Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

XANTAR DE TRASNOS NO MAGOSTO - VILAGUDE

Xantar de trasnos no magosto  por  

 

Vilagude

 

 

De tódalas Damas da mitoloxía celta e galega Vilagude é a máis coñecida. Esta fada, que tamén é un anxo, vive cun demouchiño ruín, o Chapurros, que lle enche a cachoupa de trasnos larpeiros para darlles de comer día e noite durante toda a vida. A coitadiña non para de cociñar, nunca ten repouso na súa existencia para botar un suspiro. É afable, de bo corazón con todos e moi boa cociñeira, pero o seu don é a paciencia co trasno e trosmo do seu marido que todo lle rompe, enlórdalle a cociña, estrágalle a comida, non lle vai pola leña para o pote, mételle presa para cociñar e de cada vez lévalle máis diaños e meigas á casa que lle remexen todo para axexar dentro dos caixóns dos armarios. O Chapurros bérralle sen razón e trátaa moi mal chamándolle tróspira diante de todos, dicíndolle que non fai unha a dereitas, só lle deixa comer do peor que pasa pola adega e sempre metendo presa. Así e todo, ela séntese feliz e realizada cando ve a expresión de felicidade na faciana dos convidados. Devece por non ter que cociñar na casa e que a leven a comer fóra convidada.

 

Cando está soa na cociña baila e canta a redor da lareira que arrecende a gloria; cando aparece o Chapurros todo é vesania. Vilagude, o mesmo come o postre cos grelos con castañas que o leite coas cereixas, porque ó final todo se xunta no bandullo. Algunha vez, cando o demo tolo do marido vai podar castiñeiros pola raíz para que medren ó longo, libérase e vai xantar á casa dalgún cura ou doutras fadas. Así e todo, algún trasno compadécese dela e bótalle unha man na cociña. Quen come unha vez na compaña do Chapurros non repite tan noxenta experiencia: sorbe da cunca, fai uns ruidos moi estranos cando mastiga porque é un bocaaberta, esgarabella entre os dentes cun fumeiro dun carro mentres treme a mesa...

 

No Xantar de Trasnos, esta fada encárgase de servir e reparti-la comida para todos. Ó larpeiro do seu home esa noite non lle deixan sentarse á mesa nin cear, fanlle apaña-lo lixo que queda no lugar ó remate da festa, e tódolos convidados cando pasan perto dil farfullan: apura que che apuro, que che apuro, che apuro... ¡Chapurros!

 

vilaguide

 

 

SEGUINTE

 

 


  Voltar ó "Xantar de trasnos no magosto" , INICIO

 

  Voltar ó Cultura gastronómica e etnografía galegas, a sección de Xavier Barreiro