Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

LETRAS GALEGAS 2008

CLODIO GONZÁLEZ PÉREZ

Etnógrafo, historiador. Membro do Padroado do Museo do Pobo Galego, da ponencia de Antropoloxía Cultural do Consello da Cultura Galega, etc. É autor de numerosas publicacións especializadas. Ven de publicar na Editorial TOXO OUTOS Xosé María Álvarez Blázquez 1915-1985. Xosé Álvarez Blázquez

Xosé María Alvarez Blazquez


(1915-1985)
Poeta, novelista,
erudito, editor...
 

por Clodio González Pérez

  

I. Tui e Pontevedra: a nenez e a mocidade


Xosé María Alvarez Blazquez nace en Tüi o 4 de febreiro de 1915. Cursa o bacharelato por libre no Instituto de Pontevedra e Maxisterio como alumno oficial na Escola Normal da mesma cidade, por eso no "ínquérito" que lie fai Xosé Filgueira Valverde en 1935 para a Escolma da lírica galega contempo­ránea, coa que o Seminario de Estudos Galegos ía conmemorar o primeiro centenario do nacemento de Rosalía de Castro, o 24 de febreiro de 1937, di:


Vivín sempre en Tui e perto de catro anos en Pontevedra. Os meus lugares preferidos son tamén Tui e Pontevedra1Xosé Álvarez Blázquez.


Dende neno senté unha irresistible atracción pola literatura, tanto é así, que, segundo di no devandito "inquérito", fixen o pirmeiro [verso] aos 10 anos. Aos 15 dá a coñecer os primeiros en xornais, aos 17 publica o primeiro poemario castelán: Abril (1932), e xa traballaba noutro en galego, Arco da vella (1932-1934), que non chega a saír do prelo e, aínda que publicou algúns poemas posteriormente, o conxunto orixinal continúa inédito.

Os anos pontevedreses son moi activos: ademáis de estudar, fai poesía e dirixe xunto co poeta Xoán Vidal Martínez e Antonio Díaz Herrera a revista Cristal, da que se editan dez números, entre 1932 e 1933, colaborando na mesma 55 escritores e varios artistas gráficos, entre os que sobresae Federico García Lorca. Pola súa banda, Xosé María inseriu na mesma dez poemas: sete en castelán e tres en galego ("O merlo poeta", "Inmensidade" e "Romance do afiador"), e un curto texto castelán:

 

O MERLO POETA

Da gorxa
algareira do
merlo aldeán
fuxían as horas
xuntiñas das
mans.

Co-as suas
muiñeiras y-os seus
alalás a todal-as
merlas ia namorar.

N-a ponía d'un
albre do meu
salgueiral morreu o
poeta...

(¡N-o papo nin grau!...)

    Xosé Álvarez Blázquez

Xosé María aos 14 anos;

aos 15 publica os primeiros versos,

e aos 17 o primeiro poema-rio: Abril


(Arquivo da familia Alvarez-Cáccamo)

 
Tamén é na capital do Lérez onde fai os mellores amigos, sendo un dos principáis Alexandre Bóveda, que en 1930 casa coa súa curmá Amalia Álvarez Gallego, filia do seu tío e padrino Xerardo Álvarez Limeses. Moitos anos despois, xa na etapa derradei-ra da vida, dedicaralle unha emocionada biografía na que recoñece todo canto lie debía ao ourensán, dende que se afilia ás Mocedades Galeguistas en 1933, ata que o fai logo no Partido Galeguista, cando xa cumprira os 21 anos. Por consello seu pronuncia en 1933 o discurso conmemorativo do 88 cabodano dos fusilamentos de Carral, editado inmediatamente como folleto: Berro en lembranza dos herois de Carral, e publica o primeiro artigo en A Nosa Terra o ano seguinte. Álvarez Blázquez, en Alexandro Bóveda. Apunte biográfico (1982)2, máis que no curmán, fai fincapé na amizade entre ambos os dous, como mestre e alumno:

