Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Manuel Daniel VARELA BUXÁN 

Manuel Varela Buxán

Naceu na parroquia de Lamas, do Concello de A Estrada, provincia de Pontevedra, o día 2 de marzo de 1909, finou no ano 1986. 

Emigrou á Arxentina onde fundou a Compañía de Teatro Galego "Aires da Terra" que máis tarde se chamou "Maruxa Villanueva", escribe teatro e en 1938 estrea a súa obra "Se o sei non volvo á casa". 

Alí fixo amizade con Castelao e puxo en escea por primeira vez a obra deste Os vellos non deben de namorarse.

Regresa a Galicia en 1950 e establecese como practicante en Cercio ( Lalín ). 

Escribiu unhas 29 pezas teatrais cheas de amor e añoranza da terra galega : O Ferreiro de Satán, Taberna sen dono, A xustiza dun muiñeiro, O cego de Fornelos ( baixa esta obra ), ¿Pista ou peste? ...

 

 

Para saber máis sobor o autor:

Título  : Manuel Daniel Varela Buxán,
o Patriarca do Teatro Galego Autor  : Xosé Luna Sanmartín ( Coordinador) Xénero  : Ensaio Editorial  : Seminario Estudios de Deza Colección  : Deza Básicos ISBN  : 84-607-1538-8 Data ed.  : 2000 Formato  : Rústica - x cms. Páxinas  : 222 Prezo  : Euros. / Ptas.

  Reseña  :

Manuel Daniel Varela Buxán, o Patriarca do Teatro Galego A obra ofrece a estructura clásica de todo libro homenaxe, organizándose en dúas partes perfectamente definidas: a vida e a obra de Varela Buxán, na perspectiva de estudiosos, admiradores e amigos do gran `Patriarca do Teatro Galego', e unha interesante recompilación documental sobre o seu quefacer teatral.

A primeira parte, que se abre e pecha con dous traballos do coordinador, Xosé Luna Sanmartín : "Conversa con Francisco Pillado Mayor" e "Cronoloxía". A segunda, contén traballos de Laura Tato Fontaíña : "Varela Buxán no Teatro Galego", Dolores Vilavedra : "Por unha redescoberta do teatro de Varela Buxán", X. C. García Couceiro : "O teatro militante de Varela Buxán", Francisco Fernández del Riego : "Lembranza galega dun home de teatro", Daniel González Alén : "Lembrando a Varela Buxán", Daniel González González : "Varela Buxán na miña memoria", Clotilde Iglesias : "Lembranza de Varela Buxán", X. Mª López Pérez : "En Galicia con Varela Buxán", Manuel Lorenzo : "A xesta e o xesto", Carlos Morgade : "Daniel Varela Buxán e o grupo de teatro Xenio", David Otero : "Aporte a unha coroa tesoural tan merecida", Damián S. Payo Cangado : "A Varela Buxán", e Xosé Vázquez Pintor : "Varela Buxán: o meu amigo levado".


Fte: www.aestrada.com  Foto: Biblioteca Virtual Galega