Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

A tradición do TIZÓN DE NADAL

por  RAMÓN OTERO PEDRAIO

A tradición do cepo de Nadal é recollida por Don Ramón Otero Pedraio co nome de tizón de Nadal.

O tizón de Nadal


 "É un cañoto grande dun árbore, que nas montanas do leste da provincia de Lugo, en moitos sitios da de Pontevedra, e noutras terras, botan ó lume na noite do 24 de Nadal, e deixan queimar deica a mitá, e o que queda gárdano pra cando hai treboada; entón, bótano de novo a arder na lareira, pra arredar o pedrazo e os raios. Nalgús lados, semella que aproveitan a borralla pra botaren nos eidos, o cual sí que é un verdadeiro rito fertilizante de maxia agraria. Mais tamén tén relación coa presencia das ánimas da familia na noite de Nadal, arredor do lume.

O tizón de Nadal é rito coñecido e usado en toda Europa, e faise tamén en moitas partes de Hespaña. En Cataluña vén ser o que chaman o tió, no que baten os nenos da casa pra que lles bote dulces, que os pais lle meten dentro.

A súa orixe recúa con seguranza deica os tempos mais vellos."

 

 

Ler máis :        

O Nadal en Galicia

Ramón Otero Pedraio