Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Ramón del Valle Inclán

Ramón del Valle Inclán, o innovador

Ramón María del Valle Inclán é o alcume do máximo dramaturgo galego. Foi quen satirizou amargamente a sociedade española da súa época sendo el mesmo dunha curiosa e extravagante personalidade.

Foi un innovador como o atestigua el:

"Estoy haciendo algo nuevo, distinto a mis obras anteriores. Ahora escribo teatro para muñecos. Es algo que he creado y que yo titulo 'Esperpentos'. Este teatro no es representable para actores sino para muñecos a la manera del teatro 'Di Picoli' en la Italia... Esta modalidad consiste en buscar el lado cómico en lo trágico de la vida misma..."

Logrou unha modernidade no teatro que logo retomara Alfonso Daniel Rodríguez Castelao no seu teatro de máscaras "Os vellos non deben de namorarse" pero que este o semellara co teatro xaponés kabuki e non co italiano, unha especie de teatro psicolóxico que recorre á máscara.

Aparte da dramaturxia este prolífico escritor foi poeta, contista, ensaísta, periodista e novelista, incluíndoseo na corrente modernista e achegándose á da xeración do noventa e oito.

 

Naceu en Vilagarcía de Arousa o 28 de outubro de 1866 como Ramón José Simón Valle Peña, fillo do escritor liberal e galeguista Ramón del Valle-Inclán Bermúdez de Castro e de Dolores de la Peña.

 

O seu pai foi amigo de Manuel Murguía e o poeta Andrés Muruáis, o que rescatara o personaxe mítico do Urco nos carnavais.

 

Os seus estudos progresaron no Instituto de Pontevedra, onde fixo o bacharelato, e a Universidade de Compostela onde estudou dereito por imposición do seu pai, e pola outra banda, tomaba clases de esgrima e recibiuse en debuxo na Escola de Artes e Oficios, ten participación como periodista co seu irmán  e, o máis importante, xa participa en publicacións como "Café con gotas" e  "La ilustración ibérica"

 

En 1890 morre o seu pai o que o move a abandoar a carreira de dereito en Santiago e retornar a Pontevedra pero ese mesmo ano vai a Madrid onde participa no xornal "El globo", da vida cultural da cidade e en especial da dramaturxia.

 

En 1892 viaxa a México onde publica relatos nos xornais "El universal" e "El veracruzano libre" e onde se di que participa nun "duelo". Logo de pasar por Cuba retorna a Pontevedra e en 1893 coñece o profesor Jesús Muruáis do Instituto de Pontevedra, na cuxa biblioteca le os máis importantes escritores do seu tempo e no ano 1894 publica o seu libro de relatos "Femeninas", a la vez que configura o seu aspecto característico: longa barba, capa, chal e chapeu.

 

En 1896 retorna a Madrid onde se relaciona co escritores da talla de Pío Baroja, Azorín, Benavente e outros. En 1897 publica o seu segundo libro "Epitalamio, historia de amores" aínda non coñecendo o éxito, o tempo que participa como actor en obras de Jacinto Benavente, entre outros.

 

En 1899 ten outro lance nunha discusión cun periodista nun café, e é ferido no brazo, que é tomado pola gangrena e logo amputado, rematando manco como Cervantes Saavedra. Nembargantes o acontecido publica ese ano a súa primeira obra teatral, "Cenizas", e é representada no teatro Lara de Madrid.

 

Ten participación tamén en moitas revistas literarias como "La vida literaria" ( de Jacinto Benavente ) , "Revista nueva", "Germinal" e "Vida nueva".

 

A vida non é doada para o dramaturgo na bohemia literaria madrileña, vivindo nun lugar estreito, pasando necesidade e ata fame; Valle Inclán parece encarnar algúns dos seus personaxes.

 

En 1900 participa nun concurso de contos e é moi eloxiado na prensa o seu conto "Satanás" por un dos xurados, Juan Valera, e se di que non obtivo o primeiro premio por ser un relato moi innovador.

