Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Antón Villar Ponte - Pensamento e sementeira 

Villar Ponte( Leiciós de patriotismo galego )

Ediciones Galicia del Centro Gallego de Buenos Aires, Instituto Argentino de Cultura Gallega

A BURRA BRANCA DOS CACIQUES SOSTITUTOS 

Ten razón dabondo o noso xenial Castelao. O falar de loita anticaciquil na Galiza cáseque sempre é falar dunha loita pra trocar unhos caciques por outros. 

Galiza, neste senso, áchase moi lonxe da sua redenzón. Fúxense unhos caciques e sostitúiennos outros. E a nosa terra sigue sendo campo, de esperimentación verdadeiro coenlliño de India, e tódalas cobizas dos políticos de Madrí. 

Din os xornás que o pauto da concentración rompeuse na maoría das provincias da Hespaña, pro que nas provincias galegas mantense aínda o pauto eleitoral feito polos siñores Bugallal, Garcia Prieto, Conde de Romanones e Gasset. 

Isto é exemprar. Coma e exemprar tamén que ó se murchar o mangoneio do riestrismo, como murchárase o do besadismo, pobos cal Santiago e Lugo, empresten a sua inconscenza pra ergueren un novo siñor feudal políticao acugulados de entusiasmo. A virreis mortos, virreis postos. Os vilegos como as, arráns da fábula, sempre a pidiren rei. García ou Rodriguez ¿qué máis dá? 

O vileguismo deshonora a Galiza. O vileguismo ten por bós políticos a aqués que mercan a sua inconscenza cun xeito de favore a conta dos cartos do presuposto. Quen lles deu ós nosos vilegos un edificio ou un asfaltado de ruas e unhos empreguiños xa pode eseravizalos como lle pete. 

Por Lugo, por Santiago e por outros pobos pasa a cotío na maor indiferenza das xentes os nosos poetas, os nosos pensadores, os nosos artistas. Pro os políticos pasan sempre entre palmas, de acabalo da burra branca popular, sin que teñan en ningures vernes de pasión despois do trunfal domingo de Ramos.

E isos políticos son os culpabres de que Galiza sexa un feudo do centralislno, son os colonizadores da terra, son os que deixan que as carnes da Arxentina veñan a Hespaña con grave perxuicio da gandeiría galega e que os trigueiros da meseta poidan privárennos do millo pras nosas industrias ruraes e que as nosas conservas cáseque non poidan atopar mercados na Penínsua; son os que consentiron sernpre que teñamos menos kilómetros de liñas de ferro que ningunha outra rexión hespañola, e por rnor dos que o sangue dos labregos verteuse moitas veces, na meirande das impunidades. Son os que, coma ninguén, traballan para nos arrincaren a propia ialma e a propia cultura a benficio do seu medro que depende da continuación da asoballadora hexemonía castelán. 

¿ Onde está o noso profeta dos tronos ?  Dixo unha vez o patriano Murguía: "O día que nós estalemos, Galiza á de ser o terror da Hespaña e o asombro do mundo, porque o noso probrema, inda máis que legítimas esperanzas é descentralización, é liquidación de agravios, de aldraxes, de abafamentos e de carraxes." 

Pro a profecía do patriano anda lonxe de se comprire. As vilas ,cada vez tratan de adormentaren máis o campo. Os parvos vilegos coma cas de merenda andan a lamberen as maus dos que lles oferecen pan inda que lles chamen cans. E os  montañeses e mariñáns inda se non decataron de que non han ficar libres, rnentres non pensen en non deixar pedra en col de pedra nas urbes maldizoadas e sin ialma. Isas urbes que acollen ós que veñen a erguer novos feudos políticos onde outros caíron, cando "GALIZA NON RECOLLE DO ESTADO NIN UN CINCO POR CENTO DO QUE ELA TRIBUTA MISERABRE TANTO POR CENTO QUE REPARTEN ANTRE ELES UNHOS CANTOS CACIQUES PRA ENGAIOLAR OS VILEGOS"; isas urbes merecen a purificación neroniana. Todo o meu grande amore á terra trócase en fonda xenreira pra ese vileguismo noxento, a burra branca, sempre disposta a soportar políticos cobizosos nos seus lornbos. Eu dígovos en verdade: o vileguisrno, " voilá l'enemie "