Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

LETRAS GALEGAS 2008

Xosé Álvarez Blázquez

Xosé María Alvarez Blazquez

 

 


(1915-1985)
Poeta, novelista,
erudito, editor...
 

por Clodio González Pérez

   

 

 

III. Vigo: os anos de plenitude


A familia dicide en 1941 deixar Tüi e ins­talar a súa residencia en Vigo, para onde vén tamén Xosé María ao ano seguinte, logo de serlle concedida a excedencia voluntaria. Entre todos os irmáns mon­tan unha pequeña industria dedicada á fabricación de tella e ladrillo no lindeiro concello de Nigrán, que non vai ben, polo que ao pouco tempo pecha e teñen entón que procurar outros traballos.Xosé Álvarez Blázquez

Nin polo desterro zamorano, primeiro, nin logo por traballar na fábrica vai deixar de escribir, sobre todo narrativa, pertencendo a estes anos as novelas: El crimen de la isla verde (1941), En el pueblo hay caras nuevas (finalista do premio Nadal, a un só voto da obra ganadora, Nada de Carmen Laforet, 1945), Una cabana en el cielo (1952), Las estatuas no hablan (1955) e Crecen las aguas (premio de novela Pérez Galdós, 1955). Esta xeira pecharase definitivamente moitos anos despois con A pega rabilonga e outras historias de tesouros 1971).

En 1946 casa con María Luisa Cáccamo Frieben, nacendo do matrimonio seis fulos. Dous anos despois, xunto co inspector de ensino Luís Viñas Cortegoso, abren a "Almoeda Monterrei", dedicán­dose en adiante á adquisición e venda de libros vellos. En 1949 publica "Poemas de ti e de min" na colección "Benito Soto" de Pontevedra, un curioso libro no que se recollen dous poemarios co mesmo título dos irmáns Emilio e Xosé María, de xeito que segundo a capa, así será dun ou doutro. Xosé María dá a coñecer 24 poemas e Emilio só 16, todos en galego, acompañados das correspondentes biografías e o limiar, "Unha leda poesía", de Salvador Lorenzana (pseudónimo de Francisco Fernández del Riego), situado ñas follas centráis. Entre as composicións hai varias moi anteriores, listas xa en 1935 para publicar en Arco da vella, sobresaíndo aquelas que toman como modelo a lírica medieval, como esta dedicada a Xoán Vidal Martínez, cofundador con Díaz Herrera e Xosé María da revista ponteve-dresa Cristal, daquela mestre da escola pública de Nespereira (Pazos de Borbén):

 

IMAXE: Berro en lembranza dos herois de Carral (Pontevedra, 1934)

AMIGO

Pol-a estrada de
Pazos qué ledo vou,
ai, madre!, levando
as miñas costas un
fato de cantares.

Pol-a estrada de
Pazos, ai, madre!, qué
ledicia, co mar azur
embaixo i-o ceu azur
enriba.

Pois xa sabes, ai, madre!
, vou ver ao meu amigo e
rubo a longa encosta
ledo do meu camino.

Ledo do meu camino
de Pazos de Borbén,
ao meu amigo, ai
madre!, qué ledo
falaréi.

Mentres rubo que ruboXosé Álvarez Blázquez
-ai la-ri-la, la-ri-la-
penso no meu amigo,
ai, madrina!

A almoeda convertense en 1950 tamén no local de Edicions Monterrei, e o primeiro libro que publica vai ser un seu dedicado a "Colorín", a filia máis vella: Roseira do teu mencer, que empeza e remata con estas dúas estrofas de sabor medieval:

Eno nome de Dios e de Santa María

 i-o bieito San Xosé, que mui ben a quería;

 de Santa Liberata, de San Paio o neniño,

 e de noso señor Sant-Yago peleriño,

 quero poer aquí, a maneira de don,Xosé Álvarez Blázquez

 unhas trovas que eu fis de mui bo corazón.

 

A "roseira" vos dono que eu fis á miña nena,

 agora que aínda ten a figura pequeña,

 pra que a nembredes sempre na gracia diste día

 en que toda a ledicia do mundo lie cabía.

 Amigos e parentes que me queredes ben,

 e no nome de Dios Noso Señor. Amén.

 

Alexandre Bóveda nos anos de mozo de Amalia Álvarez Gallego, curmá de Xosé María.

 

Xosé Álvarez Blazquez

 

 

<<< Páxina anterior 

Páxina seguinte >>>