Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

XANTAR DE TRASNOS NO MAGOSTO - O ZARRABULLO

Xantar de trasnos no magosto

 por  

 

O Zarrabullo

 

Entra no corpo dun galo e ponse a galear con tódalas galiñas e pitas para que non queden chocas, agás se son maniñas, negras ou xa non poñen. Cando as galiñas mudan a pluma, ou en vésperas dunha festa na que se vai come-lo galo guisado con arroz e castañas, convértese en Inzo ou Cirno; algunha vez fai de arroallo ou de cachán. zarrabulloDe haber outro galo no curral pelexa con il e sempre lle gaña.

 

A sona de maligno vénlle a este trasno pola teima de entorpece-la laboura dun boi cando lle levan unha vaca rubia galega para perpetua-la especie. Hai anos, antes de xeralizarse o costume da inseminación artificial, para escorrenta-lo Zarrabullo as nosas mulleres levaban a vaca ó boi despois de pasarlle un feixe de toxos sen chorimas polo lombo; tamén se lle ataba un rosario de zonchos, castañas cocidas coa casca, na gorxa ou nun corno. Mentres o touro fecundaba á Marela, á Cuca ou á Gallarda, as mulleres máis vellas, polo tanto moi sabias, non deixaban de barbullar puxe, puxe, puxe..., como se fose unha copla, na creencia de que así o demochiño non podía facer uso dos seus encantos e a vaca empreñaría.

 

SEGUINTE

 

 

 

 

 

  Voltar ó "Xantar de trasnos no magosto" , INICIO

 

  Voltar ó Cultura gastronómica e etnografía galegas, a sección de Xavier Barreiro