Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Uxío Novoneyra, homenaxeado das Letras Galegas 2010

Uxío Novoneyra, o poeta do Courel

Uxío Novoneyra e O Courel, fonte da súa inspiración

 

A Real Academia Galega decidiu en sesión extraordinaria recoñecer ao poeta do Courel e homenaxeado no Día das Letra Galegas 2010 no décimo aniversario do seu pasamento. Nos seus textos, coidando a forma poética e a linguaxe, Novoneyra fica o seu compromiso nacionalista e marxista.

O paraíso desa paisaxe do Courel e a Galicia arredada cos seus xeitos tradicionáis quedan marcados a fogo na súa nenez e mocidade, que logo se volcarían na súa obra poética. A época histórica convulsiva e represiva dos trinta e corenta refrexarase na súa poesía cívica e quizabes na súa inclinación polo marxismo.

O poeta e escritor Uxío Novoneyra nacera como Eugenio Novo Neira na aldea de Parada de Moreda, en plena serra do Courel, ( Na bibliografía consultada dáse como lugar de nacemento "Parada de Moreda", no Courel, pero tal lugar non aparece no Nomenclátor actual, que recolle un "Parada" e un "Moreda", ámbolos dous lugares da parroquia de Seoane do Courel, Folgoso do Courel) o 19 de xaneiro de 1930 , Provincia de Lugo, e morrera en Santiago de Compostela o 30 de outubro de 1999.

Foi fillo dunha familia labrega no Courel, unha paisaxe que ficou nos seus versos, os mellores no tocante á paisaxística, dentro da literatura galega. 

De xove estivo relacionado con intelectuais como Ramón Piñeiro, Luis Pimentel, Manuel María ou Anxel Fole.

Voltou a residir no Courel o ano 1953 ata o ano 1962, recuperándose dunha doenza pulmonar ( pleuresía ), deixando na súa obra literaria este retorno, unha pegada fonda.

Fixo o bacharelato en Lugo dende o ano 1945 ata 1948.

En 1947 vai vivir a Parada do Caurel a autora noiesa María Mariño Carou ( Día das Letras Galegas 2007 ), con quen ten unha profunda relación persoal ata a morte da poeta en 1967. Esta relación deixará unha profunda pegada na obra de ámbolos dous poetas.

En 1948 coñece en Lugo ao seu compañeiro de xeración, o escritor da Terra Cha, Manuel María.

Logo fai un curso de Filosofía e Letra ( matriculase como ouvinte ) en Madrid, España, onde emigra de 1949 a 1951.

En Madrid ten unha formación cultural maiormente autodidacta, publicando na revista universitaria Bengala dous poemas que formaban parte do libro inédito Desde las cosas.

É tamén a súa etapa de descubrimento da política estudiantil, da súa ideoloxía crítica. Dá o seu primeiro recital poético dando comezo a súa sona como “decidor” de poesía.

En 1952 Novoneyra volve a Galicia para facer o servicio militar, pasando por Santiago de Compostela, A Coruña e Lugo, atopándose outra vez con Manuel María.

En Santiago toma contacto co Galeguismo e con figuras como o pintor Carlos Maside, o ensaísta, filósofo e ideólogo Ramón Piñeiro e a figura emblemática e patriarcal de Ramón Otero Pedrayo, que influiran na futura obra novoneyriana. Esta achega ao galeguismo, xunto e o retorno ó Courel nunhas vacacións no ano 1952,  faino volcarse a escribir en galego, lingua natal que xa endexamais deixaría.

No ano 1957 xa hai o seu primer acto de rebeldía política contra a proscripción da nosa lingua, no medio dos anos escuros, facendo balbordo no ambiente represivo feixista: valentemente fala en galego no ciclo "Homenaje a la poesía gallega".

En 1962, até o 66, Madrid vírao de novo, esta vez, traballando en radio e televisión.

En Madrid asiste as tertulias do Café Gijón, con poetas e artistas plásticos. Relaciónase tamén cos membros do grupo Brais Pinto: o pintor Reimundo Patiño, o profesor Herminio Barreiro, o político Bautista Álvarez ( logo deputado, fundador de Unión do Povo Galego en 1964 e un dos fundadores do BNG )  e os escritores Ramón Lorenzo, Bernardino Graña, Xosé Fernández Ferreiro e Xosé Luís Méndez Ferrín ( membro da Real Academia Galega no ano 2000).

Como unha chamada permanente do destino, retorna ao Courel en 1966, debido á enfermidade dos seus pais.

En 1968 coñece en Lugo a Elva Rei coa quen casa en 1973, con quen ten tres fillos: Branca Petra, Uxío e Arturo.

O seu pai morre en 1971 e en 1973 a súa nai. 

Como parte do seu compromiso cívico e político traduce ao galego varios poemas do escritor e político chinés Mao Zedong (El Progreso, 19-9-1976).

Novoneyra para esta dat é xa un escritor consagrado, figurando na Gran Enciclopedia Gallega, e respetado polos seus contemporáneos como se reflexa en “O fonosimbolismo na poesía de Novoneyra” (1980) de Claudio Rodríguez Fer, “O iceberg poético de Novoneyra” (1981) de Anxo Tarrío en 1981, "De Pondal a Novoneyra" (1984) de Méndez Ferrín e "Poesía galega" ( 1989 ) de Rodríguez Fer.

Reside ata 1983 entre Lugo e O Courel, cando ten a súa definitiva mudanza e radícase en Santiago de Compostela.

Foi presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega ata o seu pasamento.

 

Escultura de Uxío Novoneyra na Praza maior de Lugo

 

 


Escultura na Praza Maior de Lugo


Na mesma di:


"Courel dos tesos cumes que ollan de lonxe !
Eiquí síntese ben o pouco que é un home"


UXÍO NOVONEYRA
( 1930 -1999 )