Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Letras Galegas 2004 :    

Un defensor da nosa memoria, Xaquín Lorenzo "Xocas"

 

 por Olegario Sotelo Blanco 


publicado en Alborada, Decembro 2003, Barcelona, p.20

Xaquín Lorenzo "Xocas"

En vésperas do ano que a Real Academia Galega decidiu dedicarlle o Dia das Letras Galegas ao ilustre etnógrafo ourensán Xaquín Lorenzo Fernández, máis conecido como Xocas, resulta oportuno formular algunhas reflexiáns sobre a vida e a obra dun home que é a personificación máis clara da ponte entre os vellos tempos e os nosos dias. 

 

Pensemos que Xocas pertenceu ao grupo Nós, a xeración de intelectuais que, sen perder de vista o marco europeo, velou e traballou pala cultura galega, abrindo caminos polos que ainda transitamos moitos.



Pero sería un erro converter a Lorenzo Fernández nunha simple figura histórica asociada á Xeración Nós, ao Museo do Pobo Galego, aos seus traballos no campo da "cultura material" ou ao seu dilatado labor docente. O certo é que a súa obra segue vixente na medida en que transmite un grande amor por Galicia e a súa xente. E ese é o seu principal legado.


Eu desde sempre amosei interese pola aproximación antropolóxica á realidade do noso pobo, e Xocas, sempre optimista por certo respecto da capacidade de autoconservación do mundo rural galego, dicíame que a mellor maneira de conecer un país é pateándoo de arriba abaixo e falando cos seus honres e mulleres, conectando co seu tecido social, mais facéndoo dende o respecto e a curiosidade, nunca desde a prepotencia intelectual. Sempre me dicía que ninguén conece o campo tan ben como un campesino, ainda que non saiba ler nin escribir. El non amaba a investigación ou a ciencia, amaba directamente o país, os seus carros, as súas casas e, por suposto, a súa xente.


No seu día, co seu exemplo e consello, escribín a mina Antropoloxía Cultural da Terra
de Caldelas. Por suposto que tiven que me documentar, mais os piares básicos dese estudio foron os dezasete anos vividos nun mundo rural aínda na súa plena vitalidade e tal como o viviran durante centos de anos os meus devanceiros; as lembranzas da mina infância e, desde logo, os testemunos que, ao longo de dez anos, puiden recoller nas vilas, nas feiras e nas aldeas da comarca, no intento de salvagardar o que pode conterse en palabras daquela cultura milenaria e que medio século de modernización salvaxe arruinou.


Estou convencido de que Xocas tivo tamén ao longo da súa vida esa impresión de estar en contacto co máis auténtico do pobo galego, e por iso quixo tamén dar fe nas súas obras desa experiencia. Eu penso que aquel optimismo do que falabamos antes nace tamén do profundo cofiecemento da súa terra; certo que Xocas se enfrontou a certas dificultades como non dispor de ordenador ou duns medios de transporte e vias de comunicación adecuadas, pero a cambio tivo a grau vantaxe de vivir nun tempo no que as cousas acontecían dun xeito moito máis pausado, ao ritmo dos ciclos naturais, tal como sucederan sempre. Xocas tina a certeza de que podia retornar a calquera aldea que visitara dez anos antes e atopala esencialmente igual: os carpinteiros fabricando os mesmos carros ou arados, os canteiros coas ferramentas de toda a vida, os costumes e tradicións invariables dun ano ao outro.
Todo isto que coneceu e viviu Xocas desapareceu nos últimos anos, e tamén aquela sensación de imperturbabilidade do mundo rural galego. Hoxe eu mesmo teno a sensación de traballar contra o tempo, contra un tempo que implacablemente está transformando, cando non arruinando, realidades centenarias.


Mais o exemplo e o consello de Lorenzo Fernández seguen sendo válidos, máis se cabe precisamente polo que estamos denunciando, e dalgunha maneira seguir a tina e o método que el marcou, como o gran pioneiro que foi, representa un reconecemento á súa persoa e á súa obra.


Oxalá que a homenaxe que se Ile rende este ano vindeiro alente os novos investigadores a manteren viva esa actitude de entender e conservar, nin que sexa verbalmente, a nosa cultura tradicional. Cada vez é menos o que queda para conservar e, por iso, cada vez é máis imprescindible que xurdan novos Xocas que axuden á difícil tarefa de ir construíndo un país sobre os cimentos do que fomos, e non á sombra dunha modernidade de importación que serve na mesma mesa centolas e coca-colas. 



Fonte: Biblioteca Virtual Galega
 

       

Volver a:     Xocas, homenaxeado das Letras Galegas 2004