Venta online brezo vallas Girona
Venta productos peluqueria, belleza y estetica Xpels
Venta ropa interior mujer Lintima
Uniforme laboral ropa trabajo Global Uniformes
Tiendas online Ecommerce ServiWebsi
Créditos para su tienda online

Galicia espallada

Unha recolleita da cultura galega

Literatura, historia, arte, música, gastronomía, galeguismo, tradicións, lendas, costumes, emigración

Á memoria de Manuela Viaño (1929-2013)

Ramón Suárez Picallo

Anaco do discurso "Fálalles de nós" dirixido a Ramón Otero Pedrayo


por Ramón Suárez Picallo



Discurso de Suárez PicalloNon sei se volveras ti a percorrer os vieiros da saudade outra vez; tampouco sei se moitos de nós volveremos a vernos.
Queremos, eso si, todos, facerche algunha manda; cando chegues a patria e molles as mans nas ondas do mar de Vigo que cantou Martin Códax acórdate dos que estamos nesta outra beira do mar Atlántico.
Cando chegues ós piñeirais fálalles de nós.
Fálalles de nós ós rios.
Fálalles de nós ós albres.
Fálalles de nós ós trigales e aos milleirales e aos centeaes.
Fálalles de nós a todo porque todo en vive en nós e está en nós porque todo é Galicia.
E cando te acerques a algunha tomba, a algún camposanto donde estean enterrados os nosos mártires ou algún deles, fálalles da nosa devoción cordial, da nosa admiración e do noso fervor e do noso deseo que se cumpla a profecía do debuxo de Castelao de cando se estaban enterrando: non enterran cádavres, enterran semente.
( aplausos )
Fálalles de nós ós vellos patriarcas, ós nosos grandes ancianos, ancianos non por sentido de senectude, senón por sentido bíblico de patriarcalidade; a Ramón Cabanillas, a Manuel Gómez Román e ós outros contigo fan a gran triloxía de ancianos de Galicia
Fálalles de nós aos continuadores, a aquel núcleo magnífico que se nuclea derredor de Galaxia: ós médicos, ós literatos e os poetas, continuadores e intermediarios, entre vós, nós e os que veñan detrás.
E fálalles de nós aos máis noviños, a esa xuventude de estrelas que pedía Curros Enriquez; fálalles de nós a eses nenos que na universide trovan e cantan na nosa lengua, traballan pola nosa cultura, traballan pola nosa economía.
Ti podes facer esto, Ramon Otero Pedraio, porque ti, sendo dos que se van, saben que estás xunto cos que veñen.
Eu prégoche ademáis, que leves estas verdas nosas, que leves este noso corazón, que leves este noso mensaxe na seguridade de que os que ali traballan e os que alí agardan, e os que alí están enterrados e os que andan polo mundo desterrados, teñen en nós, en cada corazón de nós, un altar, unha oración e un prego para que se cumpra a profecia pondaliana:



os tempos son chegados
dos bardos das edades
e as vosas vaguedades
comprido fin terán



( aplausos )

 

FONTE: http://www.consellodacultura.org   onde podedes atopar o discurso en audio.