Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

XANTAR DE TRASNOS NO MAGOSTO - CIRNOS

Xantar de trasnos no magosto

 por  

 

Cirnos

 

É unha mágoa que non sexan tan grandes coma nós porque coñecen o a arte do corte perfecto dos alimentos. Son tan pequenos que cortan as castañas frescas en cachiños, como se fose o despiece dun cocho, para comelas cociñadas do mesmo xeito que calquera carne. Teñen nome para cada parte da castaña: cerneira para a do medio, chavella a parte ancha, crivada é a zona do enxerimento, raboi é unha parte dura e grande, bacha é o cacho máis brando e máis apreciado. Algunha vez sálganas e fan crivada con grelos ou raboi con bertóns. Un bo Cirno devece polos ovos de vermes, en especial polo bugallo do carballo e polo coco (o verme da castaña). Teñen un saco de coiro de sapo onde gardan os ovos destes bechos para ilos sementando.

 

Ó esfolar unha castaña para partila non se ven e podemos tragalos sen enterarnos. Se isto lle sucede a un cativo, os Cirnos que engulleo inflarán unha bexiga do fel de denunciña que levan gardada, acóchanse aí dentro e poñeranse a criar lombrigas para comer dos ovos. Entón, ó cativo hínchalle o bandullo, perde o apetito e sinte as molestias dos vermes. Cando xa teñen ovos dabondo saen ó exterior do neno dun xeito natural e volven para un castiñeiro.

SEGUINTE

 

 


  Voltar ó "Xantar de trasnos no magosto" , INICIO

 

Voltar ó Cultura gastronómica e etnografía galegas, a sección de Xavier Barreiro