Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

"Viva Galiza Ceibe"

Antón Avilés de Taramancos

Traio aínda fresco nos ollos o contorno da patria. Desde Teixido a Santa Trega e desde Fisterra ao Caurel, Galiza vén como nun sono a campear aquí no teito de Europa para reclamar na súa propia voz o seu sangue espallado polo mundo, a súa xente perdida, o esforzo de tanto traballo, de tantas bágoas de raiba e de saudade, que tamen a ela a deixan orfa, escoada, valeira dos seus millores fillos. Veño, irmáns, a nome da Terra Nai a travervos a palabra sagrada do seu amor e do seu desespero. A traveso dos tempos esta vella sofrida e abandonada que é a nosa patria foi perdendo o froito dos seus partos, e tén a casa a medio erguer, a eira sen cercado, a onde entran as aves de rapiña para desposuila constantemente de todo canto é seu, para desfigurala, para deixala cega nos camiños do mundo. Cada un de vós é unha pinga de sangue que se lle foi e que a vai deixando pouco a pouco nunha anémia perniciosa da que non se pode recuperar.

Non pode haber unha pátria forte e farturenta se todos os seus fillos non a habitan. A desgracia histórica de non ser do noso país e que nos obriga a andar polas portas do mundo tén que chegar ao seu fin. O noso povo tén que coller as rendas do séu destino, ou vai a desaparecer do conxunto das nacións saíndo pola porta pequena como saían os escravos e os ilotas.

Estatuto de autonomía a pátria consiga a plena liberdade, que a Nai forzada ao abandono volva a acoller aos seus fillos, que todos construamos en paz os muros da nosa casa común, que aremos as terras, que poñamos a funcionar as fábricas, que ergamos as nosas mans en defensa do que nos pertenece, e que ninguén mais teña que saír polo mundo senon é para gozar de hoteis de cinco estrelas e non para limpalos etermamente e que outros os disfruten.

CARTEL DE PROPAGANDA NOS TEMPOS DA REPÚBLICA, 1936

Se despois do esplendor medioeval que puxo a Galiza nos cumes da cultura univeral, as circunstancias históricas non nos foron propícias e pasamos a ser un pobo e unha lingua dominados, as consecuencias económicas da dominación fixeron de nós unha colonia expoliada, empobrecida polos foros e tributos, e aínda máis: deshabitada sistemáticamente da súa mocidade máis cumprida, adiestrada e obrigada para a emigración e para que os seus aforros (eses cartos desditados conseguidos entre a penuria e a lonxanía) engrosasen a Banca do Estado para beneficiar outras latitudes que nos ollaban con desprecio e villanía. Este ir escoando ao traveso dos tempos o sangue novo e vizoso do povo foi empobrecendo-nos cada vez máis. Os grandes logros dos galegos, os seus grandes triunfos de organización mutual e empresarial foron-se dando en lonixanos territórios, que milloraron o seu caudal e a súa facenda á conta do noso esforzo. Países como Arxentina, Cuba ou Venezuela fixeron as súas modernas estructuras en base do traballo e da imaxinación de milleiros de galegos transplantados que non puderan na súa terra levar a cabo esa labor de redención e de progreso. Agora os que andades polos vieiros da Europa estades a erguer coas vosas própias mans a riqueza dos países que nos someten e que nos empobrecen cada día máis. Debaixo do mapa dos Estados da Europa subxace a verdadeira Europa dos Pobos, que tén que aflorar para que Europa viva en harmonia co seu própio ser. Ademáis de reclamar os nosos dereitos de autodeterminación e vida própia entre as nacións do mundo, temos que ser solidarios  República de múltiples línguas e culturas sabedes ben que se pode conseguir es harmonía se cada quen se respeta a sí mesmo e respeta as liberdades e a identidade dos demáis. 

Os que vivides e traballades na Suiza tendes que ir recollendo e transmitindo a todos os galegos e aos demáis povos da Iberia para que nos entendan, esas vivencias de xentes diferenciadas que poden conformar un conxunto próspero sen imposicións e sen enfrentamentos.

Eu tamén, meus amigos, pasei vinte anos de exilio por terras de Colombia, e sei o que costa minuto a minuto estar fora da pátria. Sei o que é erguer un fogar en terra allea, e sei como o voso corazón se arrofia de espanto de ver como pasa o tempo sen saber cando se vai regresar. Cada día que pasades fóra do voso lar é un día que se lle rouba a unha vida plena e feliz. Sei que os cartos que gañades con sacrificio non pagan as horas de tristeza e lonxanía. O voso pan é amargue. Pero nós, que vivimos nos eidos da Terra, tampouco podemos ser felices mentras non esteamos todos xuntos, mentras a cada casa non cheguen os que faltan e haxa de novo lume, e risas e alegría. Non podemos construir a pátria sen as vosas mans. Non podemos alcender o lume se non brillan os vosos ollos ao calor da fogueira. Somos unha tribo dispersa que non será feliz até que se atope enteira e reunida.

A Nosa pátria cimenta-se no pasado para ollar de cara o futuro coa nosa propia visión, cos nosos própios ollos; até o de agora os mesmos que nos cegaron foron-nos levando ao precipício onde pode morrer a nosa identidade, onde se afogan os berros do noso sentir, e onde pouco a pouco se vai perdendo o son da nosa fala. Se non nos arrepoñemos dunha vez nun sentir colectivo de defensa da nosa personalidade, Galiza vai-se perder e non seremos máis que a pantomina dun povo que representa unha actuación perante a História de persoaxes valeiros, sen alento de seu, sen palabra de seu, perdidos nun rol feito adrede polos que manexan os fíos e que nos queren facer monicreques. En cada un de vós, aínda os máis manipulados por unha educación do "Imperio hacia Dios" que ven de máis antigo do que parece, en cada un de nós alenta sempre a fonda raíz da pátria. A pátria está na música que nos fai tremer o corazón. A pátria está nas verbas das nosas cántigas, a pátria está nesa dor profunda que nos carcome cando andamos lonxe e na felicidade da chegada. Está na paisaxe que levamos grabada, os montes e o mar e os rostros da xente que amamos e que levamos na memória. A pátria está no sentimento que nos une e que nos fai irmáns.

Eu podía chamar a cada un de vós polo seu nome. Estou vendo a vosa casa, Estou vendo a vosa nai ollando por riba do horizonte nese agardar eterno. Vós sodes, irmáns, a miña patria. Sodes quen me da o alento para escribir e para soñar, sodes quen me dá o pulo para seguir loitando para que Galiza sexa doña de sí mesma e que un día vos vexa ir chegando para que cada un no seu labor vaia pondo as colunas da grande casa común.

Irmáns galegos, Xente de Breogán, eu pídovos que neste día xuntedes os vosos corazóns para decir conmigo, para berrar conmigo dende os cumes de Europa e que nos ouza o mundo:



"VIVA GALIZA CEIBE E POPULAR!"Vota ó Estatuto


Lausana (Suíza), 20 de Xuño de 1987 

 

CARTEL POLO ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALIZA, DEBUXO DE CASTELAO

 

VER:  BIOGRAFÍA DE ANTÓN AVILÉS DE TARAMANCOS

         ESCOLMA POÉTICA

 

FONTES DE INFORMACIÓN: REVISTA " A NOSA GALIZA", EDICIÓN DO ANO 1998.

http://membres.lycos.fr/ang/revista.htm

www.galiciadigital.com