Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

XANTAR DE TRASNOS NO MAGOSTO - A CORNICABRA

Xantar de trasnos no magosto

 por  

 

A Cornicabra

 

cornicabraUnha moza loira, moi fermosa e aínda non muller, vivía nun castro e perdeuse nunha fraga na procura de herbas mediciñais e andoas. Levaba xa tres días sen rumbo cando topou cunha fada metamorfoseada en cabuxa cun só corno cara abaixo que lle ofreceu ensinarlle o rueiro de volta, se non comía das castañas dun souto por onde tiña que pasar para chegar ó seu castro e prometía levarlle uns abruños. A rapaza aceptou agradecida e a fada díxolle que lle arrincara o corno porque el lle ía indicar por onde ir, e que se tiña fame ou sede tirara o corno ó chan e pensara en algo de comer, pois logo aparecería a comida á carón dil. A rapariga, coa ledicia de saber que voltaba para casa, pola fame e con frío, esqueceuse do que lle pedira a fada e prendeu un lume para asar castañas do souto, que eran moi grandes e moi saboridas. Despois fartouse de abruños e morangos que saíran do corno e sentiuse con forzas para reinicia-lo camiño de volta, entón decatouse do tremendo erro e da maldición que lle acababa de caer enriba. Dende aquela, a Cornicabra anda perdida polas fragas tentando atopa-lo castro onde chegou a vida ó seu corpo hai séculos. para desface-lo feitizo precísase dun mozo que apañe castañas do castiñeiro onde se faga o Xantar do Souto de Demos e llas ofreza á Cornicabra. A sabeduría popular, coñecedora da súa pesadume, bautizou co seu nome unha variedade de pera galega.

 

Agora, cada vez que pousa o corno no chan só saen cogumelos, e se pasa por un milleiral collen caruncho as mazarocas, ou cornecelo no caso do centeo. Cando Inzo, os Cirnos e algún Esparapapillado mudan de casa e topan coa Cornicabra quítanlle o corno de cabuxa e póñense a xogar á bilarda con il. Ese ano recóllense moitos e moi bos cogumelos. Quen a vexa no monte no outono sabe que vai topar andoas.

 

SEGUINTE

 

 


  Voltar ó "Xantar de trasnos no magosto" , INICIO

 

  Voltar ó Cultura gastronómica e etnografía galegas, a sección de Xavier Barreiro