Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Ghanas de matala por Suso de Toro 

Suso de ToroHoxe, que todos estamos infantilizados, xa non hai adultos que acepten a vida, todos preferirnos vivir nun soño infantil. Pero precisamente aceptar a realidade que temos diante nosa é a única maneira de que a poidamos mellorar, máis non, preferimos crer no que nos conta a televisión, preferimos crer nos pesos a peseta, en que con pedir un desexo xa o imos ter. Ou sexa, preferimos deixar de ser persoas maduras para ser "consumidores" estúpidamente felices. 

E así pasa con todo, tamén co clima e co país, non estamos a gusto con nada do que temos, sempre queremos outra cousa. Ata non hai tanto tempo, a xente renegaba do tempo (poucos países onde se fale tanto do tempo atmosférico como na Galiza) máis resignábase, pois se chovía de máis chovía de máis e se había seca pois había seca, outra solución non tiña. Máis agora a xente ve praias con sol na tele e cocoteiros e todo iso e tamén quere diso. Así que aí atrás nun aeroporto oínlle dicir a unha parva dunha mulier con marcado sotaque galego: "¡Ai! Galicia te es muy bonita, si no lloviera tanto... "

Seguramente a esa rnuller lle parece moito mellor o clima de Andalucía, onde non tefíen auga (disque temos que lla enviar), pero é que aquí somos todos gilipollas e vivimos nunha postal de palmeiras e cocoteiros e todo iso e non precisamos traballar nin auga para regar os campos, e se non cae do ceo pois pedímoslla a alguén, aos que estean máis ao norte, que sempre haberá alguén que traballe mentras nós nos torramos. ¿Para que din que lles gusta Galiza? ¡Que emigren, que hai moito mundo! 

Eu xa se que hai moita violencia e non se debe abondar nela, pero a min, naquel momento entráronme ghanas de matala.

 


Fonte:  Extraído da edicón especial  do xornal A Peneira de Ponteareas 1999  co gallo de cumprir quince anos da súa primeira edición.


Ler:  Entrevista a Suso de Toro