Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

XANTAR DE TRASNOS NO MAGOSTO - ABUNDIA O VERANDIA

Xantar de trasnos no magosto  por  

 

Abundia e Verandia

 

Estas meigas sempre van xuntas e aparécense por separado, pero ¡ollo co orden no que se aparecen! Abundia é gorda como un bocoi de duascentas olas e ten unha voz melosa, entrecortada cunha especie de rechouchío que recorda ó do caldo fervendo, coma reiseñor en fraga enmeigada. Verandia é a fame personificada, un bullo dun piñeiro cheo de osos e pelexos que ten unha tonalidade na voz como o repenique dun pote baleiro. Ó aparecérsenos Abundia para ofrecernos castañas debemos collelas para darllas a Verandia, e se non aparece esta última podemos deixalas no esmoleiro dun Peto de Ánimas ó pé dun cruceiro. Cando o encontro ten lugar con Verandia primeiro, vainos pedir castañas, en troques é mester ofrecerlle fiuncho ou névodas para que as coza mentres lle recitámo-la proclama:

 

 

Fiuncho que fostes nado

e non fostes transplantado,

coce as castañas desta meiga

fóra da miña lareira.

Bendícelo Dios e comémolo nós,

por la Virgen María y el Espíritu Santo.

 

Dito o cal, ¡San Silvestre, meigas fóra! De non facelo así corrémolo risco de ter que estar alimentándoa moitos anos. Cando topemos con Abundia podemos aproveitar para preguntarlle canta receita ou truco de cociña se nos antolle, sábeos todos. Se ela pensa que somos de bo corazón ou bos cociñeiros, vainos facer unha pregunta, e se acertamos é posible que nos agasalle cunha pilonga de ouro. Verandia, como mala cociñeira, cando cociña ela soa escatima no aceite, busca o máis económicamente razoable sen importarlle se está podre ou ten prións, fai as comidas crúas e salgadas, e agora din que usa o microondas para as castañas. É a cociñeira preferida por Donai, o señor dos infernos. No Magosto do Souto de Demos son as cociñeiras, e moi boas, de todo canto se come nesa festa. Coñecen os segredos da cociña galega e algún máis. Sementan no monte canta herballada usamos na cociña. para topalas: ó pé dun loureiro de seis gaias ten a súa parada un lugar.

 

SEGUINTE

 

 

 

  Voltar ó "Xantar de trasnos no magosto" , INICIO

 

  Voltar ó Cultura gastronómica e etnografía galegas, a sección de Xavier Barreiro