Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Xesús fala en Galicia

APARICIÓN DO NENO XESÚS E A VIRXE MARÍA EN PONTEVEDRA

Contexto histórico relixioso

Santa Dorotea naceu en Capadocia e morreu circa 300 da Era Cristiá en Caesarea Mazaca, decapitada por defender a súa fe. Camiño ó seu martirio Teófilo pediulle ironicamente no medio do cru inverno flores e mazás do xardín de Cristo e ela dixo que si, e un neno apareceulle mentres rezaba ante o seu inminente martirio, e deulle tres rosas e tres mazás, e pediulle á santa que as levara a Teófilo que ante o milagre converteuse ao cristianismo.

A Congregación das Irmás de Santa Dorotea foi instituída no Santuario de San Martiño en Albaro (Génova, Italia) pola relixiosa Paola Frassinetti e outras seis compañeiras, aprobada en 1838.

Expandiuse a orde e en 1866 abriron casas en Portugal e Brasil e en 1911 chegan a España, en 1934 a Angola e en 1960 a Mozambique e nos últimos anos á Arxentina, por mencionar aos paises de fala galaico-portuguesa ou de moita emigración galega.

A prol da revolución portuguesa do ano 1910 ( Primeira República Portuguesa) expúlsase do Portugal ás institucións relixiosas, comezando o éxodo das Irmás de Santa Dorotea a Bélxica, Suíza, Inglaterra e España, en Tui, onde se fala a mesma lingua ( galego e portugués son dúas variantes do galaico-portugués ). Fundan un colexio para nenas de familias portuguesas exiliadas pola revolución.

En 1911 fundan unha residencia para xoves que estudan na Escola de Maxisterio en Pontevedra na rúa Santa Clara. En 1918 trasládanse á Travesía de Isabel II onde funcionan a Residencia e o Colexio. Neste lugar chegaría Lucía de Jesús dos Santos (logo Sor Lucía) de Fátima e recibiría a visita da Virxe María como lle prometera en Fátima, Portugal.

Fátima foi a filla preferida do Profeta Mahoma, fundador do Islam, a cal, xunto con María, son dúas das mulleres máis importantes desta relixión. A lenda di que a muller que deu orixe ó nome do pobo en Portugal provén dunha princesa moura capturada xunto con moitas mulleres máis, polos cristiáns durante a Reconquista, e dada en matrimonio ao Conde de Ourém, ela aceptou o cristianismo e foi bautizada co nome de Oriana, e que o conde deu a esas terras o nome de Fátima en memoria aos seus antepasados.

O 13 de maio de 1917 en Cova de Iria, a Virxe María apareceu a tres nenos pastores: Lucía de Jesús dos Santos e os irmás Francisco e Jacinta Marto, que morreran logo das aparicións marianas.

 

Mariofanías e aparicións de Noso Señor

O 13 de xullo de 1917 en Fátima, a Virxe promete a Lucía unha nova visita: "virá pedir a consagración de Rusia ó meu Inmaculado Corazón e a Comunión reparadora dos primeiros sábados". Esta promesa cumprirase en Pontevedra, Galicia.

Logo de desexar por un tempo converterse en relixiosa, en 1925 aos dezaoito anos, Lucía remata nas Irmás de Santa Dorotea, ingresando coma postulante no convento da Orde en Pontevedra.

No 10 de decembro de 1925 apareceu novamente a Virxe a Lucía cumprindo a súa promesa, e a súa beira nunha nube luminosa suspendida o Neno Xesús. A Santísima Virxe poñéndolle unha man no ombreiro, amosoulle ao mesmo tempo na outra un Corazón arrodeado de espiñas e díxolle ao Neno Xesús: "ten compaixón do Corazón da túa Santísima Nai que está cuberto de espiñas que só homes ingratos contínuamente lle clavan, sen haber quen faga un acto de reparación para arrincárllellas". E logo dirixíndose a Lucía: "Mira, filliña, o meu Corazón, cercado de espiñas que os homes ingratos me clavan continuamente con blasfemias e ingratitudes. Ti, ao menos, procura consolarme e di que todos aqueles que durante cinco meses, no Primeiro sábado se confesen, reciban a Santa Comunión, recen a terceira parte do Rosario e me fagan 15 minutos de compaña, meditando nos 15 misterios do Rosario, coa fin de desagraviarme, eu prometo asistirlles na hora da morte con tódalas grazas necesarias para a salvación das súas almas"

 

