Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Xosé María Díaz Castro

Homenaxeado Día das Letras 2014

Xosé María Díaz Castro
Xosé María Díaz Castro (1914 - 1989) é o homenaxeado do Día das Letras Galegas 2014, nado en Os Vilares de Parga, Guitiriz (Lugo). A RAG quixo facer coincidir a homaxe co centenario do seu nacemento. Foi autor de "Nimbos", de gran influencia na poesía galega contemporánea, unha obra madura, xa considerada un clásico da poesía galega, con pouco máis de medio século da súa publicación.
 

A segundo Alonso Montero este poeta foi "un políglota extraordinario", un poeta "patriótico" e autor dunha poesía da "cultura clásica".

Sinopsis biográfica

Ós 17 anos ingresou no Seminario Santa Catalina de Mondoñedo (aínda que non chegou a ordearse) e cando saíu en 1936, meses antes do comezo da Guerra Civil, e exerceu de profesor de Ensinanza Media en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). En 1948, xa licenciado en Filosofía e Letras, trasladouse a Madrid, onde exerceu a docencia e máis a traducción no Ministerio da Gobernación.

Tamén traballou no Consello Superior Científico e no Instituto de Cultura Hispánica. 

Foi enmarcado dentro da Xeración do 1936, xunto a poetas como Ricardo Carballo Calero, Celso Emilio Ferreiro e Aquilino Iglesia Alvariño; a súa poética clásica reflexiona sobre a existencia do ser humano,  a natureza e a religión ( fixo o seminario en Mondoñedo aíndo non o rematou ).

Obras feitas polo autor

Escribiu os primeiros versos ós 12 anos. Foi colaborador na revista "Lluvia de rosas" de Tarragona onde publicou o seu primeiro poema ós 16 anos.

Dende Madrid publicou a miúdo poemas na revista "Alba".

Coa aparición no tomo IV da Escolma da poesía galega (1955) de Francisco Fernández del Riego, prodúcese a súa consagración.

Publicou poemas e artigos de crítica e ensaio en xornais de Vilalba, Mondoñedo, Viveiro, Lugo, Pamplona, Vigo.

As revistas "Estafeta literaria" e "Ínsula" de Madrid tiveron a súa colaboración.

Publicou "Nascida dun sono" e "El cántico de la ciudad" ( 1946). Neste ano gañou os primeiros premios de poesía galega e castelá nos Xogos Florais de Betanzos (A Coruña).

En 1961 publica Nimbos, a súa obra máis importante .

Publicou, ademais, traduccións ó galego e ó castelán de poetas e prosistas europeos, multitude de poemas e os libros Sombra radiante e Mediodía.

O seu poema "Penélope" foi traducido ó francés na antoloxía Terre d'Espagne de Francoise Pechère e aparece a referencia crítica á súa obra na revista alemana "Humboldt".