Habitat Grup Baix Emporda

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Sociedade e costumes: o carbón e os carboeiros

Hai moitos anos, cando aínda había ferreiros que ían polas parroquias e soaban os seus martelos na forxa de val en val, o monte daba ademais da madeira, outro producto: o carbón. E había neses tempos outro deses oficios tradicionais que xa non existen... os carboeiros...

CarbónEra o carbón vexetal o combustible que alimentaba as forxas dos ferreiros.

En Galicia o traballo do ferro tivo unha grande importancia ata comezos deste século.

A súa producción principal eran as armas e as ferramentas usadas no campo. Mais, nos últimos anos, as forxas fóronse reducindo, en gran medida, ó desaparecer boa parte da demanda no campo (ademais de producir obxectos de ferro, colocaban as ferraduras ó gando), mais algunhas delas aínda subsisten gracias á estima polas boas ferramentas de corte tradicionais (coitelos, fouces, gadañas, machadas). 

Nas forxas ( lugar onde se quentaban os metais para logo poder traballalos) usábase o carbón.

Para face-lo carbón, cavábase un burato no terreo duns cincuenta centímetros de fondo e cun diámetro de dous metros, máis ou menos. Logo, dependendo do tipo de leña, se era de toxo cortábase anaquiños de 50 cm. de longo e se era de castiñeiro había que pica-los troncos. Nese burato cavado, apelábanse os troncos de menor a maior. O prende-lo lume , a pía ardía dende o centro cara ó exterior, sempre vixiando para arrimar troncos grandes en caso de que saíra a chama para fóra. Este era un proceso de catro, cinco ou seis horas, dependendo da cantidade de leña. 

Para apaga-la leña queimada en cantidades pequenas, cubríase a pila con terróns coa herba volta cara ó interior, mentres seguía a arde-lo lume lento durante 24 ou 34 horas. Había que ir miralo mentres seguía ardendo. Cando estaba apagado, descubríase todo e se enchían os sacos.

A leña mellor era a de toxo, castiñeiro e uz , quizais a mellor fora a de uz, pero desta había en menor cantidade.O mellor tempo para recolle-la madeira era o tempo seco, coa chovía non se podía facer ben.

CarbónAs raigañas arrincábanse cun pico ou cunha acada, tamén se usaba outra ferramenta , a aixada. (aínda quedan algunhas nas casas das aldeas) A aixada tiña unha folla estreita e moi afiada.

O carbón vendíase por sacos ou quilos, e o seu prezo era quince pesetas por saco, nos anos corenta.

Os principais compradores eran os ferreiros, que daquela había moitos...en cada parroquia, un ou dous. Empregaban o carbón para quenta-los metais nas forxas. Tamén , os xastres, o usaban para a prancha da roupa que eles facían.

Non había moitos carboeiros, e os que o facían era de xeito ocasional. Moitos ferreiros facíano para o seu propio uso. A partir do ano 1948, deixou de facerse.

Esta técnica de face-lo carbón, co tempo foi caendo no esquecemento. Sábese que probablemente naceu co traballo dos metais, e que durante moitos séculos foi parello co labor dos ferreiros. 

Máis, hoxe, é outro dos oficios e tarefas que xa non existen

 

 

Mónica Beatriz Suárez Groba

Bibliografía consultada: "galicia 2000: Cultura popular", Xunta de Galicia.

 

 

VER MÁIS TEMAS DA NOSA CULTURA: ENTRA AQUÍ