Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

O teatro galego :  MANUEL VARELA BUXÁN

Varela Buxán"O teatro, sempre carente de grandes valores na nosa lingua, nesta ocasión conta con entusiasmo de Manuel Varela Buxán. O labor deste director e autor foi  moi intenso na Arxentina. Dirixindo a compañía de Maruxa Villanueva estreou Os vellos non deben de namorarse e, xa en Galicia, publicou tres tomos de teatro con obras como O ferreiro de Satán, Taberna sen dono e o cego de Fornelos, entre outras."  

Platero Varela, Álvarez freire e Hermida García (Língoa 8exb Galaxia/SM)

O cego de Fornelos : nesta marabillosa obra de Varela Buxán píntanse os comúns e desprezables defectos de moitas sociedades, as que fan da fardantía un xeito de vida, esquecendo os verdadeiros valores, chamados eles tamén " desertores do arado", desprezan o seu propio berce para figurar nun mundo ficticio.

Brillantemente representados imos ve-los arxentinos e galegos moitos personaxes cotiáns representados na obra.

É risoño coma o personaxe fai gala de vivir nun "conventillo" no estranxeiro, cando retorna ó seu fogar, sendo que, no Bos Aires de onde vén, despreza eses "conventillos".

Está pintada nesta obra a traxedia xa denunciada no século dezanove por Rosalía de Castro: as viúvas dos vivos  e as viúvas dos mortos. ( ver poesía de Rosalía )

¿Que lle digo?

-Eu volvo para a terra;
á túa muller Antona, ¿que lle digo?
-Pois, para non meter guerra,
porque non veñan a petar conmigo,
olvidarás que foches meu testigo.
O demais... boi á libertade adoito...
Xa sabes o refrán, meu compañeiro:
A libertá primeiro,
e mellor que alá broa, é aquí bizcoito. 

Follas Novas - Rosalía de Castro

DESCARGA a obra O TEU ORDENADOR:  Atópase en formato de "Word" ( comprimido con Winzip ). Para facelo só tes que petar no seguinte enlace:  O cego de Fornelos, de Manuel Varela Buxán (22 Kb)

  Ler máis sobre Manuel VARELA BUXÁN

 ** Queremos agradecer ó noso amigo , o escritor Xosé María Manteiga por enviarnos este material.

 

 RODRÍGUEZ CASTELAO

Os vellos non deben de namorarse

Unha sátira o mellor estilo de Castelao que na súa xuventude foi actor afeccionado. El fixo integralmente a obra, incluída a escenografía e o artista plástico pintou as máscaras en persoa.