Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

A Torre de Hércules, Patrimonio da Humanidade

Festejos Torre de Hércules Patimonio de la Humanidad Breogán e a Torre de Hércules

 

 

 

 

Monumento a Breogán ( escultura de Xosé Cid ) coa Torre de Hércules atrás

 

Logo dunha absurda espera, o faro activo máis antigo do mundo aínda en pé, a Torre de Hércules, en A Coruña, foi declarado por unanimidade pola Unesco Patrimonio Cultural da Humanidade. A Torre de Hércules

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O Faro coñecido como Torre de Hércules

 

A noticia en Vieiros:

A Torre de Hércules xa é Patrimonio da Humanidade


Logo dunha longa espera, a Unesco decidiu conceder esta distinción ao faro coruñés, o único de orixe romana que se mantén activo.

Redacción - 18:35 27/06/2009Breogán e a Torre de Hércules

A decisión foi tomada por unanimidade de todos os países participantes

A espera foi longa e os nervios foron constantes entre a delegación galega que en Sevilla agardou pola decisión da Unesco. Mais, finalmente, o Comité de Patrimonio Mundial da organización internacional declarou á Torre de Hércules como monumento Patrimonio da Humanidade. A decisión non tivo discusión, xa que foi refrendada pola unanimidade de todos os países participantes, que cualificaron o faro coruñés de "obra excepcional".

Única candidatura de todo o Estado Español, o faro da Coruña converteuse no terceiro monumento galego en facerse acredor desta distinción, logo do casco histórico de Santiago de Compostela e da muralla romana de Lugo.

A Torre de Hércules é unha torre e faro situado na península da cidade da Coruña, que ten o privilexio de ser o único faro de orixe romana en funcionamento no mundo.

O 27 de xuño de 2009 foi proclamada Patrimonio da Humanidade en Sevilla pola Comisión do Patrimonio Mundial da UNESCO. Deste xeito converteuse no cuarto recoñecemento da UNESCO en Galicia xunto co Camiño de Santiago, a Muralla de Lugo e a Catedral de Santiago de Compostela.

Hai varias lendas relacionadas coa súa construción. Unha delas, narrada na Crónica Xeral de Afonso X, conta que Hércules chegou en barca ás costas que rodean actualmente a Torre, e que foi precisamente no lugar onde hoxe se sitúa esta que enterrou a cabeza do xigante Xerión, despois de vencelo en combate e liberar ás xentes do lugar da súa tiranía. Sobre o lugar no que enterrou a cabeza ergueu unha torre e mandou logo poboar unha cidade. Crunna foi a primeira muller en se presentar e dela tomará nome a vila. No escudo da cidade aparece a torre e, por baixo dela, a caveira de Xerión.

A outra lenda foi tomada do Libro das invasións de Irlanda durante o Rexurdimento: nel cóntase que o rei Breogán de Hispania ergueu unha torre desde a que o seu fillo Ith albiscou Irlanda; morreu no intento de conquistar a illa pero o seu irmán, Mil, si tivo éxito.   Estatua de Breogán, o mítico héroe celta co faro chamado Torre de Hércules atrás

Fonte: Galipedia e Vieiros