Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Antón Villar Ponte - Pensamento e sementeira 

  Villar Ponte( Leiciós de patriotismo galego )

 

 

Ediciones Galicia del Centro Gallego de Buenos Aires, Instituto Argentino de Cultura Gallega

Discursos a Nazón Galega 

 

Con iste tíduo tefío feito un feixe de artigos que axiña imprentarei nun libriño, chamado, non a conquerir soa, senón a suxerir aos nazonalistas da miña patria ideias que eles logo con máis xeito e autoridade desenrolarán compridamente. Coido chegado o momento de que o pensamento do galeguismo novecentista se concrete en sínteses afirmadoras fillas do análisis que dende fai dous longos anos vimos realizando os "bós e xenerosos". 

¡Oh, o económico ! Para tódolos galegos sin senso propio ou servos do centralismo que agora falan de autonomía, o económico é o importante. E as xentes caciques da banda de Vigo, principalmente, ao falaren do económico poñen os ollos en branco, coidándose seres superiores porque son prácticos, ¡Pobres sepulcros branquexados! ¡Pobres analfabetos do idealismo! Pero ¿existe o económico en si? ¿Existe o económico máis que coma meio? ¿A industria e o comercio son outra cousa que organizaciós do material para as facilidades da vida material? ¿Pódese fundar unha aristocracia no económico? O vulgar fabricante de champagne, por citar un exemplo, ¿qué valor tería si o mundanismo frívolo non tivese poetizado o licor escumoso? O económico e vagón de cárrega que, arrastra a locomotora do idealismo. A teoría filla da especulación, e denantes que a práctica. Colón, un tolo, un ideolóxico, é copartícipe de tódolos negocios materiás relacionados con América. E Colón non tiña nociós de economía. 0 idealismo, único impulsor da vida dos pobos, fica por riba das leises da oferta e da de manda. O económico, somente concíbese coma meio pra fins espritoás. O un concepto limitado. Cando comer, beber e vestir, sexan ideaes e non necesidás zoolóxicas, terán razón os da economía a secas. Namentras isto non ocurra, bailarán ao son do pandeiro idealista. Queiran ou non.