O neno Xesús

O ano seguinte, 1926, Lucía conta unha nova aparición: "O día 15 ( de febreiro de 1926 ) andaba eu moi atarefada cos meus oficios e xa non me lembraba daquelo case nada e indo arrollar un cubo de lixo fóra da propiedade, onde algúns meses atrás tiña atopado un neno, lle tiña perguntado se sabía o AveMaría, tíñame respondido que si, lle dixen que a dixese para ouvirla eu, mais como non se resolvía a dicila só, díxena eu con el tres veces. Ao fin das tres Aves Marías, e pedinlle que a dixese só, pero se calou e non puido dicila só; pregunteille se sabía cal era a Igrexa de Santa María, respondeume que si; díxenlle que fose alí tódolos días e que dixese así: ¡ oh Nai miña do Ceo, dame o teu Fillo Xesús !
Ensineille isto e entrei na casa.

Nese día pois, o 15 de febreiro de 1926, vivindo eu alí como de costume, atopei un neno que me pareceu ser o mesmo e pregunteille entón ¿ pediches ao Neno Xesús á Nai do Ceo ?

O neno volta a min e di:

¿ E ti propagaches polo mundo aquelo que a Nai do Ceo che pidía ?

Dicindo isto transfórmase nun neno resplandeciente; coñecendo que era Xesús dixen:
Xesús meu, vós sabedes ben que o meu confesor me dixo na carta que vos lin; dicíame que era necesario que aquela visión se repetise, que houbese feitos para que fose críbel e que a Nai Superiora soa, para propagar ese feito, nada podía.

O Neno Xesus resposta: É verdade que a Nai Superiora soa nada pode pero coa miña gracia o pode todo e basta que o teu confesor che dé licencia e que a túa Superiora o diga para que sexa crido, aínda sen saberse a quen foi revelado.

Lucía: Pero o meu confesor dicía na carta que esta devoción no facía falla no mundo porque xa había moitas almas que os recibían nos Primeiros Sábados en honra da Nosa Señora e dos quinze misterios do Rosario

Xesús: É certo filliña que moitas almas os comezan pero poucas os acaban e que as que os rematan, é con fin de recibir as gracias que a eso están prometidas, pero me agradan máis as que fagan os Primeiros Sábados con fervor e coa fin de desagraviar ao Corazón da túa Nai do Ceo, a aqueles que fagan os quinze aínda que mornos e indiferentes.

Lucía pediu polas dificultades de confesarse en sábado que fose válida a confesión de oito días.

Xesús: Si, pode ser de moitos días máis aínda, con tal que, cando me reciban, estén en gracia e teñan a intención de desagraviar ao Inmaculado Corazón de María.

Lucía: Meu Xesús ¿ e as que esquezan ter esta intención ?

Xesús: Poden facela noutra confesión seguinte, aproveitando a primeira ocasión que tiveran para confesarse

E o Neno Xesús desapareceu.

Na noite do 29 ao 30 de maio de 1930 recebe esta resposta referida ás perguntas que lle fixera o confesor de Lucía:

Filliña, a razón é simple. Hai cinco tipos de ofensas ou blasfemias cometidas contra o Inmaculado Corazón de María:

Blasfemias contra a Inmaculada Concepción
Blasfemias contra a súa Virxinidade Perpétua
Blasfemias contra a súa Divina maternidade ao rexeitar, ao mesmo tempo, recoñecela coma a Nai dos homes
As blasfemias daqueles que tratan de sementar públicamente nos corazóns dos nenos indiferenza e desprezo, ou aínda odio por esta Nai Inmaculada
As ofensas daqueles que a aldraxan directamente nas súas Santas Imaxes

Alí, filiña, está a razón pola que o Inmaculado Corazón de María inspiroume a pedir este pequeno acto de reparación, e en consideración a él, a mover a Miña Misericordia para perdoar ás almas que tiñan a desgracia de ofendela. En canto a ti, procura incesantemente, polas túas oracións e sacrificios, mover a Miña Misericordia con esas pobres almas.

 

É moi chamativo o comportamento dos católicos no paso dos séculos; na Idade Media atópanse cos restos do apóstolo Sant Iácob ( Santiago ou San Xacobo ), Santiago o Maior, eríxese unha catredral en Compostela que chega ao ceo, é Patrono de Galicia e de España, peregrínase dende toda Europa no camiño de Santiago durante séculos ata hoxe, polos restos dun discípulo de Xesús e o Noso Señor Xesucristo, unha das Tres Persoas de Deus, aparece en Pontevedra e o feito no ten a trascendencia merecida.