 

Segue participando en diversas publicacións e, en 1903, en "Alma española", publica a súa famosa biografía e, en "El lunes de El Imparcial" comeza a publicar "Sonata de otoño" onde fai a súa aparición o personaxe o marqués do Bradomín. Logo as Sonatas publícanse en libros ata o ano 1905: "Sonata de otoño", "Sonata de estío", "Sonata de primavera" e "Sonata de invierno", un por ano. Estas narracións que son as memorias ficticias do marqués de Bradomín, son o exemplo máis destacado da prosa modernista na literatura española co seu arte erótico refinado, evocador e musical.

 

Hai que destacar tamén unha das mellores e máis importantes obras en toda a prosa modernista hispana: "Flor de Santidad". Esta obra, sen fuxir das formas do modernismo, centrase máis nas tradicións populares e lendas galegas da infancia de Valle Inclán.

En 1905 publica o libro de contos "Jardín novelesco. Historias de almas en pena, de duendes y de ladrones", o xénero máis galego, pois explota a gran imaxinación da súa orixe celta.

En 1906 represéntase no Teatro da princesa unha obra baseada no seu personaxe o marqués de Bradomín, coa actriz Josefina Blanco, coa que casa no ano 1907, na iglesia de San Sebastián en Madrid. Tivo tres fillos: Joaquín María, Carlos Luis e Jaime.

En 1907 tamén publica varios libros: "Águilas de blasón", chamada unha da súas comedias bárbaras , "Aromas de leyenda, Versos en loor de un santo ermitaño" e "El marqués de Bradomín" e no xornal "El mundo" faino co "Romance de lobos".

En 1908 publica su serie de novelas "La guerra carlista": "Los cruzados de la causa", "El resplandor de la hoguera" y "Gerifaltes de antaño", chegando a presentarse no eido político como deputado polo Partido Carlista sen conseguilo.

En 1909 publica "Mi hermana Antonia" e en 1910 viaxa a Arxentina onde fai conferencias sobre a literatura española, visitando tamén Uruguai, Paraguai, Bolivia e Chile.

Retorna a España e estrea en 1912 "Voces de gesta" e, en 1913, "La marquesa Rosalinda".

A súa obra "El embrujado" é rexeitada do Teatro español dirixido por Benito Pérez Galdós e, en 1915, tendo sido descendente de fidalgos, fai unha solicitude ao rei, para que se rehabiliten os títulos de marquesado de Valle, vizcondado de Vieixin e señorío do Caramiñal, pero sen éxito.

 

Na Primeira Guerra Mundial é invitado polo goberno francés a visitar o fronte de batalla. En París atopa a escritores españois, encontro do cal saen logo en 1916 "Visión estelar de la medianoche" ( tamén publica "La lámpara maravillosa") e é nomeado titular da cátedra "Estética de las Bellas Artes" da "Escuela de San Fernando".

 

Publica a "En la luz del día" en 1917, tamén produto do encontro cos escritores españois en París.

En 1924 publica "Luces de bohemia", reeditada en 1924. É considerada por algúns a súa obra teatral máis lograda na que crea unha moderna estética da deformación, ponderando o feo, o baixo, dun xeito caricaturesco que el chamará esperpento e definirá como "o héroe reflexado no espello cóncavo" e que ten como precursores a Quevedo na literatura e a Goya na pintura. Isto do espello cóncavo foi unha inspiración tomada dun bar de Madrid, no que concorría o escritor, que tiña por atracción e moda unha serie de espellos cóncavos e convexos que deformaban a imaxe dos visitantes. Valle Inclán metaforizou esta deformación da realidade nos seus personaxes.

 

En 1921 retorna a México invitado polo presidente dese país e volve a Madrid en 1925 onde participa en grupos de teatro experimental como "El mirlo blanco" (na casa dos Baroja) e "El cántaro roto" no Círculo de Bellas Artes.

Froito da experiencia no México revolucionario edita en 1926 a súa obra mestra narrativa, Tirano Banderas, a súa mellor novela, síntese do mundo dos ditadores, caciques e caudillos americanos que poboarán o século XX, e antecesora as chamadas novelas de tiranos que logo tomarían Miguel Ángel Asturias, Alejo Carpentier e García Márquez.

