Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

LETRAS GALEGAS 2008

Xosé María Alvarez Blazquez


(1915-1985)
Poeta, novelista,
erudito, editor...
 

por Clodio González Pérez

   

Xosé Álvarez Blázquez

Con varios amigos no barrio vigués do Berbés, de esquerda a dereita: Xerardo Álvarez Gallego, Emilio, Darío e Xosé María Álvarez Blázquez, Celso Emilio Ferreiro, Néstor Lujan, Francisco Fernández del Riego e Alvaro Cunqueiro.

Xosé Álvarez Blázquez

Canle segredo (Vigo, 1976).
 

Xosé Álvarez Blázquez

La ciudad y los días. Calendario histórico de Vigo. (Vigo, 1960).

 

<<< Páxina anterior


 

 

OTERO PEDRAYO, Ramón (Ourense, 1888 -Trasalba, 1976): O desengaño do prioiro, 1962; O Maroutallo, 1974, e Os ríos galegas, 1977. O 9 de decembro de 1954 dedícalle o soneto "Otero Pedrayo, nome", que se publicará catro anos máis tarde no libro Ramón Otero Pedrayo. A súa vida e a súa obra. Homenaxe da Galicia Universal, Caracas:

 

OTERO PEDRAYO, HOME

Ten o nome de pedra. Mete medo
velo, de costas ao solpor, chantado
coma un vello menhir
verdidourado. Ten o nome de
pedra, i é un penedo.

(E logo aquil seu derramarse ledo,
aquil teimoso sementar calado,
aquil seu afanarse de morgado,
que nunca durme, porque nunca é cedo...)

A todos nos ensina cada día
a serea lección de gallardía
que o seu esgrevio caminar encerra.

Novos homes viran, é ben sabido, pero
non outro que, ao míralo erguido
semelle un fito na soá da térra.11

QUESADA PORTO, Fernando (Ourense, 1933): Chispas da roda, 1971; Chispas da roda, II, 1973; Chispas da roda, III, 1974; Chispas da roda, IV, 1976, e Chispas da roda, V, 1979.

RAMÓN E FERNANDEZ-OXEA, Xosé (Ben-Cho-Sey) (Ourense 1896 - Madrid, 1988): Arturo Vázquez Núñez e o seu tempo. Conferencia lida no Centro Gallego de Madrid... 1952; Andrómenas. Contos para o pobo, proemio de E. Blanco-Amor, 1953; Contos do fiadeiro, 1973, e Santa Marta de Moreiras. Monografía dunha parroquia ourensán (1925-1935), 1969. O 29 de maio de 1955 Edicións Monterrei publi­ca Ofrenda lírica á nena María Isabel Ramón Algarra no día da súa primeira comu­nión, na que participan con varios poemas Fermín Bouza Brey, Ramón Cabanillas, Ricardo Carballo Calero, Augusto Casas, J. Díaz Jácome, A. Gómez Ledo, Ángel Johan, Ramón Otero Pedrayo, Victoriano Taibo e Xosé María Álvarez Blázquez, este co seguinte soneto:

Mira tí qué luiña tan levián, qué
folerpa de nevé, qué luceiro, e qué
Dios todo enteiro e verdadeiro
dándose arreo en tan cativo pan.

E mira agora o corazón
human a frolecer nun pulo
miragreiro, con arrecendos de
divino cheiro
coma as herbas do prado vran.

Achégate ao Convite, vai voando,
que xa o Neno Xesús che está termando
a escadeira de Amor da Eucaristía.

¡A fartura de Dios seña contigo e
endexamais che falle ise Pantrigo,
feito ca luz inxel de un novo día!

TABOADA CHÍVETE, Xesús (Verín,. 1907-1976): Los castillos, 1963; Escultura celto-romana, 1965, e Guía de Monterrey, 1968.

Por último están os ourensáns aos que He dedicou algúns dos seus escritos ou publicacións, sobresaíndo o xa mencionado libro Alexandro Bóveda. Apunte biográfico, A Coruña, 1982, colección "Hombres que hicie­ron Galicia", do que se tiraron dúas edicións: unha patrocinada polo Banco del Noroeste, e outra -que non difire máis que na capa- polo Banco Gallego para a Fundación Alexandre Bóveda (por eso no exterior figura Alexandre e non Alexandro, como na anterior). En 1992 Ir Indo Edicións fixo a segunda edición. Trátase da obra máis impor­tante publicada deica hoxe en día ao ilustre político, na que se conxu-ga á vez a profunda amizade que os unía coa exactitude dos datos biográficos.
Outro ourensán co que tratou de abondo foi Eduardo Blanco Amor, ao que lie dedica en 1981 o artigo "Unha aportación á biografía de Blanco Amor", inserido no libro Homenaxe a Blanco Amor, no que colaboran, entre outros, C. Casares, A. Conde, S. Lorenzana (F. Fernández del Riego), X. L. Méndez Ferrín, etc., publicado polo Concello de Redondela e Edicións Xerais de Galicia.

V. Coda


A importancia do labor de Xosé María foi recoñecida polos galardóns e nomeamentos que recíbiu ao longo da vida, dos que uns dos primeiros sería o de membro correspondente da Real Academia Galega en 1949, da que pasa a numerario a partir de 1962, ocupando a cadeira do finado Aquilino Iglesias Alvariño. Recoñecemento que tamén o manifestou a cidade que o acolleu dende 1942, co título de "Cronista Oficial" (1977) e co "Paseo do Cronista Xosé María Álvarez Blázquez" que circunda parte do monte do Castro, xusto onde fican os restos da acrópole por el descuberta.


Recibiu varios premios, uns por trábanos determinados e outros pola obra en xeral, como o da Deputación Provincial da Coruña do ano 1968 ao mellor labor como editor e investigador, pero irnos rematar con un relacionado coa provin­cia de Ourense e, en particular, coa vila de Ribadavia.12


 

Páxina seguinte >>>