Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Antón Villar Ponte

Tan pouco recoñecido como importante, quizabes máis que Castelao, Antón Villar Ponte foi o pilar da Galiza moderna. 

Ler o seu libro Pensamento e sementeira é entender os problemas de Galiza de onte e de hoxe.  

Biografía. 
Antón Villar Ponte ANTON VILLAR PONTE foi, quizáis, o xornalista galego de meirande siñificado na época contemporánea. Naceu na vila luguesa de Viveiro o 2 de outono de 1881 e finouse na Cruña o 4 de marzo de 1936. 

 

Fixo os estudos da carreira de Farmacia na Universidade Compostelá. Exerceu despois a profesión na vila mariñeira de Foz, e alí encetou as suas actividades literarias ao servicio de Galiza, que se non interrumpirían endexamáis. 

 

No ano 1911 orgaizóu en Viveiro a conmemoración do Centenario do poeta romántico viveirense Nicomedes Pastor Díaz que acadou gran resoancia. Pero a vocación de Villar Ponte era a do xornalismo. O seu primeiro artigo publicóuno nun semanario vilego que levaba o flamante tíduo de "Nueva Brisa". En percura de novos hourizontes marchou a Madrí onde aituóu no xornal "El País". 

 

Pouco despois emigróu a Cuba. Alí fixo periodismo en Camagüey dirixindo un semanario. Logo trasladóuse a Habana -onde vivíu varios anos- desempeñando a Xefatura de Redación, e a Direición despois, do "Diario Español". Tamén dirixíu alí as revistas "Follas Novas" e "Alma Gallega". No Centro Gallego da Habana pronuncióu notábel discurso encol do Lema "Orientacións". 

 

De regreso na Galiza en 1916, radicóuse na Cruña onde foi desenrolando o máis intenso e fecundo das suas tarefas periodísticas. 

 

Foi presidente da "Asociación de la Prensa de La Coruña", membro do Seminario de Estudos Galegos de Compostela e Correspondente da R. Academia Galega á que ingresóu como Académico de Número o 24 de Xulio de 1934 en solene sesión na que deu leitura a brilantísimo discurso titulado "O sentimento liberal na Galiza" o cal foi contestado polo ilustre académico Don Ramón Otero Pedrayo. 

 

Villar Ponte sucedéu, no sillón corporativo asinalado co número 12, a quen fora esgrevio escritor e poeta galego i eminente arcebispo de Compostela Don Manoel Lago González. 

 

Levado, ao igoal que Castelao, máis pola paixón de traballar por Galiza que por vocazón, incursionóu na política. Foi unha curta tempada concellal do Axuntamento da Cruña. Procramada a Repúbrica, a O.R.G.A. (Orgaización Repubricán Galega) que, axudara a formar, o levóu de diputado as Cortes Constituíntes de 1931. 

 

Voltou a ser elexido diputado as Cortes da Repúbrica Hespañola nas eieiciós de febreiro de 1936, mais non chegou a tomar posesión, pois morréu nos mes de marzal seguinte. 

 

Como escritor destaca o seu teatro social e galeguista. No 1905 escribiu a sua primeira obra de teatro, A patria do labrego.

 

Emigrou temporalmente á Habana, onde traballou como periodista, e á súa volta promoveu no ano 1916 a creación das Irmandades da fala e de A nosa terra, o seu órgano de expresión. 

 

Pouco despois publicou varias obras políticas coma: Nacionalismo no 1916; Doctrina nacionalista no 1921; Resumen de historia de Galicia no 1927; e unha de teatro que tiña por título Almas mortas, esta última publicouna no 1922. 

 

Foi deputado nas Cortes Constituíntes de 1931, e escribiu o Breviario de autonomía no ano 1933, Os Evanxeos da risa absoluta no ano 1934 e Noutumio de medo e morto no ano 1935. 

 

No 1936 foi novamente elexido deputado nas cortes.

Casa dos irmáns Villar Ponte

En 1916 na casa número 38 da rúa Real (A Coruña) 

dos irmáns Antón e Ramón Vilar Ponte créanse "As Irmandades da Fala"

 

Fonte :   Letras Galegas  e Pensamento e sementeira, leiciós de patriotismo galego - Ediciones Galicia - Centro Gallego de Buenos Aires - Instituto Argentino de Cultura gallega