Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

SUSANA SEIVANE: herdeira de gaiteiros

Nacida en Barcelona no ano 1976, Susana é a herdeira dunha das familias deSusana Seivane máis prestixio  dentro do mundo dos gaiteiros e artesáns de gaitas en Galicia: a familia Seivane.

Comezou a sua andaina musical ós 3 anos. O seu avó, Xosé Manuel Seivane é un dos vellos gaiteiros aínda vivos que xunto a Ricardo Portela ou Moxenas (xa falecidos), formaron parte dunha das xeracións máis importantes de gaiteiros galegos, sendo mestres e guías dos grandes de hoxe en día.

Influenciada por estos gaiteiros, conseguíu o respeto e admiración do mundo da gaita  e da música tradicional en Galicia. Ese estilo xenuino, está hoxe presente no xeito de tocar de Susana, unha muller que sintetiza como ninguén as máis modernas técnicas có estilo enxebre dos vellos gaiteiros; un estilo con sabor e con acento, un estilo con alma que arrecende a Galicia dende a primeira nota.

Combina este valioso legado musical con influencias de outros estilos. Para elo, rodéase dun elenco de xoves músicos que aportan gran frescura e orixinalidade ó seu espectáculo.

No verán do 97 foi convidada  polo mítico grupo Milladoiro a participar en varios espectáculos retransmitidos pola T.V.G para todo o mundo, o que sen dúbida, representa para a gaiteira a primeira das súas aspiracións cumpridas: compartir escenario cun dos grupos máis admirados por ela; Milladoiro significa para Susana a escola na que aprendeu toda unha xeración de artistas na que ela se inclúe.Será Rodrigo Romaní, un dos membros fundadores de Milladoiro, o que, sen dubidalo, propón a Susana a gravación dun traballo discográfico en solitario no que Rodrigo faría as veces de productor musical.

No 1999 edita o seu primer disco ("Susana Seivane", BOA Music) producido porRodrigo, que reúne temas de Susana ó longo da sua traxectoria.Neste traballo conta con temas de repertorio tradicional e tamén con temas de gaiteiras e gaiteiros galegos.A colaboración máis emotiva para Susana no seu segundo disco é, sen dúbida,a do seu avó Xosé Manuel.

Pero en "Alma de Buxo" tamén colaboraron outros recoñecidos músicos da escena musical coma Uxía Senlle, Uxía Pedreira, Guadi Galego, Sonia Lebedynski, Xavier Cedrón, Magoia Bodega, Brais Maceiras, Xurxo Iglesias,sta vasco KepaJunkera, có que Susana ten colaborado en varios dos seus espectáculos. 

Hoxe en día Susana Seivane está considerada como unha das máis firmes realidades como gaiteira.
A nosa gaiteira máis internacional foi unha dos cinco finalistas dos Indieawards 2001, os prestixiosos premios que cada ano otorga a Asociación  deMúsica Independente de Estados Unidos (AFIM), na categoría de mellor artistade músicas contemporáneas do mundo.

 


FONTE DE INFORMACIÓN: WWW.SUSANASEIVANE.NET

VOLTAR A MULLERES GALEGAS