Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Uxío Novoneyra, o poeta do Courel

Dentro da forma da súa poesía Novoneyra preocupábase polo mellor resultado sensorial: visual e principalmente sonoro. Utilizaba para iso recursos como o fonosimbolismo, dialectalismos e vulgarismos, os silenzos, o simbolismo gráfico... En poesía dise que o que sobra estorba e polo tanto Uxío emprega poucas palabras dun xeito máxico, facendo aparecer as cousas ante nós, evocativo do mundo físico no que o home vaga.

A emoción da terra - Uxío NovoneyraPublicou Os eidos (Galaxia, Vigo, 1955) escrito entre 1952 e 1954, que logo fora seguido por Os eidos 2. Dedicouno a Maside e o ensaísta Piñeiro, quen fixo o prólogo epistolar ( ao xeito que o caracterizou sempre ) suliñando que coma esencial a lembranza da terra, do telúrico, como o enxebre na tradición cultural galega.

Estando en Madrid entre 1962 e 1965, publica a serie poética titulada “Elegías de Madrid”, que xunto con outras dúas anteriores (“Primera verdad y tiempo con nombres” e “Elegías del Caurel”, elaboradas respectivamente entre 1953 e 1957 e 1958 e 1961) conforman o libro  bilingüe galego - castelá, dentro da colección “Adonais”, "Elegías del Caurel y outros poemas" (Rialp, Madrid, 1966).

Publica en 1974 Letanía de Galicia e outros poemas.

Publica Os eidos 2  (Galaxia, Vigo, 1974), ilustrado con debuxos de Laxeiro e dedicada á memoria dos seus pais e de María Mariño.

Publica Os Eidos, Libro do Courel (1981), que reeditou en varias ocasións.

Ten o subtítulo “Libro de olladas”, e está dividida en catro partes do ciclo de “Os eidos”, “Serra aberta”, “Follas de cantigas”, “Diario de enfermo” e “Don do silencio”, e dúas de nome cívico, “Letanía de Galicia e outros poemas” e “O Laxeiro pintor dunha Galicia”.

Publicou Poemas caligráficos en 1979, con prólogo e ilustracións de Reimundo Patiño, obra vencellada á vangarda pictórica organizada arredor do grupo Brais Pinto.

En 1983, vivindo en Compostela, comeza unha recompilación temática da súa produción poética completa:

Publícase no número 1 da colección Grandes Mestres, Os eidos. Libro do Courel (Xerais, Vigo, 1985), con 3 retratos seus realizados por Carlos Maside, Tino Grandío, Laxeiro e Pedro Martínez Tavera, e ilustracións de Blas Lourés, Maside e René Portocarrero, coa partitura da composición “Pasan as nebras”, para canto e piano, obra de Manuel Balboa.

Muller pra lonxe (Deputación de Lugo, Lugo, 1987) , poemas paixonais e amorosos, ilustrado polo pintor lugués Carlos Pardo Teijeiro e epilogo de Rodriguez Fer.

Do Courel a Compostela 1956-1986, poemas políticos acompañados dunha antoloxía crítica.

En 1994, logo de varios anos de silencio editorial, editou Poemas de doada certeza i este brillo premido entre as pálpebras, e en 1998 Betanzos: Poema dos Caneiros e Estampas.


1955 Os eidos, Vigo
1974 Os eidos 2. Letanía de Galicia e outros poemas, Vigo Ed. Galaxia
1979 Poemas caligráficos, Madrid, Brais Pinto
1981 Libro do Courel
1987 Muller pra lonxe, Lugo
1988 Do Courel a Compostela 1956-1986, Santiago de Compostela, Sotelo Blanco
1990 O cubil de Xabarín, Madrid, Edlevives
1991 Tempo de elexía, Oleiros, Vía Láctea
1992 Gorgorín e Cabezón, Madrid,Edelvives
1994 Poemas de doada certeza i este brillo premido entre as pálpebras, A Coruña, Espiral Maior
1998 Betanzos: Poema dos Caneiros e Estampas
1998 Dos soños teimosos Noitarenga, Santiago de compostela, Noitarenga
1998 Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín, Zaragoza, Edelvives
1999 Arrodeos e desvíos do Camiño de Santiago e outras rotas, A Coruña, Hércules Ediciones

ESCOLMA POÉTICA

PRANTO POLO CHÉ

ELEXÍA ISTANTANIA A ERNESTO GUEVARA

AS aves da tua morte foron os muricegos que non vira
en todo o ano.
Por iles soupen que é certo.
É certo! é certo! é certo! é certo! é certo!

