Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

LETRAS GALEGAS 2008

Xosé María Alvarez Blazquez

 


(1915-1985)
Poeta, novelista,
erudito, editor...
 

por Clodio González Pérez

   

Xosé Álvarez Blázquez

Con varios amigos no barrio vigués do Berbés, de esquerda a dereita: Xerardo Álvarez Gallego, Emilio, Darío e Xosé María Álvarez Blázquez, Celso Emilio Ferreiro, Néstor Lujan, Francisco Fernández del Riego e Alvaro Cunqueiro.

Xosé Álvarez Blázquez

Canle segredo (Vigo, 1976).
 

Xosé Álvarez Blázquez

La ciudad y los días. Calendario histórico de Vigo. (Vigo, 1960).

 

<<< Páxina anterior


 

 

A relación de obras de autores ourensáns publica­das polas editoriais de Xosé María Álvarez Blázquez entre 1950 e 19838 é a seguinte:


 

ALONSO ESTRAVÍS, Isaac (Xinzo de Limia, 1935): Coritos con reviravolta, 1973-


ÁLVAREZ GALLEGO, Xerardo (Ourense, 1899 Miami, 1986): Los pazos, 1963-

BARXA IGLESIAS, Francisco (Vilardevós, 1944): Viaxeiro da risa, 1973; Os ovos da pita choca,

1975.

CASADO NIETO, Manuel (Castro Caldelas, 1912 -Barcelona, 1983): Coritos que non son contos,l969; A boda do Reimundo e outras verídicas historias, 1980, e Refendas de vida e de morte, 1983. Xosé María dedicoulle "A furna", unha das narracións do seu libro A pega rabilonga e outras historias de tesouros (1971).

CASAS BLANCO, Augusto M*. (Ourense, 1906 -Barcelona, 1973): Isa folla que vaipol-o río, 1950.

CONDE CID, Alfredo (Allariz, 1945): Contubernio catro do Tomé S. -coedición coa librería compostelá Follas Novas-, 1978.

CURROS ENRÍQUEZ, Manuel (Celanova, 1851 - A Habana, 1908): A Virxe do Cristal, 1969, e Aires da miña térra e outros poemas, 1971. A segunda quizáis sexa a edición máis completa da obra lírica do poeta de Celanova, cunha interesante "Nota dos editores" da autoría de Xosé María (que non asina), e a recuperación do poema "Evos a léngoa galle­ga" (publicado por primeira vez na revista com-postelá Galicia humorística en 1888) e o limiar do libro Aturuxos de Ramón Armada Teijeiro (A Habana, 1897). Figuran como "Engádega de Edicións Cástrelos".

FERREIRO MÍGUEZ, Celso Emilio (Celanova, 1912 - Vigo, 1979): A taberna do galo, 1978; A fronteira infinda, 1972; Longa noite de pedra, 1975, e Cimenterio privado. Seguido das can­tigas de escarneo e maldecir i o poema 'Os ausentes', 1978. Xosé María dedicoulle "A gavi­lla", unha das narracións de A pega rabilonga e outras historias de tesouros (1971). Na home-naxe ao ilustre celanovés celebrada en Santiago de Compostela o 28 de outubro de 1979, leu o seguinte soneto:

CARTA A CELSO EMILIO, 

NOVAMENTE EMIGRADO

Celso Emilio, xa ves que hoxe che escribo

outra vez coas palabras de acotío.

0 correo anda mal, pero confío

que non se mostré o mandadeiro esquivo.

Eu quixera saber si ao teu arribo
non te levou volcán, vento nin
río. Mira que has defenderé, fío a
fío, o teu corpo de amor e sangue
vivo!

Por eiquí, todos ben e todos xuntos
non nos faltando mágoas nin
asuntos... Pois Celso, heiche de dar unha noticia:

Finouse o vran, o longo outono volve
e, mentras o teu nome nos envolve,

a dor de todo o mundo está en Galicia.9

 

FERREIRO MÍGUEZ, Celso Emilio (Celanova, 1912 - Vigo, 1979): A taberna do galo, 1978; A fronteira infinda, 1972; Longa noite de pedra, 1975, e Cimenterio privado. Seguido das can­tigas de escarneo e maldecir i o poema 'Os ausentes', 1978. Xosé María dedicoulle "A gavi­lla", unha das narracións de A pega rabilonga e outras historias de tesouros (1971). Na home-naxe ao ilustre celanovés celebrada en Santiago de Compostela o 28 de outubro de 1979, leu o seguinte soneto:

 

GONZÁLEZ PÉREZ, Clodio (Cenlle, 1947): Castelao: Cousas de nenos, limiar e escolma, 1976.

LAMAS CARVAJAL, Valentín (Fr. Marcos da Pórtela) (Ourense, 1849 - 1906): Catecismo do lóbrego, 1967. Coa edición facsimilar deste libro empeza a colección "O Moucho", do que se chegaron a tirar 15 edicións.

LORENZO FERNÁNDEZ, Xaquín (Ourense, 1907 - Lobeira, 1989): Refraneiro galego, 1983.

MÉNDEZ FERRÍN, Xosé L. (Ourense, 1938): Retorno a Tagen Ata, 1971. Xosé María publicou unha eloxiosa recensión en Grial (1967) verbo do traballo de Méndez Ferrín: Encol dun libro maxistral: O Cancioneiro de Pero Meogo. Encargoulle o limiar de Obras en Prosa e Verso de L. Amado Carballo, pero a compilación correu a cargo do editor que, como noutras publicacións, non consta para nada.10

 

Páxina seguinte >>>