Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

TENREIRA GALEGA GUISADA


tenreira galega guisada

O comentario do cociñeiro

Chamámoslle carne de vacún á carne de vaca, cando é nova: tenreia. É a mais importante en canto á cantidade de carne producida en Galicia. Dentro das partes de vacún que son consideradas de categoría extra temos o Solombo como única peza. É a de maior calidade, a mais tenra. Trátase dun músculo longo e delgado que se estende pola parte superior do lombo da vaca, que non ten nada de graxa, é moi tenra. A Tenreira Galega ten denominación específica, o que significa que está controlada desde o nacemento, a alimentación, a corte, e o tempo no que é sacrificada para o seu dsetino alimentario. Temos no corazón de Galicia (Chantada, Lalín, A Estrada, Arzúa, Monterroso...) os prados mellor regados do mundo, a mellor herba que alimenta un gando vacún realmente espectacular. Non imos insistir na necesidade de acudir a esta carne para evitar casos coma o das vacas tolas, ou as vacas engordadas a base de clembuterol e outras ilegalidades.

ternera

TENREIRA GALEGA GUISADA - RECETA 1

Ingredientes:

xarrete de tenreira galega, 2 kg. aproximadamente
aceite de oliva
cebola, 1
allo, 3 dentes
cenorias, 2
pemento verde, 1
tomates, 2
perexil, 1 ramiña
azafrán
pementa
pemento
viño

Preparación:

Poñemos tódolos ingredientes en cru nunha cazola sen auga xa que é suficiente co zume que soltará a carne e os legumes, cociñados con moi pouco lume. Cando a carne estea tenra, próbaselle o sal e sérvese acompañada dunha gornición de legumes e o seu zume.

Restaurante Cíes


JARRETE DE TERNERA GUISADO - RECEITA 2

Ingredientes para 4 personas:

1 jarrete de ternera cortado en trozos,
1/2 Kg. de patatas pequeñas,
10 cebollitas,
1 cabeza de ajo,
sal,
aceite,
1/2 litro de vino blanco.

Método: 

En el vino blanco, con ajo y sal, adobar el jarrete de ternera durante 6 horas. En una olla, dorar la carne, y las cebollitas enteras. Cuando todo esté dorado, agregar el adobo y dejar hervir a fuego lento. Cuando esté medio hecho, añadir las patatas y meter al horno hasta que este cocido.

compostela.org

 


LOMBO ASADO DE TENREIRA GALEGA - RECEITA 3

Ingredientes

2 k de lombo de tenreira galega
2 culleradas de sal
4 culleradas de pementa
4 culleradas de pan relado
un chorro de salsa Perrins
1 dl de augardente vella

Para 1 k de puré de patacas:

1/2  l. de auga
250 g de fariña
unha culleradiña de sal
100 g de manteiga
8 ovos
un chisco de noz moscada
50 g de queixo de San Simón

Preparación

Desgraxamos e salpementamos o lombo e pintamos coa salsa Perrins, esporexamos co pan relado e coa pementa esmagada. Douramos nunha bandexa con aceite e levamos ao forno quente uns 45 minutos a 225° C. Retiramos e regamos coa augardente, enrolamos nun pano da cociña limpo. Deixar que repouse 15 minutos e mentres facer o puré de patacas.