Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

XANTAR DE TRASNOS NO MAGOSTO - BUXIMES

Xantar de trasnos no magosto  por  

Buximes

 

De ter que definir un trasgo, deste só diríamos que é o máis larpeiro de cantos deambulan polas congostras galegas, como así tamén o único ó que se lle atopou un ara romana na súa honra. Sábese da súa presencia nas beiras de calquera balneario de Galicia que teña augas quentes ou hipocausto porque alí vai coce-las castañas e repousar, aproveitando a ocasión para facerlle calquera falcatruada ós bañistas. Anda moito na compaña do buximesSarreaus e do Sorisco falador, que moran no Monte do Oso, perto de Mondoñedo, a nosa Britonia.

 

Buximes ten un bandullo como un saco sen fondo, un celoma no que garda toda a comida que apaña nas casas onde fai trasnadas, e cando o ten cheo se pon a xantar enriba dun carballo ou dun acivro. para escolle-la casa onde vai morar pescuda na cociña e na adega na procura de xamóns, castañas, viño e outras viandas do seu parecer. De noite axexa na lareira as sobras do pote, se non atopa nada para entrete-lo bandullo vai onde os meniños da casa e sórbelles anacos de saúde provocándolles o abantuxo, o anganido ou calquera outro mal de aire.

 

A noite antes da boda aparéceselles ás noivas pedíndolles que o inviten á festa ou que lle deixen comida na casa. De non facelo, Buximes e moi capaz de estragárlle-lo traxe da boda e o que sería peor, a comida, para que os invitados ó convite pasen fame e os noivos vergoña. Noutros encontros de consecuencias menos graves, este demo desperta á futura sogra da noiva e ofrécelle comer unha lesma que lle pon diante dos fuciños.

 

SEGUINTE

 

 

 

  Voltar ó "Xantar de trasnos no magosto" , INICIO

 

  Voltar ó Cultura gastronómica e etnografía galegas, a sección de Xavier Barreiro