Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Anaco de Viaxe ao País dos Ananos, de Celso Emilio Ferreiro.

Agradecemos ao profesor e historiador da Universidade de Santiago de Compostela, catedrático Don Anxo Porto Ucha, polo agasallo de enviarnos este libro dende Galicia, imposibel de conseguirse nestes lares. Compartimos cos lectores unha morea de poesías.

Recomendamos ampliamente a compra deste libro, unha das obras cumbre da literatura galega de tódolos tempos.

 

Probe de min. A terra prometida,

a Galicia emigrada que eu buscaba,

era somente un pozo de residuos,

unha corte de ovellas resiñadas:

emporio de logriros,

caverna de usureiros,

buraco de tendeiros,

guarida de comprades basureiros.

O País dos Ananos,

poboado de petisos

comestos da iñorancia,

mandados pola enveza i a cobiza.

¡ Qué sórdida paisaxe !

Galicia xaz eiquí morta de anguria,

crucificada en sombras, sepultada

baixo as nádegas porcas dos badocos,

dos pequenos burgueses desertores,

alugados ao esterco,

vendidos ás letrinas, sin outro afán nin fin que o dasme-douche,

o merco-vendo, okey, pago ó contado.

Botáronvos as sobras do banquete,

os restos do festín, o refugallo.

Conformes coa ración cativa, vades

surrindo moi contentes

coa surrisa dos neutros

que dormen sin remorso porque coidan

que o mundo está ben feito:

aquil enrriba i aqueloutro embaixo,

no meio un mar de soños

e un río de saudades sen orelas.

Un perfeuto equilibrio. Cada cousa

debe estar no seu sitio.

Os mandarís, mandando;

os mansos podrecendo e produncindo.

Nos curutos están as caixas fortes

encheitas de suor dos inocentes.

Debaixo estades vós, caste de ananos,

sostendo a inxustiza.

 



Eu vou andando

coa procesión por dentro

moi cabreado.

Uns ofrécenme rodas de muíño,

outros crávanme cravos.

Ninguén se compadece

do meu andar tan canso.

Chove noite no mundo,

a libertá morréu fai moitos anos.

Son rebelde,

danme noxo os homes mansos,

os pequenos tendeiros do tedio

que viven coma sapos.

Durmo sobre un xergón de neve

i estóu descalzo.

Sofrín a lei do embudo

e son moi mal pensado.

Creo nos homes puros

que non son educados

que non teñen modales esquisitos

nin saben comportarse coma fábulos.




Viaxeiro, que vés de lonxe

e vas de paso.

Coa palabras máis viva

de meu linguaxe, falo.

Repudio as inxusticias

i a libertá procramo.

Digo a miña verdade

e no pobo descanso.

Viaxeiro, que vés de lonxe

e vas de paso.

Teño a luz dos abrentes

i as estrelas reparto.

Estóu cos sofridores,

vivo cos desheredados.

Pelexo contra a noite

e non creo nos anxos.

Viaxeiro, que vñes de lonxe

e vas de paso:

dilles aos irmáus da Terra

que é moi trite o País dos Ananos.


Gómito I

Fago eiquí varias semblanzas

dunhos pícaros galegos

e das súas malandanzas.

Unha trinca de tunantes,

roubaperas, desclasados,

cagatintas e mangantes.

Xente de tropa toda ela

que desertando da eixada

emigrou pra Venezuela.

Seguindo o vello costume

da Galicia popular

todos teñen un alcume.

O Percherón, o Miguiñas,

o Fedor, o Cona en Dulce,

o Cuco, o Paco Pixiñas.

O Can, o Caco, o Sarxento

o Sobriño do seu Tío,

o Sapo e máis o Merdento.

Doce froles, doce encantos,

doce zafios, doce lerchas,

doce pes pra doce bancos.


Xustificación

As computadores arqueolóxicas

do ano dous mil quinientos

alcontrarán eiquí,

niste meu cimenterio privado,

un gran depósito de esqueletes.

O Carbono-14 dirá que son da nosa época

i o seleutor eleutrónico clasificará os restos:

Homes de lápiza na orella,

homes cazadores de homes,

homes corruptores da cencia,

homes torturadores de homes,

homes derrubadores de conciencias,

homes furtadores do traballo dos homes,

homes vendedores das patrias dos homes,

homes de ben, bos e xenerosos ( soio unhos poucos).

Serán desenterrados outros restos

que non poderán ser identificados

por acharse en estado gaseoso.

Suporase que foron víctimas do napalm

nunha guerra que houbo séculos denantes

nun país que xa non estará no mapa.