáis de música e é de significar que máis de 90% dos participantes na mesma son naturais e veciños de Guláns. A banda interpreta os máis diversos xéneros musicáis tales como: clásica, zarzuela, lixeira, típica galega...

A media anual de actuacións da "UNION DE GULANS" é de 60 espectáculos, distribuídos entre concertos, actos culturáis, recreativos, festas populares,etc. na súa maioría en Galicia.

Destacamos como máis significativas as seguintes actuacións e participacións:

" 1979.- Grabación dun L.P
" 1985.- Participación na película "La Hora Bruja".
" 1986.- Inauguración do auditorio "Reveriano Soutullo".
" 1989.- Participación no programa da TVG " 0 Son dun Pobo".
" 1991.- Actuación no colexio "San Agustín" de Salamanca.
" 1992.- Participacións nas festas "Brueguel" da cidade de Bruselas.
" 1993.- Participación no programa "Luar" da TVG.
" 1994.- Participación no programa "Galicia Enteirá' da TVG e actuación no programa "Desde Galicia para o mundo" de TVE.
" 1997.- Inscripción da escola de música no Rexistro Oficial de Escolas de Música da Xunta de Galicia.
" 1998.- Última grabación da agrupación, e edición en cinta casete.
" Participación anual nos festivais de bandas que se levan a cabo en Ponteareas, entre outros.

https://es.geocities.com/gulanseses

Fonte: páxina web dedicada a Guláns, feita por Luis Soto)