Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Xavier Bóveda Pérez 


Xavier Bóveda Pérez

Bóveda Pérez, Xavier

(Gomesende 31-1-1898 - Madrid 31-10-1963)

Xornalista. En 1923 emigrou a Bos Aires onde colaborou en diversos medios xornalísticos como Caras y Caretas ou La Prensa.

Fundou o semanario Mundo Español (1923) e a revista Síntesis (1927).

Destacado conferenciante, entre as súas publicacións salientan:

El madrigal de las hermosas (1916),
Los poemas de los pinos (1922),
De los pazos gallegos (1922),
Canto a la raza gallega y versos de fe y de silencio (1923),
Penumbras (1923),
Galicia madre (1944) e
El perfecto optimista (1945).

En 1970 deuse a coñecer en Bos Aires o volume Antología poética de Xavier Bóveda, nunha edición de Néstor Astur Fernández.

Posibelmente unha das plumas máis xoves que rindiu tributo á figura e ao xenio literario de Valle Inclán foi a do escritor orensano Xavier Bóveda. Con dezaoito anos e recén chegado aos cenáculos de Madrid, compuxo unha serie de sonetos alexandrinos que, baixo o título "Don Ramón María del Valle-Inclán (Poema)", veron a luz ao ano seguinte na segunda parte do poemario "Epistolario romántico y espiritual. Rosario lírico y otros poemas".


Fuente: Enciclopedia Galega Universal , elpasajero.com