Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

LETRAS GALEGAS 2008

Xosé Álvarez Blázquez

Xosé María Alvarez Blazquez


(1915-1985)
Poeta, novelista,
erudito, editor...
 

por Clodio González Pérez

   

 

Xosé María servíndolle viño a Álvaro Cunqueiro

 

Escolma de poesía medieval ( Vigo, 1952 )

Xosé Álvarez Blázquez

Escolma de poesía medieval.

Do s. XIV ó XIX ( Vigo, 1959 )

 

<<< Páxina anterior
 

Publica moitos artigos en diferentes medios de comunicación (revistas, prensa e radio), resumindo por último todo o seu saber sobre o pasado vigués en dúas grandes obras: La Ciudad y los días. Calendario histórico de Vigo (1960), e nos catro artigos inseridos no libro colectivo Vigo en su his­toria (1980): "Cuadros de Vigo en la Edad Media", "Vigo en el siglo XIX. De la antigua villa a la ciudad moderna", "La prensa periódica viguesa en el siglo XIX" e "Nómina de escritores vigueses".


Outra xeira verbo da que amosa interese dende novo é a da literatura popular de tradición oral, sendo unha das primeiras achegas o Cancioneiriño da Virxe (sae sen autor, pero sábese que o compi­lador foi el), publicado por Edicións Monterrei co

gallo do Ano Santo Mariano de 1954, no que non faltan algunhas cantigas referidas a virxes ou san­tuarios ourensans, empezando pola primeira, que non é popular, senón da súa autoría, xa que figura ao comezo como invocación:

Miña Virxe dos Milagros,

 que estás en Monte de

 Medo, da túa man non nos

 deixes a escritores e

 libreiros.

Das demais, escollemos só as seguintes:

Miña Virxe de Augas Santas
ten as culleras na fonte
para beber os romeiros que
vén cansados do monte.

A Señora do Cristal ten o
vestido bermello;
entrañe o sol pola porta,
relumbra como un
espello.

Miña Virxe dos Milagros
¡qué che foron levantar!
¡que tinas un borne
morto debaixo do teu altar!

Nosa Señora do Monte éXosé Álvarez Blázquez servindo a Álvaro Cunqueiro
madrina do meu Pepe;
tamén eu son afiliada do
Santo Cristo de Ourense.

Pero será a partir de 1964, ao fundar xunto eos seus irmáns Edicións Cástrelos, cando publique máis compilacións -moitas delas anónimas- coa preten­sión de dar a coñecer a nosa literatura popular (cantigas, refráns, ditos, cantares de cegó, lendas, etc.), nun intre en que xa empezaba a ser patrimonio case exclusivo das persoas maiores:

"O romance de 'Silvaniña' en Galiza e Portugal", Revista de Etnografía, Porto (1964).

"Literatura popular en torno a Pardo de Cela", Cuadernos de Estudios Gallegos (1965).

Cantos de Nadal, Aninovo e Reis (1967).

Refraneiro do vino. 505 sentenzas recollidas do pobo (1968).

Cantigas do vino. Recollidas do pobo (1968).

O libro do marisco (1969).

O libro da caza (1969).

Cantares de cegó (1972).

O libro do porco (1972).

Os nomes da térra. Recollidos do pobo -baixo o pseudónimo de Celso de Baión- (1976).


En 1968 volve ao ensino público, como profesor do Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro de Vigo, compaxinando este labor co da editorial ata 1979, en que por cuestións de saúde se ve obrigado contra a súa vontade a vender edicións Cástrelos á editorial Galaxia, pechándose así unha fructífera tempada de traballo a prol da nosa cultura e, en particular, da lingua.
Non deixa de participar en cantas empresas culturáis lie parecen de interese para Galiza, como a fun­dación do Museo do Pobo Galego: en 1976 asiste en Santiago de Compostela á xuntanza de constitución do padroado, na que é elixido vicepresidente, estan do tamén presente o día da inauguración do mesmo, o 29 de outubro de 1977.
O ano anterior á xubilación como profesor publica a súa derradeira obra: Alexandro Bóveda (1982), na que ademáis dos datos biográficos do ilustre ouren-sán fusilado o 17 de agosto de 1936, tamén recolle as súas vivencias como curmán e, sobre todo, como amigo.


Xosé María Álvarez Blázquez falece en Vigo o día 2 de marzo de 1985.

IV. O editor: autores ourensáns


Edicións Monterrei publica o primeiro libro en 1950, que é un de Xosé María, Roseira do teu mencer (1949-1950), ao que lie segué tamén no mesmo ano o dun ourensán, Augusto María Casas Blanco, Isa folla que vai pol-o río. Por certo, o derradeiro foi tamén doutro ourensán: O desengaño doprioiro de Ramón Otero Pedrayo (1962). Nos anos seguintes os irmáns Álvarez Blázquez acordan crear unha edito­rial máis forte, con posibilidades de poder publicar varias coleccións, e o nome escollido será o dun dos lugares emblemáticos da cidade de Vigo: o pazo-museo de Cástrelos ou -oficialmente- "Quiñones de León".


Vaise dar o caso curioso que os dous primeiros libros que publique Edicións Cástrelos sexan tamén de autores nados en Ourense ou na provincia: Los castillos de Xesús Taboada Chivite, e Los pazos de Xerardo Álvarez Gallego7. A popular colección "O Moucho" encétase cun autor da capital das Burgas: Fr. Marcos da Pórtela (Valentín Lamas Carvajal) e remata con outro nado en Castro Caldelas, Manuel Casado Nieto.


Mención especial merécea Santa Marta de Moreiras. Monografía dunha parroquia ourensán (1925-1935) (1969), de Xosé Ramón e Fernández-Oxea, dada a súa importancia para o estudo da nosa cultura popular, comparable ás que na mesma época publica o Seminario de Estudos Galegos sobre Calvos de Randín (1930), a Terra de Melide (1933) e a parroquia de Velle (1936).


En total, entre Edicións Monterrei e Edicións Cástrelos editaron arredor de 140 títulos, dos que de moitos se fixeron varias reimpresións, sendo o que máis o Catecismo do labrego de Fr. Marcos da Pórtela, converténdose dende entón nun dos nosos libros máis editados.

 

Páxina seguinte >>>