Ás palazadas por dúbida entre certeza quer vir o pranto
como o peso de prumas inda quentes dos derradeiros

paxariños mortos
de tódalas anduriñas que cairon ó irse.

Como os homiños morren os éroes
non se funden Os Andes nin nada.
A mesma door xa afroxa a gorxa ó decorrer polo pranto
baixiño.
E nin inda agora nin pra ti teño outra voz.

SE O PASADO É PASADO

SE o pasado é pasado
i o presente é o urgente
por qué inda busca a xente
aquil soño clausurado?

Vido visto ben Santiago
i esa cuestión non resolta
fago camiño de volta
camiño de volta fago.

Camiño de volta fago
volvo do cabo do Mundo.
Terra sólo en ti me fundo:
é a certeza que trago.

Cousos do lobo !

Cousos do lobo !
Caborcos do xabarín !
Eidos solos
onde ninguén foi nin ha d’ir !

O lobo! Os ollos o lombo do lobo !

Baixa o lobo polo ollo do bosco
movendo nas flairas dos teixos
ruxindo na folla dos carreiros
en busca de vagoada máis sola e máis medosa…

Rastrexa
parase e venta
finca a pouta ergue a testa e oula
ca noite na boca…

Ó Sil

O río ó ras
cheo d-auga e destino ó paso
flue flumen
pr-onde foi xa o sol tragado
todo o ouro volto prata
/gris raspado/
en mil sarillos
e aneis cruzados
sumándose ó caudal da noite
tamén alto.

Il non precisa de nós
nin diste canto.
Ela sola Naturaleza
é forma de algo.
I eu de eiquí quedo
chegou ó outro lado
coma cando a polas doncelas
dun salto
foi do cabalo de Roldán
ralvado.

Niste aire quente rente
amigo Lauro
Sómo-la beira
con todo o tempo pra miralo
coma se nin a el nin a nós
agardara o Oceano
E non-o viramos perderse eí
a corto tramo
i ó pechar a noite nela
desembocando

LIBERTÁ CHAMAS NOS OLLOS TRISTES

LIBERTÁ chamas nos ollos tristes nas caras do METRO
nos que xa perderon o futuro e ganan o pan con sobresalto
na gran cidade nos tesos cumes i en todo o silencio preguntando.

Vélante os xóvenes
i os que saben da morte e xuntan inseguranza e desamparo.
Cando vexo un neno penso en ti
e si oio un bruído sin nome coido que ti chegas i acude todo o sangre.

Todo bruído sin nome é un agoiro.

LETANÍA DE GALICIA

GALICIA digo eu ún di GALICIA
GALICIA decimos todos GALICIA
hastr’os que calan din GALICIA
e saben sabemos

GALICIA da door chora á forza
GALICIA da tristura triste á forza
GALICIA do silencio calada á forza
GALICIA da fame emigrante á forza
GALICIA vendada cega á forza
GALICIA tapeada xorda á forza
GALICIA atrelada queda á forza

libre pra servir libre pra servir
libre pra non ser libre pra non ser
libre pra morrer libre pra morrer
libre pra fuxir libre pra fuxir

GALICIA labrega GALICIA nosa
GALICIA mariñeira GALICIA nosa
GALICIA obreira GALICIA nosa
GALICIA irmandiña
GALICIA viva inda

recóllote da TERRA estás mui fonda
recóllote do PUEBLO estás n’il toda
recóllote da HISTORIA estás borrosa

recóllote i érgote no verbo enteiro
no verbo verdadeiro que fala o pueblo
recóllote pros novos que vein con forza
pros que inda non marcou a malla d’argola
pros que saben que ti podes ser outra cousa
pros que saben que o home pode ser outra cousa

