Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Valentín Paz Andrade, homenaxeado do Día das Letras Galegas 2012

Escolma da súa obra

 

Valentín Paz-Andrade, Pranto matricial


NA MATRICIAL GALIZA, SEMPRE TÚA,
que dende a Torre de Hércules ao Miño
un facho acenderá por cada illa,Ramón del Valle Inclán
cando ti volvas polo mare;
de toxo unha fogueira en cada monte;
cando ti volvas polo mare;
dos castros na coroa unha cachela,
cando ti volvas polo mare;
unha loura candea en cada pino,
cando ti volvas polo mare;
o seu cirio de frouma os alciprestes,
cando ti volvas polo mare;
luces de ardora branca en cada mastro,
cando ti volvas polo mare;
un farol mariñeiro en cada dorna,
cando ti volvas polo mare;
veliñas á xanela en cada casa,
cando ti volvas polo mare;
e as pérolas das bágoas derramadas,
cando ti chegues polo mare;
cando ti chegues polo mare...

Galiza, 1954

 

Pequeno testamento

Morrer quixera a peito descuberto,
e corazón, ao que foi seu, aberto.
Enxoito de arrebiques honorarios,
cal quixo ser meu xeito de vivir,Valentín Paz Andrade
e, no medio dos máis, o de sentir
pró combater e o bater diarios.

As aspas do muíño dunha vida
sempre do amor recuncan na ferida.
Por moito que un os poros desorbite,
para casar connosco o mundo non
foi feito, nin refeito na ocasión
e somos carta só pra pau de envite.

A Terra en min mandou e a liberdade,
e teño de cadeas e saudade
dos desterros, recheo o memorial.
Erguer do chan a vida impón a un
xogar a fina vez ao pin-pan-pun
nun circo prás ideas post-toural.

A guerra veu nos anos matutinos
pra estirar seu espectro aos vespertinos
moendo xeracións no seu rodicio,
pechando ao outro todos os camiños
se non collía o vinco nos fociños,
até ter de facer do escape oficio.

Se deixo do que fun imaxe... brava
non é miña a culpa de a non ter escrava,
de non levar as veas en desxeo
nin aturar enriba do meu corpo
o drama da Galiza como un morto,
mentres luza no ceo o seu setestrelo.

Se traballei arreo noite e mais día,
para garnir esquelas non faría,
se non pra merecer da miña banda,
a cobiza de graza que en min berra:
a de morrer en graza coa terra,
aínda que Deus esixa a súa manda.

De Cen chaves de sombra; Vigo, 1974.