Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

LETRAS GALEGAS 2008

Xosé Álvarez Blázquez

Xosé María Alvarez Blazquez


(1915-1985)
Poeta, novelista,
erudito, editor...
 

por Clodio González Pérez

   

En el pueblo hay caras nuevas (Barcelona, 1945).

 

Poemas de ti e de min (Pontevedra, 1949).

 

  <<< Páxina anterior
 

Durante estes anos traballa arreo como investigador, en particular verbo da literatura medieval galego-portuguesa e a dos "sáculos escuros", é dicir, nos que a nosa lingua deixou de ser empregada polos escritores, pola administración e pola Igrexa. A esta época pertence a edición das poesías de Nicomedes Pastor Díaz, Égloga de Belmiro e Benigno e A Alborada (1951), a Escolma de poesía medieval I. Escola medieval galego-portuguesa (1952), Santo da barba dourada. Décimas ao Apóstol do crego M. Torrado (1953), Escolma de poesía medieval II. A poesía dos sáculos XIV a XIX (1959), e Martín Codax. Cantor del mar de Vigo (1962).Xosé Álvarez Blázquez
Publica traballos en revistas e xornais pero tampouco abandona a poesía: Cancioeiro de Monfero (1953) e Romance do pescador peleriño (1954). O primeiro consta que sae do prelo o 28 de decembro -festa dos Santos Inocentes- de 1953, afirmándose que os oito poemas se deben a trobadores e xograis galego-portugueses, uns coñecidos, como Fernand Esquió, Pero Amigo e Roí Paes de Ribela; outros descoñecidos (o xograr Riandino e Don Alvaro de Soutomor) e, por último, tres anónimos. A seriedade da presentación, a estructura e o léxico das obras, as notas aclara­torias do editor, así como a reproducción facsimilar da folla manuscrita de Fr. Ramón Pazos, o monxe do I que di que copiara o cancio-neiro en 1671, deu lugar a que varios especialistas no tema acollesen con alborozo I o gran achado..., ata que se descubriu que non era máis 1 que un calote do autor e : que por eso datara o colofón I o día dos Santos Inocentes, engadindo: sinalada festa I que a todos, máis ou menos, toca. O Cancioeiro í de Monfero constitúe unha | senlleira mostra da corren-[ te poética neotrobadoresca ou medievalizante en voga na época, ahondando como exemplo esta obra atribuida a Riandiño, iograr, que, pola semellanza do nome e a advocación relixiosa que se menciona, os que descoñecían a xénese do cancioneiro no primeiro que pensaron foi en debía ser natural de santa Comba de Rianxo:

Amigas, quando vier
meu amigo demandar
por mí, que vaia veer
se estarey ante o altar


de Santa Comba, ú m'él víu
o día que se partíu.


Quando quiser meu amigo
amigas, filiar perfía por
trebellar ora migo,Xosé Álvarez Blázquez
nembrádelli a romaría


de Santa Comba, ú [m'él víu]
o día que se partíu.

Amigas, digades quando
ora vos él preguntar,
veja se estarey chorando
dos olhos ante o al[tar]


de Santa Comba, [ ú m'él víu ]
o día que se partíu.

 

A estes mesmos anos pertence outro poemario: Canle segredo (1951-1953), galardoado co premio "Eduardo Pondal" do Centro Galego de Bos Aires, que non se publica ata 1976, feito que lie restará a importancia que tería de saír do prelo daquela, como di Xosé L. Méndez Ferrín:


[...] Se este libro fora publicado no tempo en que se rematou, ano 1953, fora seguramente sinal para un cambio de rumbo da poesía galega, que máis adiante se producirá -nunha dimensión de prosaísmo pouco válido- con Documentos personaes de Manuel María e os grandes libros de Celso Emilio Ferreiro [...] 6


Interésase pola historia de Vigo, sobre todo dende que no mes de marzo de 1953, sendo el daquela Comisario de Escavacións Arqueolóxicas da cidade, se descobren nun terreo da rúa Pontevedra unha ara e 29 estelas funerarias romanas, que se poden admi­rar dende entón no Museo Municipal "Quiñones de León" ou de Cástrelos.

Ao estudo deste conxunto, o máis senlleiro de Galiza e, quizáis, de toda a penín­sula, dedicou o relatorio "Hallazgo de estelas fune­rarias romanas en Vigo", presentado no III Congreso Nacional de Arqueología. Galicia, 1953, e o libro Inscripciones romanas de Galicia. Vigo, redactado en colaboración con Fermín Bouza Brey (1961).

 

Páxina seguinte >>>