Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Camino de Santiago

Volver...

por Teresa MÁRQUEZ SANMARTÍN

Publicado en el boletín de la Asociación Valenciana de amigos del Camino de Santiago, 2002.

Ligón de Arzúa



Volver á terra, volver ó camiño. Retoma-lo vieiro algunha vez perdido. Atopa-lo rumbo. Segui-los sinais que ás veces se agochan.

Volver implica, quizais, perder e atopar. Polos opostos dunha mesma acción, que nalgún tempo han de tocarse, coma o día e a noite, coma o ceo e a terra, copulando as súas forzas e recobrando o sentido.

Cando estaba por deixar Arxentina, unha das miñas alumnas díxome, sen ton de reproche: "Deberías escribir sobre a túa decisión de deixar este país que tanto che dou".

A idea ficou latexando pero custábame. Hoxe, a un mes de ter chegado, podo poñerme a escribir algo. Meses antes de partir, cando a decisión estaba tomada, ideas, pensamentos e lembranzas amoreábanse na miña mente. Pasado, presente e futuro mesturábanse sen descanso.

Unha e outra vez acudían os recordos da miña infancia. Daquel afastado setembro, cando o barco levaba áncoras dende o porto de Marín, cara ó novo mundo, cargado de soños, de esperanzas, máis a mágoa das despedidas.

Cóntame miña nai que aprendín a camiñar nesa viaxe. ¡Bo inicio para unha peregrina errante! ¿Será por iso que me custa tanto botar raíces nalgún paraxe? Meus pais souberon transmitirme o amor pola terra e medrei coa nostalxia da distancia. Transitei por moitos camiños, pedras e vales, ríos e montañas; sementando e colleitando; moldeando o meu tempero, agudizando o meu enxeño; aceptando o que a vida me foi dando.
Sempre soñei con volver á miña terra, vivir uns anos, deixar as miñas pegadas; mirando cara adiante, coma no Camiño de Santiago, segura de chegar á meta, ó meu "Santiago". 

O 25 de outubro do 2002 aterrei en Valencia. Unha vez máis comprobo que os soños se cumpren cando non se deixa de soña-los.

No ano 2000 camiñei a Santiago. ¡Outro soño cumprido! Dende entón non podo deixar de comparar a miña vida co Camiño. Subidas e baixadas; encontros e despedidas; dores e ledicias; soidades e presencia divina.
Quen non comprenda a súa vida que camiñe a Santiago e poderá vela sen mentiras. Porque o Camiño amosa, reafirma, enaltece, reconforta, contén, acubilla, comprende, perdoa. O Camiño ensinoume a mirar cara atrás sen a dor polo que se vai deixando, atesourando recordos moi preto da alma.

Agora teño unha nova terra, afastada e moi querida: ¡Arxentina! Arxentina non me botou, despediume co máis tenro aperta, como a un dos seus fillos.

Sinto que España recibiume da mesma maneira, co afectuoso aperta que se lle dá ó fillo cando retorna.
Teño un soño novo: borrar da miña vida tempos, distancias e fronteiras.



¡Ultreia! Bo Camiño...

- Versión en castelán

--Queremos agradecer á profesora Teresa Márquez Sanmartín por achegarnos este material.
  Para contactarse coa autora podedes facelo a : peregrinosdelcamino@yahoo.com.ar

Volver a:  Experiencias do camiño