Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Xavier barreiro 

Xavier BarreiroXavier Barreiro, santiagués de nacemento e por residencia, é Técnico Superior de Restauración aínda que non exerce profesionalmente entre tixolas. Colaborador de varias asociacións gastronómicas e das revistas Aunios (Asoc. Cult. Pineiróns de O Grove), Raigame (Deputación de Ourense) e A Taboada (Asoc. Cult. O Meigallo de Cuntis e Moraña). Foi webmaster de gastromania.fiestras.com e colaborou en www.afuegolento.com. Ocasionalmente, publica artigos de gastronomía e cociña nun xornal galego.


Interesado na etnografía culinaria centrouse na gastronomía galega anterior ó século XX. As súas conclusións reflíctense na temática dos artigos publicados, que atinxen dende a cociña celta ata a cociña medieval en Galicia, os mil anos de gastronomía do Xacobeo, aspectos sociolóxicos da gastronomía e o vocabulario de cociña galega, sen esquecerse das receitas e da actualidade gastronómica. Firma algún artigo co alcume de Vitelio Cenlumes.


Os seus relatos gastronómicos de trasnos comecastañas foron premiados no “III Certame Literario Uxio Novoneyra” de Folgoso do Caurel (26 de setembro de 2002) e co segundo premio do “I Concurso de Escritor de Contos da Asociación Cultural Entre Lusco e Fusco” do Concello de Meis (24 de novembro de 2002).

En abril de 2004 gaña o premio "Vila de Arbo", pola publicación do seu artigo Refenda da lamprea e o Siñor Ninguién   no Diario de Arousa.(Ver noticia)

Debuxo de Besada, de O Grove

Autor do debuxo : Besada, de O Grove

Voltar ó Cultura gastronómica e etnografía galegas, a sección de Xavier Barreiro