sabemos que ti podes ser outra cousa
sabemos que o home pode ser outra cousa

VIETNAM CANTO

CUMES CUMES CUMES COM’ESTES ECHEN
UNHA VEZ POR CADA MORTE

VIETNAMMMMMMMMMM
VIETNAMMMMMMVIETNAMMMMMMMMMM
VIETNAMMMMMMMMMM

metan na casa a verba na cociña na mesa na cama xa está
e calar calarcalaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaarrr
hastr’o berro que te acusa USAUSAUSAUSAUSAUSAUSA

un
morto
dous mortos
tres / trinta mortos
trescentos / tres mil mortos
OFENSIVA DO TEIT 22000 / 100000 mortos
tódalas os se volven ceros 00000000000000000000
baixo de cada un 10 / 100 / 1000 / 10000 mortos á máquina
difuntiños que a noite acolle entre cañas baixo o torbón
do monzón
na lua do TEIT

dá vergonza vivir
dá vergonza estar vivo e ver a PRIMAVERA


cándo remata un pobo?
un pobo nace sempre
non remata nuncanuncanuncanuncanuncanuncanunca

seino por vós
pobo como o meu
GALICIA pequeniña
sola cousa de todos

mortos mortos
mortos mortos
mortos mortos
mortos mortos
mortos mortos
mortos mortos
mortos mortos
mortos mortos
mortos mortos
mortos mortos
mortos mortos
mortos mortos
mortos mortos
mortos caindo polos teletipos
lúas de LI PO afondadas pra que a lus seña a A de
LIBERTÁAAAAAAAAAAAAAAAAAA

ouh cánto teño de vós pequeno que son de esta paz morta

noitenoite
partir esta n / o / i / t / e en anacos
que en cada un só quepia un home
en


entran nas cidades do SUL ESTE lonxe
e xa todas son a aldeiña dó lado
HUE SAIGON DANANG
con irmaos e parentes meus
galegos de a diario
mais que nono esqueceron como nolo esquecemos
tanto que ás veces perto chaman home
e
ollamos por quén.

non son eu tamén
quen eiquí quedo
que estou matando eilí
luxando GALICIA como luxan
KANSAS NEW JERSEY CALIFORNIA COLORADO
IOWA
nomes tan limpios?

perdón por esta paz
PAZ en carteles xunto a COCACOLA
PAZPAZPAZPAZPAZPAZPAZPAZPAZPAZPAZPAZ
pra tapar tanto tanto
muro

valeiránnolos nomes
mais inda
indainda pobo
podo decir o teu con forza
inda se pode decir o teu nome dos que alá cain
podemos

deles temos de novo nome:
home pobo
/ MARÍA MARIÑO dinamiteira da FALA /
home- pobo
home- pobo

aquíl por siglos foi un pobo como é o meu
o meu por anos foi un pobo como é aquíl

IRMANDIÑOS DE GALICIA VIETCONG

entre miña mai ANA amos iles
entre iles amor ANA ti
tres estudiantes en LUGO sin os nomes
en VIGO MÉNDEZ FERRÍN co’il
e vós MARÍA MARIÑO CHÉ bágoas 1967

non
eu sei que cantar non é igoal
perdón tamén por iste tempo cas palabras
anque sinceiras tein tarde polos lados
e puntos suspensivos calcados do refrigerados dun cañón

Porta Xorda

PORTA xorda cravada a forza que o pulo sabe!
Dente puño teso a premer valeiro!
Cando volva o vento
Serás ti Libertá ou soamente abalar de árbores?
Rota a corda que tempera a forza do sino
Un pobo enteiro rébrese no tempo
Folga Xeral contra da Historia.
Compría agouxarse en calquer ichó
Mais seguín fora a xistra
Velando norde estrela longa brillo atuido.
Alguén chama. Alguén agarda
Corazón tente
Sostén a gran nembranza.

"ANDAS as ruas coma se fora a praia..."

ANDAS as ruas coma se fora a praia
lenelene entras na carta
i escribes diante frores murchas
a fibela do meu traxe sigue tan benfeita

ouh muller para lonxe
pra aquil que tral'o locir d'intres nada pode haber diario

chegas do NORDE
pasas da saga á cantiga levando sola a gran imaxen

soños
vir a tempo

súpeta creba a forcia dos isolados
g r a n d e s
a l t o s
pra cair