 

En 1927 emprende unha obra imposíbel: "El ruedo ibérico", a historia de España dende Isabel II ata a data contemporánea de valle Inclán. Nembargantes chegou a publicar tres libros: "La corte de los milagros" (1927), "Viva mi dueño" (1928) e "Baza de espadas" (1932).

En 1924 volve a tomar contacto coa política opoñéndose a Primo de Rivera e participando na creación da Alianza Republicana en 1927. Fiel o seu carácter participa nuns incidentes e, o non querer pagar a multa, remata no cárcere.

 

A obra poética de Valle-Inclán está reunida na triloxía "Claves líricas" (1930), formada por "Aromas de leyenda", "El pasajero" e "La pipa de Kif". Con esta última ( de 1919), Valle-Inclán da paso o seu famoso grotesco, ao esperpéntico. Esta obra foi definida como unha escolma de estampas tráxico-humorísticas.

 

Apoia a República e preséntase como deputado por A Coruña nas listas do Partido Radical de Alejandro Lerroux. outra vez sen éxito. Nembargantes en 1932 é nomeado director do Museo de Aranjuez pero dimite por desacordos. E logo é elixido presidente do Ateneo de Madrid pero novamente o seu carácter faino dimitir o non admitirse as súas propostas e remata có divorcio da súa muller Josefina Blanco.

 

Realizou varias traducións de diferentes linguas. Do portugués: "La reliquia", "El crimen del Padre Amaro" y "El primo Basilio", de Eça de Queiroz; do francés: "La condesa de Romaní", de Alejandro Dumas e "Las chicas del amigo Lefèvre", de Paul Alexis; e do italiano: "Flor de pasión", de Matilde Serao.

 

Valle Inclán ten simpatías polo nacente comunismo e pola súa iniciativa se reúne en 1933 no Ateneo de Madrid o Primeiro Congreso da Asociación de Escritores e Artistas Revolucionarios e é nomeado presidente de honor da Asociación de Amigos da Unión Soviética. E nomeado logo director da "Escuela de Bellas Artes" de Roma a cal dirixe ata 1934 con total falla de medios de manutención.

 

En 1935 se retirou a unha clínica de Santiago de Compostela onde morreu o 5 de xaneiro de 1936, rexeitando o servizo relixioso, pouco antes de comezar a Guerra Civil.

A obra dramatúrxica de Valle-lnclán ten cinco períodos:

1. Ciclo modernista. Exemplos: "El Marqués de Bradomín (1906) e "El yermo de las almas" (1908).


2. Ciclo mítico. Partindo da súa Galicia natal, Valle-lnclán crea un mundo mítico e intemporal. A irracionalidade, a violencia, a luxuria, a avaricia e a morte rexen os destinos dos protagonistas como na triloxía "Comedias bárbaras y Divinas palabras" (1920).


3. Ciclo da farsa. Se trata dun grupo de comedias recollidas nun volume titulado "Tablado de marionetas para educación de príncipes" (1909, 1912, 1920). Estas obras presentan un continuo contraste entre o sentimental e o grotesco, e os seus personaxes, marionetas de feira, anuncian a chegada do esperpento.


4. Ciclo esperpéntico. Está formado por "Luces de bohemia" (1920 y 1924) e o volume titulado "Martes de Carnaval" (1930). El esperpento, máis que un xénero literario, é un novo xeito de ver o mundo, xa que deforma e distorsiona a realidade para presentarnos a imaxe real que se oculta tras ela. Para iso utiliza a parodia, humaniza os obxectos e os animais e animaliza ou cousifica aos humanos. Presentados dese modo, os personaxes carecen de humanidade e se presentan como marionetas.


5. Ciclo final. Esta última etapa Valle-Inclán leva o seu extremo as propostas dramáticas anteriores: presenza do irracional e instintivo, personaxes deshumanizados, esquematizados e a técnica distorsionante do esperpento. As súas obras quedan recollidas en "Retablo de la avaricia, la lujuria y la muerte".

www.galiciaespallada.com.ar