Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Antón Villar Ponte - Pensamento e sementeira

Villar Ponte( Leiciós de patriotismo galego )

Ediciones Galicia del Centro Gallego de Buenos Aires, Instituto Argentino de Cultura Gallega

Da patria, do nazonalísmo e da cultura 


Os paises son expresiós xeográficas e os Estados equilibrios de instituciós. Unha patria é moito máis aínda, e outra cousa: sincronismo do esprito e do corazón; uniformidade para o esforzo e disposición somellante para o sacrificio; comunidade nas arelas de grandeza, nas vergoñas da humillación e no desexo da groria. Cando falta isto non hai patria, e non pode habela; a patria xurde nos ensonos comúns e nas comúns espranzas; non areláremos xuntos grandes cousas e sintírmonos decididos a realizarlas, tendo a seguridade de que ao camiñar todos tras un ideal, ninguén ficará no meio da estrada contando os cartos. A patria é a solidaridade sentimental da raza, e máis nada. 

O da nazonalidade e un concepto modemo. A cultura é a millor e máis forte cimento da nazonalidade. Sin a cultura os homes non chegan, endebén, a poseeren o verdadeiro sentimento de patria. Somente, pois, no nome da incultura, pode combatírsevos, hirmáns nazonalistas. E vede de que maneira sinxela, con que xeito tan doado, un pensador arxentino, José Ingenieros, nos ten dado a razón. "Non abonda acumular riqueza -dí éle- para crear unha patria: Cartago o non foi. Era unha empresa. As minas, os bós portos, as industrias e as chuvias fan de calquer país un rico emporio; percísanse ideás de cultura para que nele haxa unha patria. Se rebaixa o valor diste concepto cando aprícaselle a países que caren de unidade moral, máis somellantes a fautorías de logreiros, autóctonos i exóticos, que a fatos de soñadores cuio ideal pareza un arco tendido hacia un ouxetivo de dinificación común. A patria ten intermitenzas; deixa de selo en certas épocas de rebaixamento, cando se esmorece todo afán de culturas érguense víl apetitos de enriquecimento. E o romedio contra desas crisis da cultura non está no fetichismo do pasado (señores académicos) senón na sementeira do porvire, concurrindo todo a crear un novo ambente moral axeitado a toda culminación da virtude, do inxenio, do carácter. Cando non hai patria, non pode existir nazonalismo. Este sentimento colectivo só e posibel na medida que sinala o latexar unísono dos corazós. Namentras un pais non é patria, os seus habitantes non constituien unha nazón. O celo da nazonalidade só existe nos que se teñen sentido apaixoados para persiguiren un mesmo ideal. Por iso é mais fondo e puxente nos cerebros outos. A cativa capacidade de ideás, impide os espritos bastos veren no patriotismo un outo ideal; os tránsfugas da moral, alleos a sociedade en que viven, non poden concebilo; os escravos e os servos, teñen, apenas, un país natal.. Sé o home dino e libre pode ter unha patria. Pode tela; a non ten sempre, pois hai tempos en que só existe na imaxinación de poucos: uns dez, quizáis algún cento de elexidos. Ela está entón nese ponto ideal onde converxe a aspiración dos millores, de cantos síntenna sin medrar de oficio galgando na política. Antre eses poucos está entón a nazonalidade e latexa o nazonalismo; mantéñense alleos ao seu afán millas de habitantes que xantan e lucran no país. O sentimento erguidor nasce en moitos soñadores novos; pero permanece rudimentario ou se esmorece na decadenza común, en poucos elexidos chega a ser domiñante, antepándose a pequenas e cativas tentaciós de piara ou cofradería. Cando os intreses venás sobrepóñense ao ideal dos espritos cultos, que costituen a alma de unha nazón, o sentimento nazonal dexenera e se apodrece; a patria é explotada coma una industria. Cando se vive fartando groseiros apetitos e ninguén pensa que no canto de un poeta ou na reflexión de un filósofo pode estar unha partícula da groria común, a nazón afúndase. Os cibdadáns volven a condición de habitantes, A patria a de país.

Cando a miseria asola un país, culpa é de tódolos que por falla de cultura e de ideial non souberon amalo como patria; de tódolos que viviron dela sin traballaren para ela.