Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Teresa Barro

Teresa Barro é a máis importante ensaista muller de Galicia. No seu libro "Dentro e fóra" desenrola a tese da sociedade patriarcal como xénese dos problemas históricos e actuais.

Teresa Barro

María Teresa Barro Muñoz-Ortiz naceu en A Coruña o 8 de marzo ( o día Internacional da Muller ¿ por casualidade ? ) de 1936, días antes do comezo da Guerra Civil española.

Escribe en galego, castelán e inglés.

Estudiou Filosofía e Letras nas Universidades de Santiago de Compostela e Madrid, e licenciouse nesta última en 1960. Reside en Londres dende 1964.
Cofundadora en 1970 , e colaboradora en todas as etapas, do Grupo de Traballo Galego en Londres xunto con seu home Fernando Pérez-Barreiro Nolla. Ten tres fillos. Na actualidade publica no site deste Grupo :

Grupo de Traballo Galego de Londres http://www.grupotraballogalego.uk.net

Alí publicou a súa obra O atraso psicolóxico da Galiza: Cartas a Emilia Pardo Bazán.

Publica en castelán en Viento de marzo (http://www.vientodemarzo.net ): Hojas de pensamiento aireado. Nese site pode verse o seu ensaio en inglés, Myths and Mentalities, publicado por primeira vez en Familienblatt, Zeitung für Ausstellung "Pedigree Pal-Neudefinition von Familie".Dentro e fóra, de Teresa Barro

Foi profesora de traducción en cursos de postgrao das universidades londinenses de Thames Valley e Westminster.


Dentro das súas publicacións cómpre destacar:
Cartas a Rosalía (Ediciós do Castro,1981)
Introducción á astroloxía (Xerais, 1983)
e a traducción dos seguintes libros:
Contos de Andersen (Ediciós do Castro, 1983)
Alicia no país das marabillas (Xerais, 1984)
Alicia no outro lado do espello (Xerais, 1985)
Fábulas de Esopo (Laiovento, 1997)

Tamén editou ensaios e artigos en publicacións periódicas como Grial, Festa da Palabra Silenciada e A Nosa Terra.

En 2002 publica Dentro e fóra a través da editorial Nigra Imaxe