Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Virxina Pereira


Este fragmento, sobre esta extraordinaria muller, forma parte dunha carta escribida en Bos Aires polo galeguista Rodolfo Prada o día 20 de febreiro de 1950 dirixida a Ramón Otero Pedraio en Galicia, trala morte de Castelao o día 7 de xaneiro dese ano

Virxinia Pereira"No Sanatorio do "Centro Gallego" asináronlle a millor sáa, na que ficóu, coa compaña de Virxinia día e noite. ¡Virxinia...: santa, valerosa, estraordinaria muller! Non pode haber verbas dabondo espresivas pra daren idea de cómo coidóu ao seu Danieliño..., como decote ela lle chamaba. ¡Con qué ternura, con qué adicación, con qué desvelo, con qué subrime abnegación! Ela daba a sensación ser pra Castelao todo canto pode ser unha muller: esposa, nai, filla, irmá, amiga. Todos eses aspectos, con tódolos sentimentos, con tódalas características, dábanse nela nos longos e tristeiros días da súa enfermedade. De xeito, pois, que el tivo a ledicia de se sentir agarimado e consolado pola fidelidade e a paixón da esposa, pola ternura e mimosidade da nai, pola querendosidade das irmás, polo amor da filla, pola afeituosidade dunha amiga...

E ademáis foi o seu anxo tutelar. Con maravillosa forteza de ánimo afogaba as súas angurias diante del, pra lle aforrar sofrimentos, pra lle manter acendidas as ilusións de millorar. ¡Deus manifestóulle ao noso Castelao a súa predileción, percurándolle a compaña de tan santa muller! O casamento que o 19 de outono do 1912 consagróu na eirexa da Estrada o ilustre crego e poeta ourensán Antón Rey Soto, foi perfeito. Castelao e Virxinia estiveron forte e garimosamente xunguidos nas boas e nas malas, como Deus o manda. No longo ano que duróu a enfermedade de Castelao, práticamente Virxinia non durmiu máis de dúas horas seguidas. Era un permanente desvelo... Un deitarse un potíco i erguerse deseguida... Unha másima pun- tualidade en lle adeministrar as meiciñas, no ponerl1e as inxecións, no darlle os alimentos, no arranxarlle a miudo o leito e as almofadas pra lle percurar posturas de sosego e alivio... Foron vás as nosas constantes insistencias de lle poner unha criada, pra lle poñer unha enfermeira de noite. Foron vás os ofrecimentos, reiterados i enérxicos da miña muller, da muller do bó e gran irmán Abraira e de outras amigas, pra se relevaren en lle axudar nos traballos do fogar, pra se quedar de noite a fin de que ela poidera descansar algo... ¡Inútil, inútil! Non ademitía ren. Todo o tiña que facer ela: a comidiña pra Castelao tíñana que preparar as súas mans, e as súas mans tíñanlla que dar na boquiña, e tíñanlle que dar as meiciñas e as inxecións... E o mesmo foi no Sanatorio, nos poucos días que alí sobrevivíu. Por todo elo -aparte de ter sido a súa manífica compañeira na noitada do esilio por Francia, por New York, pola Habana e por Buenos Aires-, Virxinia é pra nós persoa sagra que terá o noso agarimo, a nosa ademiración e a nosa gratitude namentras viva. E terá de o ser pra tódolos bós galegos e pra Galicia. ¡E Deus ha de a abenzoar e protexela sempre!

 

Fonte de información: www.museocastelao.org

VOLTAR A MULLERES GALEGAS