 

 

Conocín a Alexandro Bóveda en Pontevedra, no San Xoán de 1930, índome a examinar por libre do sexto curso de Bachillerato. Residía durante aqueles días na casa do meu tío e padrino Xerardo Álvarez Limeses, pai da miña curmá Amalia Álvarez Gallego, noiva de Alexandro. Os dous eran membros da Coral Polifónica de Pontevedra que dirixía Antonio Blanco Porto e prá que pintara Castelao uns belidos decorados con motivos de vitráis e rosetóns góticos.3

  Xosé Álvarez Blázquez

Xosé María Älvarez Blázquez, 1935

( Arquivo Histórico Universitario, Santiago de Compostela )

 

 

Por estes anos enceta tamén a xeira da narrativa coa novela Os ruíns, un conxunto de cinto pequeñas historias ou contos: "O anarquista", "O suicida", "O asesino", "O ladroeiro" e "O sátiro", que publica a revista Nos, no número especial correspondente aos meses de xullo-decembro de 1935, dedicado pola Asociación de Escritores de Galiza a Ánxel Casal Gosenxe: xerente da revista, fundador da Editorial Nos; editor patriota, intelixente e xene-roso, que botou ñas oito enfilacións dos ventos, co novo renacimento das nosas letras, as óptimas sementes do rexurdir da Patria. Casal, alcalde de Santiago de Compostela, será "paseado" ao pouco de comezar a Guerra Civil, aparecendo o seu cadáver nunha beirarrúa o 19 de agosto de 1936.

E, por último, ao mesmo tempo leva a termo as primeiras escavacións arqueolóxicas, descubrindo xunto con outros amigos o castro tudense da Guía, a mediados de decembro de 1934:


[...] Os achádegos do día son istes:
- Os dous machados de coarcita, tipo de améndoa che-llense atopados de camino ao castro.
- Uns vinte anacos de cerámica castrexa, con curva de cacharro.
- Meia duda de testos de boca e cus de cacharro.
- Dous anacos adubiados por incisión. [...]
- Un testo con novo adubío, duas liñas paralelas incin-didas e no meio outra de puntos.
- Unha duda de anacos de bocas de cacharros, algún de grande finura.
- Mais ahondo dous testos sinxelos, sen traballo gran­de de curva.
- Duas pequeñas chapas de ferro 4.



II. A traxedia da Guerra Civil


A primeira escola que rexe é a das Olivas (Tui), a curta distancia da súa casa, durante o curso 1935-36, acadan-do para o seguinte xa como propietario definitivo a de Coia (Vigo), da que non chega a tomar posesión pola sublevación militar franquista que estoura o 18 de xullo de 1936. Os anos seguin-tes serán os máis tristes da súa existencia: o 17 de agosto era pasado polas armas en Pontevedra seu curmán Alexandre Bóveda, o 30 de outubro seu pai en Tui, Darío Álvarez Limeses, co desgusto finaba aos poucos días un tío, Xosé Álvarez Limeses, en 1940 seu padrino e tío, Xerardo Álvarez Limeses, e seu irmán Celso Álvarez Blázquez...


Tampouco el se libra do castigo: perde o dereito sobre a escola de Coia, é sancionado con suspensión de emprego e soldó, e en 1938 destínano forzoso para a escola zamorana de Coreses. En 1940 laiábase así do seu desterro nunha "epístola" a Xoán Vidal, poeta e amigo dos anos de Pontevedra:


[...] Pues bien, me han echado fuera de Galicia,
porque no gozara de tanta delicia;
y porque era insana mi sed soñadora
me han puesto en el yermo campo de Zamora.
Aquí, donde puedes tender la mirada
sin que el campo sepa responderte nada
y solo te sirve tu interrogación
para hacerte lazos en el corazón,
como esos que suele lucir la guitarra
del mal estudiante que sale de farra [...] 5

 


Páxina seguinte >>>