Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Letras Galegas 2004 : Xaquín Lorenzo, "Xocas"

     

A alimentación

Hórreo

«Fácilmente se enxerga que, estando a alimentación cinguida ós produtos da terra, tén que variar duns sitios a outros, non podendo ser igual o xantar do home da mariña que o do interior, nin o do val coma o da montana. Non embargantes, a mesma unidade xeográfica da nosa Terra dá un caracter común, que permete diferenciala doutras, á alimentación dos poboadores da Galiza.»


«A mantenza», en Os Oficios, pp. 289-290.



«Ó falar dos cultivos dise que son tres os graus que eiquí temos pra faguer pan: o millo, que é o máis corrente, o centeo, propio das comarcas outas, e o trigo, de producción moi limitada, sendo os fundamentás os dous primeiros.»


«O pan», en Os Oficios, p. 290.



«Normalmente, o campesiño fai no día tres comidas: almorzo, xantar e cea, mais nos tempos de traballo, especialmente no vran, engade outras dúas: a parva e a merenda.» 



«Comidas», en Os Oficios, p. 310.



«O elemento fundamental do xantar é o caldo, comido en cunca, que uns consomen ó comenzo e outros ó remate do xantar. Polo xeral tómase con pan de millo migado nil.
O caldo faise nun pote grande de ferro, que se enche de auga e na que se botan fabas; fáiselle lume e tense a ferver durante hora e meia; ó comenzar a ferver, engádeselle unto de porco; pasada a hora e meia, engádenselle, nabizas, nabos, grelos, xudías e berza galega, ben lavadas e pitadas; no mesmo intre pónselle tamén patacas en anacos miudos e bótaselle o sal que precise. Son moitos os que o espesan esmigallando algunhas patacas e xudías co unto cando están ben cocidas ou engadíndolle unha presa de fariña milla.»


«O caldo», en Os Oficios, pp. 312-313.



«Base de todo xantar na Galiza, compremento de tódolos pratos, e, ás veces, sustitutivo do pan, son as patacas. Non embargantes, é un alimento novo, que moi aixiña se popularizóu e que, se dúbida, ven ocupal-o posto doutro ou doutros, seguramente dos nabos e das castañas.»


«Patacas», en Os Oficios, pp. 322.




Fonte: Biblioteca Virtual Galega

       

 

 

Volver a:     Xocas, homenaxeado das Letras Galegas 2004